Galardones entregados por ACAO.

Secundino Lorenzo nombrado:

"Veciño de corazón de Alberguería" ou

"Fillo  adoptivo de Alberguería".

Entrega do diploma, Maruja presidente de ACAO, a Secundino.

Na fotografía tasmén recibiron premios Lily Estevez, o Alcalde de A Veiga Fernando Fernández  e o que escribe.

 

 

No ano 2008 entregouse o galardón de "Veciño de corazón" ou  "Fillo adoptivo de Alberguería" a Secundino Lorenzo Fdez, que é o que fai a páxina web de Alberguería, https://www.albergueria.es  dende os seus inicios polo 2001 deste século.

"En Secundino Lorenzo, que son o que escribo, penso que  concurre o  mérito de facer a páxina web que aglutina a todos os que foron veciños de Alberguería e que hoxe están polo mundo a diante: en España (O Barco, Viana, Ourense, Vigo, Madrid e outros...), en Francia, Suiza e Arxentina entre outros...

Nestos casi vinte anos a páxina logrou algúns éxitos dos que me sinto moi orgulloso como son a recuperación fotográfica das casas, ata 180 fotografías cós datos correspondentes,  ao facer, coa supervisión de Ovidio Prada a fundación da Asociación Cultural Alberguería Oleiros,  e recoller todo tipo de información e historia en moitos lugares do mundo...O contribuir en Buenos Aires a facer festas realmente marabillosas...e outros moitos eventos que están na páxina web.

Quero dar as gracias a moita xente que me suministrou datos, videos, fotografías e ideas tanto en España como en Arxentina. Por suposto a Lily, coa que estaba en comunicación permanente vía email, e que me facía chegar fotografías, traballos dela e de Obdulia Paradelo e Claudina Estévez e outras/os;    e a Ovidio Prada co que varios anos me reunía, todas as semáns, para tomar un café e falar de moitas cousas de Alberguería. Como sentín e inda sinto que nos deixara...Unha aperta a todos onde estedes actualmente...

Por suposto agradecer a moita xente a invitación que tódolos anos me fan para que xante con eles  na festa da Asunción do 15 de agosto, a que de momento sempre fun dende o ano 2002. Procuro alternar entre catro ou cinco familias pero son moitos máis que se ofrecen...A todos decirlles que sempre me sentín eso: "veciño de corazón" e que sempre me trataron ben e con moitísimo cariño.

A algúns políticos tamén teño que agradecer moitos detalles, que hoxe están a vista de todos, entre outros gracias a  Fernando Fernández, ex-alcalde de A Veiga polas súas ideas e a posta en práctica de moitas delas como o catamarán, de nome "Sta María de Alberguería", nome que escollimos os dous,  a Senda Verde e outras...¡bo partido lle sacan na Veiga as mismas!... e eso que dixeron o día que o cambiaron de alcalde que era "un eoloxista radical" aparte de "socialista"...de risa; decir que se quedaron no tinteiro outras, como o de facer un "centro de interpretación de Alberguería", hai varios en España e con menos documentación da que temos de Alberguería actualmente,  nun dos terrenos que quedaron o redor do encoro que son moitos, casi 3000 fincas quedaron sin asolagar e sin pagar, a pesares de non haber pueblo; o ter un terreno propio cun área recreativa para facer eventos ou poder ter unha misa e unha procesión o día da patrona, sin ter que recurrir á lismona....". Esto por suposto inda están a tempo de facelo os actuais mandatarios. Escribo esto en marzo de 2021, xa que Alberguería seguirá moitos anos viva, sin dúbida...

Hai un link sobre "As alegrías da web neste anos." onde se resumen estes e otros eventos que foron motivo de ledicia.

-----------------------------------------------------------------------------------------------

Algunhas fotografías da entrega do galardón a Secundino Lorenzo Fdez.:

Secundino Lorenzo mostrando o diploma, en forma de folla, onde pon que é "Veciño de corazón de Alberguería". Casi a punto de chorar...

Con agradecimiento a nuestro "Vecino de corazón" Secundino Lorenzo Fernández. Alberguería 1958-2008

No mismo acto recibiu Lily Estévez o galardón en agradecemento o seu labor en pro de Alberguería.

Ver o video da entrega do premio

 

Nota importante: a web de Alberguería seguirá a facerse e estar operativa mentras eu viva, simplemente se trata de manter o Hosting é decir onde se alberga a páxina, neste caso está en:

Piensa solutions. Empresa catalana de Hosting, tfno 941619834 a nombre de Secundino Lorenzo Fernández.

Tamén o dominio "Alberguería.es", é da miña propiedad.

Para que a páxina siga funcionando, si eu faltara algún día,   están avisados de que se pode facer cargo ACAO ou ben calquera veciño de Alberguería, que eu autorice.

O hosting ben saíndo por 156 € ano incluida a seguridade,  que se paga todos os anos. o domino vale 10 € . Total 166 € ano. Pouca cousa...

ACAO e outra xente sabe que eu me fago cargo do tema. ¡Sempre Alberguería! é unha frase acuñada por moita xente, entre eles eu...

Sempre me preguntan, no meu entorno, ¿e tí que sacas de todo este traballo?. ¿Cobras polo teu traballo?, e outras preguntas...e sempre respondo o mismo: Está demostrado que unha das máximas satisfacións que se pode ter na vida é facer algo, que he marabilloso para moita xente e por suposto para ti, cunha motivación desinteresada e facendo flechas de satisfación que non apunten o interior si non o exterior; pois ben, eso é o que gano. Lily no seu discurso, ver o video,  ó dice claramente, son "veciño de corazón de Alberguería" e o meu traballo son cousas que se fan có corazón e que saen ben, e a xente dase conta e ó dice...ese é o pago...

Volver.