>
 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS CASAS DE ALBERGUERÍA.

(Secundino Lorenzo. Webmaster da www.)

1950-1958

 


 

Gustaríame aclarar algúns conceptos, antes de escribir os datos xerales das casas de Alberguería.

Son consciente que o término casa é moito máis amplo do que aquí trato. O término casa aplícase ó edificio onde se vive e esto non é de todo axeitado para a Galicia rural, como ben escribe Begoña Bas no libro As construccións populares: un tema de etnografía galega. Libro publicado en 1983 como Cuadernos do Seminario de Sargadelos. Nº 44.

A casa e moito máis que a vivienda ou edificio onde se vive, a casa é tamén a corte, a palleira, a adega, a horta, as leiras, o monte e un longo etc.

No meu traballo de recopilación voume referir únicamente as edificacións do pobo de Alberguería polo tanto: as viviendas, xunto coas cadras, palleiras, adegas, etc.

Veremos que as edificacións axústanse totalmente as construcións populares de Galicia, tendo en conta, tres aspectos básicos que marcan a construcción: os materiais da zona onde está situado o pobo en cuestión, o clima da zona e a funcionalidade que ven marcada pola economía da casa. Está claro que según a producción da casa haberá unha ou outra vivenda.

Alberguería estaba situada nun chan cun clima oceánico-mediterráneo non moi quente no verán (sobre 18º) e non moi frio no inverno (4º a 5º), pero sin esquecer que eran 817 metros de altitude (a media da temperatura sobre 10º en todo o ano), as chuvias, xeralmente, en xaneiro e febreiro cunha media de 200 mm; un clima moi sano según Madoz, onde as xentes vivian ata 90 anos e mais (Madoz 1850).

A maior parte das casas vivian da recolleita de productos do campo: berzas, leitugas, nabos,  centeo, liño, patatas, moitas castañas , trigo e cebada, moita e boa herba verde e seca, algo de viño e mel e cera. Criaban ganado vacuno, cerdos, cabalos e ovellas e cabras.

Dice Antonio Castro Voces nun traballo sensacional que se titula "O Concello da Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo de alta montaña", publicado en 1992, traballo que está baseado nos Interrogatorios ou Respostas Xerais do Catastro de Ensenada, e dice  "...Alberguería tiña 57 veciños, 228 habitantes e 57 casas..." e sigue "... En xeral en todos os pobos, había terras de hortaliza de regadio e secano, cortiñas de regadio e secano, terras centenais de regadio e secano, prados regadios e secano, montes e devesas. En Pradolongo, Riomao, Curixido, Alberguería e San Fiz había tamén, soutos de castiñeiros, mentras en Prada, Alberguería e San Fiz había algunha viña, non moitas...";  e  "...en Alberguería había 8 muíños de fariña..."; e  "...Alberguería tiña 2 sacerdotes e un crego..." e sigue "...Alberguería tiña unha taberna e un estanco..."; "... tamén tiña 1 ferreiro e 1 barbeiro..." e sigue nas conclusións "a actividade industrial era escasa, limitándose a: muíños de fariña, un batán, algún colmear e fornos particulares...","...a actividade comercial ceñíase casi en exclusividade a feira do 26 en O Bolo, as tabernas e estancos...".

No punto nº 9 das súas conclusións afirma "...A Veiga era un concello donde a altitude, os accidentes xeográficos e a dureza climatolóxica marcaban a pauta no pasado máis próximo, propiciando a emigración masiva, o éxodo rural e a busca de novos horizontes nas grandes ciudades e precisamente eses condicionantes que fixeron emigrar os seus fillos son os que hoxe a configuran como unha zona con gran futuro no turismo rural, no turismo verde..."

Os textos anteriores sirven para situar o noso pobo, a súa economía o seu clima que van a condicionar as súas vivendas.

Os materiais que abundan, sempre pensando no tipo de casas da zona,  é a pedra de todo tipo e as laxes de pizarra. (É curioso e demostra claramente este punto que hoxe, en marzo do 2006, en terrenos de Alberguería hai en explotación unha canteira).

Na fotografía (do SigPac) a 400 metros de altura vese a presa de Prada, a isla Preboubo e a esquerda a canteira en explotación actualmente e en terreos de Alberguería. Con puntiños bermellos o pobo de Alberguería do que estamos a falar. É lóxico que as casas foran todas de pedra de perpiaño, moi boas por certo. A distancia é exactamente de 1500 metros.

Madoz decía que no ano 1850 había sobre 140 casas toda de granito, e eso vese perfectamente nas fotografías. Pedra,  moita pedra posta de tódalas formas posibles. Esas eran as paredes de Alberguería.

Vexamos xa algunhas características das casas:

Convén aclarar que no momento das fotografías e dos estudios feitos,  un 60% das casas do pobo estaban abandonadas e en ruinas según consta na declaración feita polo Xurado Provincial de Expropiación Forzosa con fecha 21 de octubre do 1958. No párrafo 4º onde se dice que "...mas de las 2/3 de las casas del pueblo y por ser reciente su conformidad sería una excelente referencia para su valoración. Sin embargo aunque con mayores dificultades, hemos preferido la valoración de cada uno y por separado de los inmuebles por creer que de esta forma lograríamos un mayor beneficio para los propietarios de los expedientes que faltan por resolver..."

