O lecer das augas.

( Historia dos balnearios de Galicia 1700-1936)

O lecer das augas é un libro publicado por Editorial Galaxia, os autores son Luís Alonso Álvarez,  Elvira Lindoso Tato  e  Margarita Vilar Rodríguez.

O libro, interesantísimo e ben escrito,  fai un estudio a fondo do que foron e supoñen actualmente para Galicia os seus Balnearios, toda unha cultura da auga integrada no turismo de saúde en España e que  no 2011 volve a estar poñéndose en valor.

No libro faise historia dos balnearios máis importantes de Galicia nos séculos pasados: A Toxa, Os Baños do Marquesito en Arteixo,  As augas do lume en Cuntis, as augas de Dávila e Acuña, o balneario familiar en Caldelas de Tui, O Carballiño e Portovia, a Vila de Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas,  a Belle epoque de Mondariz, as augas louras do Incio, e as augas de Verin.

O libro trae unha fotografía,  por certo sacada da nosa páxina web e sin referencias o autor da misma que foi Mako, e por suposto cita o Balneario de Mondón, simplemente eso.

Penso que o capítulo 2 do libro citado "Galicia a terra da auga" é un texto adecuado para completar o noso traballo sobre o Balneario de Mondón; polo que poño unha amplia referencia o mismo neste  link Galicia: a terra da auga.

salir.jpg (922 bytes) Salír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALICIA:   A TERRA DA AUGA.

Fotografía do Balneario de Mondón que aparece na páxina 57 do libro "O lecer das augas". Autor Mako para a páxina web de Alberguería. O libro non cita ó autor. Evidentemente a fotografía foi tomada da nosa páxina web,  e coa citación bastaría... unha cuestión de elegancia que non costaría nada...

Capítulo 2: Galicia a terra da auga.

O que sigue é unha copia dunha parte  do capítulo 2 do citado libro. Este texto  pretende aclarar,  para os internautas que visiten a nosa páxina web sobre Alberguería, Mondón estaba a poucos quilómetros, o tema dos Balnearios Galegos e o que supuso o longo de varios séculos. O texto pode suprimirse  si os autores do libro o consideran necesario, non quero problemas co copryriht. De tódolos xeitos penso que esta copia supón un recoñecemento o libro e unha propaganda clara para que se compre o mismo.

 

 

Ata aquí o trozo do capítulo 2 do libro, do que suprimo neste resumen o texto dedicado a remodelación dos anos 1940 o 2000.

Si poño a reflexión final:

 

Fin do texto copiado

_______________________________________________________________________________________

 

BALNEARIO DE MONDÓN. (Engadido por Secundino, webmaster da web)

O artigo sigue falando da remodelación entre 1940 e o ano 2000 que non é o caso no Balneario de Mondón que pechou o comenzar a guerra civil española, en 1936.

Balneario de Mondón. Fotografía da web. O Balneario está situado no Concello de O Bolo, ten os seus pes o río Xares e hoxe o encoro de Santa Eulalia.

Decir que a historia do Balneario de Mondón data da súa fundación no 1903 polo matrimonio formado por Emilio López e a súa esposa Basilia Rodríguez que mantuvo o balneario ata o ano 1936.

Tiña trinta habitacións con dereito a cociña e chegou a ter moita xente xa que moitos dos médicos da zona recomendaban as súas augas para abrir o apetito, e os males de estómago,  entre outras cousas.

O sistema estaba basado en recorrer tódolos días, dúas veces, o traxecto que iba dende a casa o manantial de augas ferruginosas, as 11 da mañán e as cinco da tarde por regra xeral. O tratamiento duraba un mínimo de nove días e consistía en beber as augas no manantial.

Características das augas. Foto da web.

Manantial de augas ferroginosas. Tiña unha pequena billa para poder beber.

O balneario de Mondón está situado nunha paraxe marabillosa. Na fotografía da web na parte esquerda donde parece que remata o encoro.

Outra vista do Balneario de Mondón. Fotografía de Mako.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

salir.jpg (922 bytes) Salír.