No que sigue vou facer referencia ó
romance Ribeirana, de Víctor Campio Pereira, e que apareceu no Programa de
Man das Festas Patronais de Laias en 1997.
Posteriormente Víctor Campio
Pereira, compañeiro do IES as Lagoas cedeume a publicación de este romance
para a miña páxina sobre Os ríos Galegos, romance que copiei integramente,
poñendo fotografías alusivas, no apartado de
Os ríos son poesías.
No ano 2013 a Coral Viladauga
incorpora ao seu repertorio un Alalá que utiliza as dúas primeiras
estrofas deste Romance Ribeirana. Tamén aparece publicado no libro "Laias
unha parroquia milenaria" de Vicente Alberte Iglesias. Lembro que
curiosamente, esta é a anécdota: Víctor faloume deste tema, xa que
ese poema estaba publicado dende moito antes na miña páxina web. Como si
fora meu, faloume Víctor de que en Laias iban a facer uso do mismo, non sei si
na publicación ou a nivel do coro. Lembro que lle dixen; Víctor ó que ti queiras e fagas
está correcto, o poema e solo teu...
Este é o romance que fai referencia
ó río Miño, romance que tamén incorporo a miña ficha sobre o río Miño.
--------------------------------------------------------------------
Romance Ribeirana