Festival

de cine

de

Ourense.

 

20-11-2007

 

Auditorio

de

Ourense

PELÍCULA SOBRE ALBERGUERÍA.

Xares: o río que nos leva.

Pedro Prada. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Director: Pedro Prada

Aprensa local e a película.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A PRENSA LOCAL E A PELÍCULA.

 

Fotografía de Secundino Lorenzo.

Na fotografía do autor da web están tres dos responsables da película: Pedro Prada o director; o cámara Ricardo Pérez e a productora da película Bárbara Zamuz.

A miña enhoraboa os tres...

 

 

 

A PRENSA LOCAL DE OURENSE  E  A PELÍCULA

------------------------------

OURENSE  DIXITAL.

Vecinos de Alberguería al final de la proyección.

 

Fue como volver a los orígenes, retornar al pasado por unos minutos, por el cine, por el Xares. O río que nos leva los trajo al Festival de Cine de Ourense, y ellos llenaron la sala azul del Auditorio de recuerdos y emociones. Al final, la futura Asociación de Veciños de Alberguería le hizo entrega al director del documental, Pedro Prada, de un recuerdo muestra de cariño y agradecimiento.

 

 

 

LA RETROSPECTIVA DE PEDRO PRADA  EMOCIONÓ TANTO COMO LLENÓ EL FESTIVAL DE CINE DE OURENSE.

20 DE NOVIEMBRE DE 2007.

Independientemente de la calidad del trabajo y las arduas labores de documentación de la película, de lo que el director valdeorrés Pedro Prada ya puede presumir es de que su obra, Xares, o río que nos leva, no ha pasado indiferente para las gentes del lugar, para sus propios vecinos. Lo cual tiene mucho mérito teniendo en cuenta lo difícil que es ser profeta en el pueblo de uno.
La sala azul del Auditorio de la capital ourensana se quedó la tarde noche del lunes muy pequeño para albergar el preestreno de la obra del director valdeorrés. Agotado el aforo, numeroso público tuvo que visionar el trabajo de pié. Además de en sus propios coches, muchos de ellos habían llegado desde A Rúa y O Barco de Valdeorras en autobuses fletados para la ocasión. Conocedores de la zona y de la historia del lugar y sus gentes, amigos y, sobre todo, muchos vecinos de la asolagada Albergueria va ya para el medio siglo. Para éstos, sobre todo, la ocasión constituía una especie de retorno a sus orígenes, el reencuentro con el pasado, un momento especialmente emotivo. Puede que para más de uno incluso duro.

De pié, como tantos otros vecinos, tuvo que seguir la proyección el alcalde de A Veiga, Fernando Fernández Yáñez, quien acudió acompañado de varios miembros de la corporación. Fernando Fernández goza de la simpatía de los albergueños ya que, según ellos, es el primer representante de alguna institución que en más de cincuenta años se ha mostrado sensible con Alberguería y sus gentes, y ha atendido algunas de las modestas reivindicaciones. Poco piden, por ejemplo, disponer de un lugar donde celebrar a la patrona, La Asunción, y las fiestas patronales del pueblo que desde hace varios años llevaban planteando sin éxito a su predecesor en la alcaldía de A Veiga.
Al finalizar la proyección, la que será en un futuro próximo la Asociación de Veciños de Alberguería hizo entrega a Pedro Prada de un obsequio conmemorativo como muestra de agradecimiento.

De esta forma, el Auditorio de la capital ourensana vivió este lunes una velada muy distinta a las que tiene por costumbre, y el Festival de Cine Independente de Ourense acogió una proyección insólita en su hasta ahora inédito capítulo de las emociones más directas y cercanas.
Con ese recuerdo imborrable, el Xares de Pedro Prada discurre, imparable, hacia su segundo pase, el próximo jueves, día 22.
 

 

Copiado de este link.

Fotografía de Secundino Lorenzo.

Pedro Prada o director da Película recibindo un agarimo por parte dos veciños e amigos de Alberguería.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LA VOZ DE GALICIA

------------------------------------------------------------------------------------------------------

LA REGIÓN.

------------------------------------------------------------------------------------------------

R.R.

Ourense.

    Había presa por asolagar o val. E, en plena ditadura, a empresa concesonaria da obra contaba con apoio expreso do estado franquista para acelerar ese asolagamento. Os últimos veciños de Alberguería, a aldea máis poboada do Concello da Veiga a mediados do século pasado, foron desaloxados pola Garda Civil baixo coaccións no mes de abril de 1958, logo da publicación dun bando municipal que amenazaba aos habitantes que non acatasen a orden con "serán lanzados pola forza pública sin excusa nin pretexto algún".  Hidroeléctrica Moncabril S.A. deu a orden de pechar as comportas apenas uns meses despois (Franco tardaría aínda dous anos en inaugurar a obra principiada en 1954)., e o segundo grande encoro naqueles primeiros anos do ´plano de estabilización´ (ocupa 612 hectáreas e ten unha capacidade de 122 hm3) deu en encherse antes que a parede de contención estuvese aínda rematada e sen que os propietarios das casas cobrasen sequera as irrisorias contías das expropiacións impostas.

