A virxen: nosa Sra. da Asunción.

 

 

 

A igrexa de Alberguería, consagrada a Nosa Sra. da Asunción, fotos especiais da Virxen.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A IGLESIA DE ALBERGUERIA.

 

A igrexa estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción.

O altar maior estaba consagrado a Virxen da Asunción.  O patrón de Alberguería era San Roque, que tamén figuraba no altar.

Hoxe este altar desapareceu, non se sabe como...(Dicen si o levou un antiquario das Ermidas..)

Realmente en Vega de Cascallana, onde levaron a igrexa cando quedou asolagado o pobo, non hai máis que catro pedras. Ten moitísimas diferencias.

Unha vergoña.

 

A igrexa parroquial estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción e tiña por anexo a de Corixido. Era de mediana arquitectura e "bastante capaz" pero escasa de xoias e ornamentos. Dícese nos documentos da época que "perteneció a los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalem por cuya sacra asamblea se presenta al curato". O cemiterio estaba situado no adro da igrexa e había unha ermida adicada á Santa Cruz que estaba situada xunto a unha das fontes das que se abastecía o vecindario.

De tódolos xeitos tiña un altar moi bonito, que dasapareceu o mesmo cás imáxenes.

Altar da iglesia, hoxe desaparecido. Falan dun antiquario das Ermitas, que o comprou, gustaría investigar algo o tema...

De momento non atopei nada (decembro do 2005)

A pila bautismal tiña tamén o seu valor. Tamén figura desaparecida. Realmente lamentable.

(As investigacións que fixen lévanme a que a pila bautismal desapareceu do Museo Arqueolóxico de Ourense, e actualmente está na finca dun constructor acaudalado de Ourense-ciudade, gustaría chegar o final desta investigación...pero non vexo como...)

As campás tamén dasapareceron, o final foron fundidas coas campás de Vega de Cascallana, para facer as actuais. Relmente esto é o colmo dos despropósitos, por non pensar noutra cousa.

 

Esta era a Iglesia. Hoxe en Cascallana pero non é a mesma. Outra fotografía da iglesia.

 

Iglesia de Alberguería apuntalada para trasladala a Vega de Cascallana. A operación de traslado seica a fixo Francisco Cachafeiro polos anos 1958 e nela, non sei por qué, perdeu unhas duascentas mil pesetas daquelas...Os interesados tendes a historia do traslado da igrexa nesta misma web.

A iglesia de Alberguería está actualmente no pobo de Vega de Cascallana (por riba do Barco de Valdeorras) polo menos a ese pobo foi onde levaron as pedras e demais elementos.

Nunca mellor dito, levaron as pedras e pouco máis.

                 

Iglesia de Alberguería ?,  en Vega de cascallana. Moitas cousas novas incluso a pedra foi rebaixada de 60 cms a 40 cms. Realmente parécese pouco.

A iglesia de Alberguería no pobo de Vega de Cascallana.

Iglesia de Alberguería ?,  en Vega de cascallana. Por dentro non ten nada da de Alberguería.

Realmente non se parece en nada...

¡¡¡Non é a misma !!!.

O día 15 de agosto do 2002  fixen unha visita a esta iglesia en Vega de Cascallana. ¡Qué desilusión!.

Máis sobre a iglesia de Alberguería:

Recentemente setembro do 2005 chegan o meu poder unha fotografía históricas do interior da iglesia de Alberguería, a fotografía é a  seguinte:

Fotografía que nos permite ter unha idea de como era a igrexa de Alberguería, a auténtica,  e o máis importante,  supón un recordo marabilloso para a xente de Alberguería que inda vive.

Por último fai uns días Tiberio, un veciño de Alberguería, un home entrañable, faime chegar dúas xoias da Virxen de Alberguería, dous milagros feitos fotografía, que son as seguintes:

Imaxen da virxen de Algerguería nunha procesión, por suposto celebrada o 15 de agosto, a fotografía pensamos é do ano 1950. A fotografía é sensacional.

Na fotografía figuran, a dereita, a moza que se llamaba Amparo (que xa morreu, según nos informa a súa familia, na primaveira do 2005; familia a que saludo e a que  lle dou as grazas pola información. Sei de boa tinta, comentoumo Tiberio, que lles sorprendeu gratamente a fotografía.

A outra moza a da esquerda da fotografía chámase América, e sei que actualmente é monxa e reside en Buenos Aires.

A imaxen sobra decir que desapareceu, a verdade que non ten nome estos feitos. A igrexa e Moncabril  (xa desaparecido) terían moito que decir do tema e gustaríame tirar da investigación, pero non sei como...¡Queda dito!.. Os camiños de internet son incribles...

Outra imaxen sensacional da Virxen neste caso chea de flores, na festividade do mes de maio, o mes de María e o mes das flores. Outra fotografía marabillosa.

Aproveito unha vez máis para dar as grazas a Tiberio e por suposto un abrazo moi grande.

-------------------------------------------------------------------

Nota moi  importante:

É moi importante decir que as fontes destas marabillosas fotografías e outras que me foron enviadas recentemente:

 

As fotografías foron enviadas por Julia Corzo Vega (que vive en Ponferrada)  e a súa filla Juli (Julia Pérez Corzo, que vive actualmente en León)  (Tiberio actuo de intermediario)

Dende esta páxina www quero dalas gracias a esta familia pola súa colaboración.

Estas foron as outras fotografías enviadas.

Subir.