O pobo de Meda.

Neste dibuxo, sacado do Google Earth, está situado o pobo actual de Meda. Sta María de Meda.

Meda é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense), que xustamente queda o sur de Albergueria. Alberguería estaba situada a pouco máis de dous km, xustamente. Ver o mapa. O que pasa é que mentras Alberguería estaba a 817 m. Meda está a 1.031, ou sexa moito máis alto.

Aproximadamente na cruz estaba a Iglesia do pobo de Alberguería.

Distancia aproximada o pobo de Meda 2000 m., a dereita ou sexa o este (Así coincide no mapa do Instituto Xeográfico e Catastral do 1941), distancia aproximada o pobo de Prada, o norte,  1.176 metros, medidos no mismo mapa.

 

Actualmente é un pobo marabilloso cunha paisaxe incrible e moito que ver o seu carón.

Esto era o que contaba Madoz de Santa María de Meda:

Esto é o que conta Madoz. O dos animais dañinos me imaxino que se refire o lobo que habería na Serra. Observar que tiña moitos veciños 24 e que eran nada menos que 120 almas.

Cando fala de legua refírese a 5,5 kms. A Ourense había 71,5 km. e o Barco de Valdeorras 11 km.

Meda tiña no 2004 unha poboación de 35 veciños, para un total  de 6,67 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes  e un total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población.

Repito o que dixen para Prada.

En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes.  En 1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada vez menos. As explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona, o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de recursos ou mal enfoque dos mismos.

Na miña opinión a zona é marabillosa, a gran descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai.

Fonte do anterior:  Galicia en comarcas. Valdeorras. Ir indo. 2005.

 

Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un trociño dunha fotografía panorámica) vese a súa situación o Sur de Albergueria.

Sensacional fotografía sacada de la web Valdeorras.com  Gustaríame poñer o autor da sensacional fotografía, polo que si calquera día , ve a fotografía nesta web, non tería inconvinte en poñer o nome o si quere retirar a fotografía. De momento moitas grazas. A foto está titulada "Meda nevado-A veiga).

Na misma páxina ten Carl unha fotografía da iglesia de Meda, concretamente neste link.

Por riba de Meda esta é a vista. En busca da Mamoa de Meda. Foto de Mako.

 

Mamoa de Meda. Foto de Mako.

Vista de Meda. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.