A IGLESIA DE ALBERGUERIA.

Fachada principal da Iglesia de Alberguería, en Alberguería (A Veiga-Ourense). Tamén se ve unha das fontes das moitas nas que se abastecía o vecindario.

 

A iglesia de Alberguería estaba situada no medio do pobo de Alberguería.

Nesta imaxen de Alberguería, hoxe debaixo do encoro de Prada, vese perfectamente a iglesia, orientada ao poñente como debía ser.

 

A iglesia perteneceu os Templarios e pasou a encomenda de San Juan de Jerusalem. (Ver o artigo de A. Castro Voces e tamén o escrito de Ovidio Prada)

 

A igrexa estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción.

O altar maior estaba consagrada a Virxen da Asunción. O patrono da iglesia era San Roque.

Hoxe este altar desapareceu, non se sabe como...

A Iglesia foi trasladada ao pobo de Vega de Cascallana, entre o Barco e Ponferrada, a cincuenta kms. de Alberguería.

En  Vega de Cascallana, onde levaron a iglesia cando quedou asolagado o pobo, non hai máis que a fachada e para eso con diferencias, dentro nada de nada...

Unha vergoña.

 

 

 

Iglesia de Alberguería en Alberguería.

A igrexa parroquial estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción (como xa está dito)  e tiña por anexo a de Corixido.

Era de mediana arquitectura e "bastante capaz" pero escasa de xoias e ornamentos. Hoxe non se conserva apenas nada, salvo un reloxo , un arcón e un grabado.

Dícese nos documentos da época que "perteneció a los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalém por cuya sacra asamblea se presenta al curato...".

O cemiterio estaba situado no adro da igrexa e había unha ermida adicada á Santa Cruz que estaba situada xunto a unha das fontes das que se abastecía o vecindario.

Altar maior coa Virxen no centro e San Roque nun dos altares.

De tódolos xeitos tiña un altar moi bonito, que dasapareceu o mesmo cás imáxenes. Nas miñas investigacións posteriores parece que o altar foi comprado por un antiquario das Ermidas.

Nesta fotografía vese o seu interior. O púlpito (onde estara?) foi feito por Victorino Estévez,  pai de Lily,  no seu taller de carpintería.

A pila bautismal, según Ovidio Prada de moitísimo valor,  tamén figura desaparecida. Realmente lamentable. Estuven investigando onde pode estar, seica está en Ourense, na finca dun constructor, pero de momento non podo decir máis...

As campás tamén desapareceron  xa que foron fundidas coas de Vega de Cascallana. Cando intentei grabar o seu son, como primicia para os meus veciños de Alberguería, atopeime que realmente non eran as de Alberguería...

Iglesia de Alberguería apuntalada para facer o traslado a Vega de Cascallana.

A iglesia de Alberguería está actualmente no pobo de Vega de Cascallana (por riba do Barco de Valdeorras),  polo menos a ese pobo foi onde levaron as pedras e demais elementos.

O traslado foi feito polo famoso contratista e Maestro de Obras  de Ourense Francisco Cachafeiro (que ó parecer perdeu máis de doscentas mil pesetas no traslado). Ver o traballo de Santiago Palmeiro (Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería...).

Iglesia actual en Vega de Cascallana a casi cincuenta kms.

Nunca mellor dito, levaron as pedras e pouco máis... Cambiaron bastantes cousas, entre elas o espesor da pedra das paredes e outros elementos básicos como a fachada principal... Santiago Palmeiro fai un reconto dos cambios, que foron moitos,  no seu sensacional traballo, xa citado;  ver máis abaixo.

Non conservaron ni a Cruz de Malta ou Cruz da Orden Militar de "San Juan de Jerusalén", polo menos a da parte traseira:

            

Cruz de Malta na antigua iglesia de Alberguería, na parte do altar. Por diante tamén observo qur tiña a misma cruz, pero sin zócalo.

Cruz de Malta na nova iglesia de Alberguería na  Veiga de Cascallana.

 

                  A iglesia de Alberguería no pobo de Vega de Cascallana.  ¡¡¡Non é o misma !!!.

Esta é a iglesia actual de Vega de Cascallana por dentro.

-------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Para ampliar datos sobre esta Iglesia:

Fachada principal da Iglesia de Alberguería. Vese tamén a fonte que había preto da iglesia.

A iglesia de Alberguería  no século XIII. A. Castro Voces.

                       Documento de Tumbo Negro que cita no s. XIII  a Alberguería 

 

A Virxen da Asunción na iglesia de Alberguería.

                      A devoción á Virxen de Alberguería. Fotografías.

 

Nuestra bandera y la cruz de Malta de nuestra iglesia (Ovidio Prada  y S. Lorenzo)

                      La cruz de Malta en la Bandera de Alberguería. Los caballeros de Malta.

 

Los hospitalarios y la Iglesia de Alberguería. Ana del Moral.

                      Órdenes militares en Valdeorras: los hospitalarios en Alberguería

Este link compruebo en 2021 que ya no existe. Mi correo por si se puede recuperar.

 

Algúns cregos de Alberguería.

                      Entre eles D. Eloy Tato e D. Heliodoro Granja.

 

Os libros parroquiais.

                      Fotografías e algúns datos destes libros.

 

A Iglesia de Alberguería en Vega de Cascallana. Fotos ( S. Lorenzo)

                      Unha mala copia da Iglesia de Alberguería.

 

"Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería" (Santiago Palmeiro)

                       Historia del traslado de la iglesia en 1958.

 

As únicas cousas que se conservan da súa iglesia: un reloxo, un arcón e un grabado

                        Moitas gracias polas fotografías

 

Fachada posterior. O redor estaba o cimeterio.

 

              

As únicas cousas que se conservan do interior  da iglesia.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír