Da-las gracias a Carlos García Hervella,
do diario O SIL do Barco, que me remite o nº 17 do
periódico
O Sil
publicado no ano 1997.
Unha auténtica xoia que publico
completo na páxina www sobre Alberguería.
Ese ano tuvo lugar precisamente
a primeira festa de Alberguería despois da desfeita...
O que sigue é a versión íntegra
do texto:
Investigación:
"Este pantano queda inaugurado"
¿A ónde imos ir?: "Tódalas portas do mundo teñen dono".
Na memoria colectiva de todo o oriente ourensán
gárdase ainda inesquecible aquel feito, insólito daquela. Ninguén
quedou indiferente cando Alberguería desapareceu baixo as augas, as
mesmas que facían deste pobo do municipio de A Veiga un dos máis
fértiles e ricos do contorno. Truncouse a vida de máis de oitenta
persoas, que se convirtiron para sempre nuns desterrados. Foi Francisco
Franco, ala por mediados do mes de setembro do ano 1961, o encargado de
inaugurar oficialmente o embalse de Prada, Cuarenta anos despois os que
foran de Alberguería voltaron a reunirse para celebra-la festa da
Asunción convertidos xa en centos.
Pulsando nas fotografías poden verse en
grande.
O
meu máximo recoñecemento a
publicación
mensual O sil do Barco de Valdeorras a quen se debe íntegramente este
traballo.
Saír
|