Neste dibuxo, sacado do Google
Earth, está situado o pobo actual de Meda. Sta María de Meda.
Meda é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense),
que xustamente queda o sur de Albergueria. Alberguería estaba
situada a pouco máis de dous km, xustamente. Ver o mapa. O que pasa
é que mentras Alberguería estaba a 817 m. Meda está a 1.031, ou sexa
moito máis alto.

Aproximadamente na cruz estaba a
Iglesia do pobo de Alberguería.
Distancia aproximada o pobo de
Meda 2000 m., a dereita ou sexa o este (Así coincide no mapa do Instituto Xeográfico e Catastral do 1941), distancia
aproximada o pobo de Prada, o norte, 1.176 metros, medidos no
mismo mapa.
Esto é o que conta Madoz. O dos
animais dañinos me imaxino que se refire o lobo que habería
na Serra. Observar que tiña moitos veciños 24 e que eran
nada menos que 120 almas.
Cando fala de legua refírese a 5,5 kms. A Ourense había 71,5
km. e o Barco de Valdeorras 11 km.
Meda
tiña no 2004 unha poboación de 35 veciños, para un total de
6,67 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes e un
total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século
XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población.
Repito o que dixen para Prada.
En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes. En
1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada vez menos. As
explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona,
o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de
recursos ou mal enfoque dos mismos.
Na miña opinión a zona é marabillosa, a gran
descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que
explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai.
Fonte do anterior: Galicia en comarcas.
Valdeorras. Ir indo. 2005.

Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un
trociño dunha fotografía panorámica) vese a súa situación o Sur de Albergueria.

Sensacional fotografía sacada
de la
web Valdeorras.com
Gustaríame poñer o autor da
sensacional fotografía, polo que si calquera día , ve a
fotografía nesta web, non tería inconvinte en poñer o
nome o si quere retirar a fotografía. De momento moitas
grazas. A foto está titulada "Meda nevado-A veiga).
Na misma páxina ten Carl unha
fotografía da iglesia de Meda, concretamente
neste link.

Por riba de Meda esta é a vista. En
busca da Mamoa de Meda. Foto de Mako.

Mamoa de Meda. Foto de Mako.

Vista de Meda. Descoñezo o autor da
fotografía.
Saír.