      A aldea, duns 500 habitantes, quedou a varias ducias de metros de profundidade en 1959 e só emergullou en parte en 1973, cando Endesa (a actual empresa propietaria, baleiraron parcialmente o encoro. A súa poboación principiou daquela un exilio forzado por todo o Estado e  varios paises de America Latina que dura xa medio século. A pesar da desposesión e o drama de partida, a lembranza da vila engolida polas augas xunguiunos na distancia.

     Hai apenas uns meses, Pedro Prada conseguiu que un grupo de mergulladores filmase as primeiras imaxes da Alberguería asolagada en máis de 50 anos. Aló no fondo, entre a escuridade e as augas avoltas, unha cámara submarina guiada por uns mozos de Xares deulle forma a un vello soño dos veciños: ver de novo a súa aldea varada durante cinco décadas no lamacento fondo do encoro de Prada. "Foi unha viaxe á memoria", puntualiza agora o director de Xares, o río que nos leva, o documental coproducido pola TVG que narra esta historia de reivindicación dun pasado roubado e que se vén de preestrear no Festival de Cine. " O de menos foi atopala ou non: o máis importante foron as historias que os veciños de Alberguería nos contaron no catamarán situado na superficie do encoro", engade.

Pedro Prada, director do documentario Xares, o río que nos leva, preestreado nesta edición do Festival de Cine Independente de Ourense.

       O realizador  rues comezou a fiar esta historia de desposesión silenciada pola ditadura hai un par de anos. A primeira pista deulla Félix García, que debulla au detalle en O Barco e a terra de Valdeorrras durante a segunda república e o Franquismo o proceso de incautación das terras e a expulsión dos veciños. O segundo esteo deste proxecto documental foi Secundino Lorenzo, un dos veciños expulsados de Alberguería que creou un web (www.albergueria.es) sobre a aldea. Pero o paso definitivo que o decidiu a contar este drama  foi unha entrevista que o director mantivo con Ovidio Prada, nado tamén en Alberguería e evacuado desta aldea hai máis de medio século.

       "Esta é unha historia que se conta hoxe, pero sobre a que tería sido imposible traballar hai vinte anos, porque na montaña ourensá aínda había tabús e medos", sinala Prada. "Agora sabemos que a construcción  do encoro foi un proceso totalmente corrupto, como non podía ser doutro xeito (Moncabril S.A., tiña estreita relación co rexime de Franco)". afirma "Foi un gran negocio para algúns e un desastre para os veciños, aos que lles pagaron unha miseria polas casas e lles puxeron o carameliño do traballo no encoro durante un tempo", prosegue. "Eles mesmos", conclúe, "cavaron o seu  propio foxo traballando na construcción da presa".

     A narración do documental, preestrenado no Auditorio diante dun cento de veciños de Alberguería chegados a Ourense dende Valdeorras e A Coruña, é cronolóxica. Unha especie de percurso pola memoria colectiva dunha aldea. En Xares, o río que nos leva, rememórase a coacción das autoridades que destinaron un destacamento de gardas civís a intimidar durante cinco anos aos veciños a través de varias entrevistas. Pero asemade o esforzo destes mismos veciños por manter viva a memoria.  O documental inclúe amais un capítulo do Nodo que recolle o momento no que "Franco fai o paripé de premer o botón da Central de Prada". E tamén as opinións de diversos expertos no eido da economía, a edafoloxía ou a inxenería industrial que avalían a desfeita ecolóxica e a perda de recursos que supoñen para Ourense este tipo de encoros. "Non tería sentido derrubalos agora", di Prada, "porque precisamos esa enerxía, pero é necesario que se impoñan canons hidroeléctricos que revirtan nas zonas desfavorecidas", advirte.

Unha imaxe da aldea de Alberguería, no concello de A Veiga, antes de ser asolagada polas augas do encoro de Prada.

------------------------------------------------------------------------------

Ata aquí o artigo de O SIL.

----------------------------------------------------------------------------------------

Aclaración de Secundino Lorenzo

"Aclarar a R.R. que non son veciño de Alberguería e polo tanto tampouco expulsado dese pobo...non teño nada que ver nin con Alberguería ni con ningún pobo da comarca de A Veiga. Son de Ourense ciudade, Catedrático de Matemáticas do IES As Lagoas de Ourense, durante vintesete anos, o resto ata trinta e sete anos en activo paseino en Ribadavia, nos tempos do encoro de Castrelo e dous anos en Canarias, na Isla da Palma.

Fago a páxina web sobre Alberguería de forma totalmente anecdótica y que explico nas "razóns da web".

Por certo a miña páxina é anterior o sensacional e imprescindible libro de Félix García, que curiosamente cita a miña páxina no seu libro,  na páxina 602, cando pon o link http://albergueria.htm.

Por certo doulle, unha vez máis, as gracias a Félix García, sin a súa colaboración non apareciarían as casas de Alberguería na miña páxina web e por suposto no documental, el foi o que me dixo que as atoparía no Arquivo Histórico de Ourense". Ese feito, o de que as xentes de Alberguería poderan e poden actualmente ver as súas casas en fotografía, no ten precio e algo incrible e algo que fixo chorar de ledicia a todos os veciños de Alberguería...moitas gracias."

 

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír