Morreu Carlos Glez. Costoya.
Abogado
 
 
Morreu en Ourense 23/07/2016
 
 
 
 

 

 

Vou contar unha pequena historia sobre as expropiacións que se fixeron no pobo de Alberguería no ano 1958.

Adiantar que D. Carlos González Costoya, que enterran hoxe, día 23 de xuño de 2016 era abogado en Castro Caldelas naqueles anos,  e foi precisamente o que levou e fixo a maior parte das alegacións,  os certificados  de expropiacións realizados contra o pueblo de Alberguería.

Tuven a sorte de coñecer a D. Carlos Glez. Costoya polos anos 1960-1970 onde xa tiña o consulta na plaza das Mercedes. Posteriormente estuven charlando con el sobre o tema de Alberguería, no ano 2003, pero non me aportou ninguna novedade sobre aqueles escritos en defensa do xustiprecio apropiado dos veciños de Alberguería. Simplemente que aquelo había quedado en nada salvo uns veciños que recurriu a Coruña e Madrid con distinta sorte.

   

      Como sabedes foi o historiador Félix García Yáñez , autor do libro O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977), quen me puso na pista dos expedientes que Moncabril había levantado no ano 1958 para expropiar as casas (vivienda, corte, adega, pallar, terras, etc.) de Alberguería xa que quedarían asolagadas polo encoro de Prada. O autor citado, nas súas investigacións en Ourense,  atopou estos expedientes no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e así mo fixo saber, cousa que lle dou as gracias. Que sepa que lle estou agradecido de verdade, no nome meu e de todos os veciños de Alberguería.

Evidentemente a miña ledicia foi incrible e rápidamente me puxen mans a obra, no ano 2006. O feito de ter fotografías dábame a oportunidade de reconstruir o pobo, que hoxe está debaixo do encoro de Prada, e por certo en moi mal estado; de saber como era, de vivir una vez máis a páxina www...

Pobo de Alberguería en 1973. Muros caídos, tellados desfeitos, hoxe 43 anos despois non quero pensar ni como está...

No primeiro intre tuven algunhas dificultades debido a que a documentación data do ano 1958 e non pasaran 50 anos. Como xa sabedes, tuven polo tanto que xustificar que o meu traballo sería únicamente a efectos estadísticos e en ningún caso personalizando nin publicando elementos persoais. O acordo o que cheguei co Director do Arquivo, que me deu todo tivo de facilidades, foi que podería publicar as fotografías e un estudio xeral sobre os datos das fichas que están no Arquivo citado.

Así o fixen e así publiquei no seu día, con gran ledicia, todas as fotografías atopadas do pobo de Alberguería; penso que faltaban moi poucas,  e o mismo tempo unhas características xerais sobre as vivendas que había neste pobo no ano citado.

Decíalle os veciños de Alberguería que quería que souperan,  que toda a documentación sobre as súas casas atópase no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e xustamente na carpeta que figura no nome da fotografía. Unha vez que pasen os cincuenta anos esta documentación será pública e, mentras tanto,  poderá ser consultada por calquera,  debidamente documentado e xustificando o obxecto da consulta. Que sepan, polo tanto,  que esta información existe e onde a poden ver si veñen a Ourense.

Xa pasaron 50 anos e esto vai permitirme incorporar algúns documento máis. Fago esto xa que o prometín no seu día, pero na miña intención non está ir contra ninguén en particular. Aquelo foi "un roubo a man armada" e listo. Hoxe non hai nada que facer; polo menos que esta historia non se repita...

Por certo o Arquivo Histórico Provincial de Ourense atópase na rúa Hernán Cortés nº 2 en Ourense cidade. . Aproveito para decir que é un lugar agradable e cunhos bons profesionais dispostos sempre a atender, orientar e explicar calquera tema ou pregunta sobre o arquivo. Moitas gracias a todos.

Pola miña banda tomei datos xerais de cada unha das casas e tamén as fotografías que figuran cun nome que pode ser a clave para calquera dos veciños que queira ver o seu expediente algún día.

Vou poñer un exemplo:

 

O nº de fotografía pode verse pulsando có ratón o botón dereito por riba da fotografía, vendo as propiedades; e así con todas.

Aparece primeiro a carpeta, e logo o nº de fotografía, nesta páxina www.

 

Esta fotografía é unha das moitas casas de Alberguería, por certo era comercio e tiña nela instalada unha fábrica de gaseosas.

Pois ben,  figura co nome de caixa_9194_036(1), esto quere decir que o seu expediente figura nesa caixa e ten encima o número 36 (marcado cun lapis, que é o nº de fotografía que se lle puso polo profesional que a escaneu). Así é moi fácil solicitar e ver esta información si algún, repito, debidamente acreditado, se decide a facelo. Bastaría pedir a carpeta 9194 que se refire o Encoro de Prada na Veiga.

Na información figuran os planos da casa, o estado da casa, o tipo de casa en canto a muros, carpintería, piso, pavimentos, divisións, lugares anexos a casa, etc. O mismo tempo a valoración,  tanto da empresa como do Xurado de Expropiación Forzosa de Ourense e as veces tamén a dun Perito; e ademáis toda a documentación, a posteriore,  si realmente recurriu esa expropiación.

Pola miña banda

Con cada expediente fixen unha recolección dos seguintes datos que fun completando na ficha que persoalmente elaborei:

G.CIVIL DE OR.**JURADO PROVINCIAL DE EXPROPIACIÓN**ALBERGUERÍA. A VEIGA. MONCABRIL S.A.

PROPIETARIO:                                                                                                                

Exp. Nº:

                                                                                                                                                 Nº foto:

ESTADO CASA

1.-Ruinoso

2.-Malo

3.-Regular

4.-Bueno

 

LINDEROS

 

 

 

 

 

MUROS

1.-Mampostería  seco

2.-Encintada

3.-Cantería.

4.-Otros

 

ENTRAMADOS

1.-Vigas castaño

2.-Pontones castaño

3.-Otras

 

CUBIERTAS

1.-Pizarra sobre castaño

2.-Otra

 

PAVIMENTOS

Bajo: 1.-Tierra. 2.-Otro

1ºPiso. 1.-Madera cast.  2.-Otra.

 

DIVISIONES

1.-Barrotillo+mort. barro

2.-Mad.+Mort.cal

3.-Ladr

4.-Otro

 

CIELOS RASOS

1.-No

2.-Si (Madera Tablilla//otra)

3.-Si. Solo Habitac.

 

REVESTIDOS

1.-No

2.-Si

 

CARPINTERIA

1.-Madera castaño

2.-Otros

 

ESCALERA

1.-Exterior. P: Pied. o M:Mad./B:si/no

2.-Interior. Pied. o Madera

 

SANEAMIENTOS

1.-No dispone

2.-Si dispone

 

COCINA

1.-Sin dato

2.-Si.   Tipo  B:Bilbao  o  Lousa piedra  O : Otras.

 

OTROS

Solana o balcón:   1.-Si.    2.-No

Galeria.      1.- Si     2.- No

 

Nº COMPARTIM.

1.-Una

2.-Dos

3.-Tres

4.->= 4

 

M2 CASA

Casa:       ,     m2 /Piso:       m2

Anexo:       ,          m2.

 

BAJO

1.-Bajo SI.      Función: C:Cuadra.  B:Bodega.

2.- Bajo NO.

 

PISO 1º

1.- Si

2.-No

 

OBSERVACIONES:

Terrenos sobrantes:           Telar:        Patio     Pajar    Otros:

Otras Observ.:

 

Valoración empresa

              ,                  Pts         Valor. Perito:           ,    pts

Valoración Jurado

              ,                  Pts.

 

 

Arquitecto:                        .   Año valoración=  1.- 1.958     2.-59    3.-60   4.-61

Dibujo planos casa

Dibujo Casa.

Planta Baja:

 

 

 

 

 

 

 

 

Dim:

1º Piso:

 

 

 

 

 

 

Dim

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con estos datos, dos que fixen un resumen,  saquei varias conclusións.

Sei que os  veciños de Alberguería lles gustou moitísimo este traballo... Houbo moitos choros...e moitas felicitacións...

A miña conclusión, aparte do máis interesante, poñer as fotografías das casas, foi: que   non estou de acordo co dito polo Xurado de Expropiación Forzosa de Ourense en canto as construcción en xeral, si ven é certo que moitas estaban abandonadas cando se fixo o expediente, e se tomaron as fotografías, , lóxicamente xa que no 1958 xa estaba a punto de asolagar o pobo as augas do Xares. En Alberguería había casas moi ben construidas en xeral,  e levei moitas sorpresas o leer os expedientes firmados todos por arquitectos recoñecidos en aquela data. É incrible tendo en conta o aillamento deste pobo e de todos os da bisbarra, inda hoxe. A zona da Veiga está moi lonxe de Ourense e dos centros de decisión. Pense o lector que de aquelas soio había camiños e para eso malos. No ano 1961 inaugurou Franco a estrada de Prada o Barco. Con esto penso que está todo dito...

Maila o anterior as casas na miña opinión eran bastantes boas.

Discrepei polo tanto totalmente con ese Xurado cando elaborou un escrito para entregar a todos e cada un dos veciños e no que dí "...nos encontramos con un pueblo muy atrasado en su forma de vivir, de construcciones rudimentarias, sin obras recientes que por su costo nos sirviese de base a la tasación ...", "...en muchas de las mal llamadas viviendas se trata de una habitación simplemente, haciendo toda la vida familiar en ese departamento, de tal forma que el edificio no consta nada más que de planta baja y piso, el bajo se destina a cuadra y el local superior a vivienda, no habiendo más diferencia entre los dos departamentos que el bajo es de tierra y la vivienda de madera..."

Este foi o informe que emitiu o xurado e que agora podo facer público:

O documento foi xeral para todos, de feito na parte baixa poña o nome e conta moitas mentiras, xa que xeneraliza . Eu demostrei que soio o 3% das casas estaban nestas condicións

 

Nota: dos estudios realizados, atopei  un 3% de casas nas condicións indicadas. O 35% das casas de Alberguería tiñan catro dependencias. Realmente para chorar o texto anterior...

Algún día decía que "publicarei o escrito completo" que dende  o meu  punto de vista é vergonzoso (cumplo pois o dito, dez anos despois, no 2016.

Evidentemente no meu estudio estadístico, prácticamente có total da mostra, xa que figuran por riba de 110 locais ou edificios, demostrei que Alberguería era un pueblo bastante adiantado, para estar situado, repito, nun "rincón esquecido da provincia de Ourense e moi mal comunicado, inda hoxe, marzo do 2006 non está ben comunicada a zona e algunhas estradas están impresentables, como por exemplo a que leva do Bolo a Prada que é unha vergoña auténtica...parece unha estrada lunar, está chea de cráteres...".  

O escrito do Xurado Provincial de Expropiación de Ourense, firmado por competentes  profesionais?,  non tiña xustificación posible e víase as claras que o único que pretendía era xustificar uns  pagos lamentables por unhas casas e unhas terras que eran as mellores da comarca e que xa quixeran outros pobos da provincia de Ourense, inda hoxe en día, despois de pasar casi cincuenta anos.

Aspecto sensacional do pobo de Alberguería no ano 1950

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------

Documentos aportados:

Evidentementemente os veciños de Alberguería tuveron que aguantar en primeiro lugar  o  feito da expropiación, esto levou un proceso que pasou por unha valoración das casas e terreos, decir que as fincas que non colleu o encoro non foron pagadas. Primeira barbaridade...

Estos foron os pasos que aguantaron:

1.- Precio pagado por Moncabril. Comunicación. Algunhos aceptaron ese pago.

2.- Precio tasado por peritos particulares.

3.- Precio proposto pola xunta de expropiación nombrada en Ourense.

Que pasou?, simplemente que a Xunta de Expropiación de Orense puso un precio superior ó de  Moncabril e por suposto inferior ó do perito particular. E a tirar para adiante, o que manda manda e daquelas gobernaba Franco que era un namorado de facer encoros e de expropiar,  por suposto, como ben de utilidade pública?...

Ver este exemplo , dun veciño que tratei de borrar o nome. Este papel é o que recibían cada un dos veciños.

Decir que anteriormente uns cantos habían aceptado o precio otorgado por Moncabril e non se viron inmersos nestes comunicados. Por suposto foron expropiados da misma forma.

Sobre os precios xa escribín o seu día, realmente foi un roubo a man armada.

Mentras por poñer un exemplo a Hermandade Sindical de Labradores y Ganaderos de la Vega que así se chamaba daban estes precios por pts/area, os do Xurado de Expropiación daban moitos menos:

 

Hermandade Sindical de Labradores y Ganaderos de la Vega

Precios por pts/área

Clase de cultivo

Precio Venta

Primera                Segunda              Tercera

Prado regadío 2.500 1.800 1.200
       
Prado secano 1.000 750 500
       
Huerto 3.000 2.100 1.500
       
Labradia n. secano 1.200 900 500
       
Barbecho año y vez 600 375 225
       
Viñas 1.200 800 500
       
Monte alto castaños 1.500 600 300
       
Monte alto robledal 700 500 300
       
Monte alto bajo 120 70 30
       
Erial clase única     30

 

Así por un prado con regadio pedían 2500 pts.  pagaron 320 pts. Por una huerta de primera clase en vez de 3000 pts pagaron  a 1000 pts. Y así suma y sigue...

