1953 |
A MATANZA |
|
Coma todos os anos, os de sempre, máis ou menos nesta casa: Amancio e Pura, Camilo, Dadila e Jesús. Agustín e Mª Pepa. Genaro e Carmen e as súas proles, en torno o "homenaxeado".
A fotografía é unha auténtica xoia. Trátase dun exemplo, neste caso coa familia da fotografía, dun acto máis que tiña lugar en moitas familias de Alberguería unha vez o ano. A matanza facíase en Alberguería como noutros moitos pobos de Galicia, era a acción de matar o porco para despois preparar e conservar a súa carne. Era sin dúbida todo un traballo familiar e de amigos pero tamén unha auténtica festa, sobre todo gastronómica. Pensar si non nos comenzos de todo o que non se vai conservar a sangue o fígado, os riles e un logo etc. . Logo o que se conservará, gracias a sala ou salados como a cachucha, os dentes, lacóns, touciños, xamóns, etc. E logo os embutidos como os chourizos... Repito, todo unha festa gastronómica... |