|
No primeiro artigo, Miguel
Angel Gonzalez Garcia, escribe sobre os
orixenes do Santuario, sobre o Bispo Mexía, sobre Frai Nicolas de
Madrid e outros bispos benfeitores, sobre os administradores,
sobre as fontes de financiamento do Santuario, sobre unha casa de
pregaria e devoción, as Ermidas como centro de arte e de cultura
e o lento declinar deste Santuario.
Poño un trociño deste traballo:
"Unha casa de pregaria e devoción.
En definitiva o Santuario das Ermidas foi e
é esencialmente un lugar de culto mariano e toda a actividade
tería como meta coidar e potenciar este capítulo. Ordinariamente
mañá e tarde as campás anunciaban a celebración dos cultos
ordinarios que se centraban pola mañá na Misa Cantada,
descubríndose o chegar ó Sanctus, a venerada imaxen que
habitualmente permanecía velada, e pola tarde o rezo do Rosario e
a ledaiña, culminándose co canto dunha famosa salve en castelán
e os Gozos, que como era costume fan un percorrido pola Historia
da Venerada Imaxe:
Tu nombre empieza a sonar
y de Astorga los Prelados
dones y afectos colmados
te llegan a tributar:
Templo te labró Tobar,
Madrid capilla en que habitas.
As solemnidades principais da Igresa e moi
particularmente a Semana Santa coa cerimonia do Desancravo e o
Domingo de Pascua co Encontro e o estoupa o Xudas, un
moneco simbolizando ó apóstolo traidos, cheo de explosivos que
se prenden entre a alegría popular, foron e seguen a ser datas de
convocatoria xeralizada para as xentes dos arredores e para
esplendores litúrxicos sobresaíntes".
-----------------------------------
No segundo artigo, María
Victoria Carballo-Calero Ramos, escribe
sobre datos históricos e documentais para unha posterior tarefa
de reconstrucción iconográfica, e posterior interpretación
iconolóxica, dentro do templo e igrexa.
O longo de varias páxinas describe a
historia de como se fixeron os altares, e decoraron as bóvedas,
dependendo dos gustos dos administradores (Rodriguez Blanco e
Sáenz Martinez), os seus cambios de gustos, e a
prosperidade económica que deron lugar a todo un conxunto que
chama programa iconográfico que se foi xestando dende 1711
comenzando na verxa da entrada, cós seis leóns, en pedra, sobre
pirámides e rematando no altar maior, co Retablo Maior os pés da
Virxe.
Tamén as capelas laterais e a
iconografía da sacristía.
Todo o anterior remata en 1764.
Soio 34 anos estuvo esta maravilla sin
alteracións.
(Gustaríame reproducir o artigo completo,
é sensacional, pero poden chamarme a atención, tén un depósito
legal c-1718-2 e un ISBN 84-453-0613-8 e deixemos a cousa
así... ).

Detalle da Bóveda, pinturas do lado do
Evanxeo e pinturas do lado da Epístola. Toda unha serie de
marioloxías e xeroglíficos en alabanza da Nosa Señora das
Ermidas. Tramo por tramo aparece explicado no texto de María
Victoria, xa citado.
Pulsar para ver en
grande.

Estado da bóveda anterior antes da
restauración 1990. O proceso de restauración está explicado no
libro citado cun informe final que realiza o equipo técnico de
REARASA. Previo hai todo un artigo de Mª Dolores Vila Jato,
explicando a restauración e a súa importancia. Tamén hai no
traballo un artigo de Enrique Nuere explicando a bóveda de madeira
da nave da igrexa do Santuario da Virxe das Ermidas, en Ourense. No
seu artículo faise a pregunta, o parecer típica, ¿a nave
proxectouse de madeira ou a madeira foi unha solución de última
hora ?. O final da unha explicación científica do porque do xeito
de restauración que se fixo.
Todos os textos anteriores chmáronme a
atención; son unha auténtica maravilla, trátase dun libro básico
para sacarlle partido a unha visita obligada a calquera galego
amante da súa terra e das súas cousas...
|