Polas casas inda pagaron menos en xeral. tendo en conta o que escribiron delas, una casa de 50 m2 con cuadra, primeiro andar e telar pagaban sobre 65.000 pts. O mismo con galería , con cuadra e bodega 38.000 pts. Si estas casas tiñán algo caído, cousa normal, xa que moitas foron abandoadas o precio non chegaba as 20.000 pts. Das mellores casas do pueblo vexo 82.266 pts. (120 m2 de planta, tiña cornisa de pedra e balaustrada de forxa artística. Cociña tipo Bilbao con revestimentos de azulexo; por suposto planta baixa e primeiro piso, todo en madeira de castaño. Retrete, pozo e 140 m2 de horta).

Unha vergoña auténtica. Realmente foi un roubo, demostrado con estos datos e co traballo feito persoalmente sobre as casas de Alberguería.

En total pagaron por todas as casas e 193 fincas (deixaron máis de 2000 fincas sin pagar xa que no se asolagaron...) 3.266.151 pts. Incrible.

Conta Santiago Palmeiro nunha conferencia maxistral que deu no Barco con motivo da presentación do extraordinario libro "La marca del agua", que o seu avó Candido Palmeiro, veciño de de Sta Cristina recibiu por unhas fincas 600.000. Pensai que en Alberguería oscilou entre 1.512 pts. o que menos recibiu e 147.282 o que máis.

Lembrai que o pago foi entre 1960-1965. Curiosamente poucos anos mais tarde, por 1968,  mercou o que escribe un piso de 100 m2 en Ourense, no barrio de San Francisco, na calle Cabeza de Manzaneda,  en 650.000 pts.

Sin máis comentarios...

Por certo os pagos fixéronos algúns entre 1962-1965. ´

 

Pois ben, o noso abogado e meu amigo Q.E.P.D. Carlos González Costoya que enterraron hoxe, 23/06/2016,  no cemiterio de Castro Caldelas fixo moitos escritos parecidos o que poño a continuación, a petición era que aumentaran os valores e foran máis reais...

Non fixeron caso.

 

AL JURADO PROVINCIAL DE EXPROPIACIÓN FORZOSA DEL PUEBLO DE ALBERGUERÍA. Orense.

 

D. Carlos González Costoya,  en calidad de abogado defensor y con domicilio en   xxxx de Castro Caldelas (Orense) interpongo alegaciones en contra de los expedientes emitidos por dicho Jurado Provincial de Expropiación forzosa acordando justiprecios sobre la finca xxxx de mi defendido D. XXXXXXXX, vecino de Albergueria en Ourense.

Alego que dentro del plazo legal interpongo en la representación que ostento, contra dicho acuerdo, recurso de reposición previo al contencioso administrativo, en su caso, por cuento no son los valores reales de dichos bienes  los que el jurado les atribuye, ni siquiera son aproximados.

Los valores reales de dichos bienes, son los que mi representado les asignó en su hoja de aprecio en el momento oportuno del expediente, muy superiores a los asignados por el jurado.

Tampoco se abona a mi representado nada en absoluto por los perjuicios de la rapidez de la ocupación.

Por todo ello cree el exponente que el acuerdo impugnado no está arreglo a derecho y al Jurado

   SUPLICO

Se abonen en justicia otros precios y la indemnización que prevee el art. 52. nº 5 de la Ley de Expropiación forzosa.

Nota: algunos pusieron  ......."Solamente la ley del más fuerte puede obligarme a aceptar una valoración con la cual no estoy ni puedo estar conforme"

 

Es justicia que pido en Alberguería .  xxxxxxxx de 1959

 

Firmado:

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

 

 

Mi representado: xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, natural de Alberguería

Finca objeto de petición : XXXXXXXXXXXXXXXXX, propiedad de XXXXXXXXXXXXXXXXXXX

 

 

--------------------------------------------------------------

Remato este pequeno traballo dando o pésame a familia do noso abogado, o que defendeu en primeira instancia os problemas de esta expropiación totalmente inxusta e mal pagada.

Onde estés amigo, unha aperta.

-------------------------------------------------------------

Os meus amigos de Alberguería, que son moitos, os que xa nos deixaron e que levaremos no corazón para sempre decirlles simplemente:

¡¡SEMPRE  ALBERGUERÍA!!

Sair.