A VEIGA PARA VER E OIR. O QUE NON SE PODE PERDER DE GALICIA

Pulsar para seguir oindo.

 //

Pena Trevinca dende o couto de Caza maior de Xares. (Fotografía Secundino Lorenzo)

O couto de caza maior ten 2.000 Ha. É particular. Dentro do couto pódense facer sensacionais rutas sin ser de caza. Eu fixen unha delas e quedei marabillado. Vín moita vida.

Por suposto que me apunto a berrea en setembro...

 

O que se escoita é unha  grabación feita o día 19/02/2011 dun programa que emitiu a  "Radio Galega" en na que se entrevistó a Santiago Palmeiro, autor do libro "La Marca del agua" e tamén a Begoña Lozano  responsable  de Bexurga S. L. en Xares, que é unha empresa que se dedica a facer rutas pola zona.

 

A ruta da Cantara da Moura tamén é espectacular, dependendo de cando se faga. Na fotografía estou cós meus amigos Luis e Tiberio que me ensinaron o lugar. Chégase doado e alí hai efectivamente unhas pozas, ou diría poteiras ou pilacóns, non sei como as chaman na zona, que meten medo...Foto Secundino L.F.

Cantara da moura. Esta fotografía está sacada do folleto turístico de A veiga. Descoñezo o autor.

Falou tamén da ruta do pobo da  Ponte, coas casas preñadas, o río, a casa dos Baqueiros, etc. Sensacional. Foto Secundino L.F.

A casa dos Baqueiros en Ponte. A Veiga. Ourense. Casa famosa polas pedras con releves de caza...Foto Secundino L.F.
 
Lagoa de Ocelo; na zona está a Lagoa da Serpe, famosa polo que conta Begoña.  e outras dúas lagoas máis. Descoñezo o autor da fotografía.

Hai moitas máis rutas: como a dos castaños centenarios, a ruta de Pena Trevinca, a Ruta das Lagoas (Ocelo e Serpe hai máis...), a ruta de Meda,  a ruta do Muíños, a ruta do Pico Maluro; por citar unhas cantas.

A verdade é que A Veiga é o paraiso descoñecido de Galicia. Todo o Concello de A Veiga é marabilloso e últimamente están a facer cantidade de casas rurales e hoteles. O Hotel El Ciervo é extraordinario por poñer un exemplo que coñezo.

Si queredes entrar en contacto con Begoña e a súa empresa este é o teléfono: 988350050

A empresa chámase Bexurca S.L. e están a facer unha páxina web de link http://www.bexurca.com

Non hai que esquecer o río Xares, extraordinario dende o nacemento ata Veiga, un  troiteiro, cunha cor verde incrible  e un bosque de ribeira  marabilloso...Foto Secundino L.F.

O río Xares, o que asolagou Alberguería, non é un río pequeno, eso sí era marabilloso e segue a selo... Foto Secundino L.F.

Con razón dice Víctor Campio nun dos seus escritos:

" ¡El Xares! Río truchero, de perfil quebrado, que bajaba de los neveros de A Ponte, muy cerca de Peña Trevinca, a trote y con prisa, entre roquedales, sobre arena fina y cantos rodados, para perderse en las entrañas del Bibei, del Sil, del Miño, del mar...

   Y un poeta para cantarlo."

Saír