No ano 1957 desmantelouse o pobo e levaron moitísimos materiais. Os precios que pagaron non tuveron en conta, para nada, este desmantelamento. Outra fotografía dese ano.

Antes do ano 1957 xa marcharan moitas familias e as casas, moitas, botáronse a perder.

Ademais nas fichas as que tuven aceso,  no 2º apartado aparece a valoración de ruinoso, malo, regular, bueno e refírese o estado do edificio nese momento, as fichas están feitas no ano 1958. Polo tanto nun 70% o perito valora como ruinoso, o que  lle falta o tellado ou  non ten cristais o as ventanas rotas; sin comentarios...

Estes aspectos poden detectarse nas fotografías perfectamente.

Por exemplo ¿que opinar desta casa?:

Casa totalmente en ruinas, sin embargo a casa tiña vigas e pontóns de castaño, unha mampostería perfecta. As divisións eran de ladrillo cousa pouco habitual naqueles tempos. O tellado era como todos de laxes de pizarra sobre vigas de castaño. A carpintería interior era tamén de castaño.

A empresa Moncabril S.A. valorou a casa en 6.917,44 pts. no ano 1958

Vexan os precios que tiñan algunhas cousas no ano 1958:

 

PRECIOS DAS COUSAS NO ANO 1958

Un albanel "non cualificado" gañaba o día sobre 36 pesetas.

Os artículos máis correntes tiñan este precio:

1 kg de pan, 7,50 pesetas;  1 kg de azúcar, 11 pesetas; 1 kg de patacas, 2,20 pesetas; 1 kg de arroz, 11 pesetas; 1 litro de leite, 4 pesetas; 1 litro de aceite, 16 pesetas; 1 camisa, 150 pesetas; un traxe bon, 1.500 pesetas, 1 par de zapatos, 140 pesetas; 1 corte de pelo, 8 pesetas; un periódico, 1,50 pesetas.

O que propuña a empresa citada eran a cambio o equivalente 4 traxes bons e 4 pares de zapatos. Unha vergoña auténtica.

A valoración do Xurado? : 11.892,40 pts.

No que sigue terei que adiviñar en moitos casos a estructura antigua da casa para poder deducir as características xerais, por suposto non me sirven os precios pagados xa que visto o exemplo anterior, aparte de revolverme o estomago e poñerme malísimo, non me dice absolutamente nada sobre a casa.

Decir que a principios dos anos cincuenta Alberguería xa tiña luz nas súas casas e nas rúas, mentras o Concello de A Veiga inda nona tiña.

Observar na parte esquerda da fotografía xusto na ventana un punto de luz. Realmente era un pobo curioso e moi lonxe do que fala o Xurado Provincial de Expropiacións "...las pocas ventanas y puertas que se ven, se encuentran casi siempre en mal estado y carentes de cristales y pinturas.-Las puertas son empleadas principalmente en las bodegas y cuadras, esto es en los bajos, siendo simplemente de tablas..."

"Sin comentarios sobre portas e ventás"...

Vexamos as casas:

As paredes

Sobra que diga o que é trivial: o elemento máis importante da casa en conxunto son paredes.

Todas as casas de Alberguería eran de paredes de pedra, onde abondaba  a cachotería con pedras de granito asentadas una por riba de outras e de distintos tamaños; tamén moitas casas eran de  pedras de perpiaño rectangulares e sin labrar,  en moitas perpiaño concertado e noutras sin concertar e por último tamén as había de auténtica cantería que asentaban a perfeción. Moitas das casas estaban encintadas.

Estas son as formas das paredes das casas de Alberguería:

(Dibuxos sacados do libro A Casa de Xoaquín Lorenzo Fernández)

Cachotes. Son trozos de pedra que se van axustando. Perpiaño corrente Perpiaño concertado

Cantería Perpiaño encintado O mesmo.

Vexamos exemplos do anterior, dentro das fotografías de Alberguería:

Perpiaño concertado ou mampostería en seco perfectamente colocada Cantería encintada. Mampostería en seco adaptada perfectamente, incluso en curva.

Cantería encintada Cachotería, un 50% das casas eran deste tipo. observar que nas esquinas úsanse as pezas máis grandes. Mezcla de cantería encintada por un lado e pedra recuberta por outra.

O 100% eran casas de pedra de granito ben en pedras  de perpiaño rectangulares sen labrar ou labradas, ou ben en cachotes mais pequenos. O 50% estában encintadas ou cubertas con cal (como o balcón da última). Eran de cachotes moi ben colocados un montante grande de casas, sobre un  50%.

¿Como eran as paredes de cachotes?:

Na fotografía vese perfectamente como se compón a parede con cachotes grandes (chamanse forras) por fora e por dentro e máis pequenos (sillares) no medio da parede. A maña dos canteiros para asentar estas pedras sempre foi extraordinaria en Galicia, e por suposto tamén o eran en Alberguería.

Nas paredes de cachotes nos laterais póñense as pedras ou cachotes máis grandes.

 

As cubertas

As cubertas son outro elemento básico das casas e no pobo de Alberguería non hai máis que velas. moi ben feitas e usando, como sería menos, os materiais da zona. Por certo todas do mismo xeito.

Eran todas as casas de lousa, osea pizarra con distintas pezas e sobre madeira de castaño.

Tellado típico de pizarra sobre pontóns de castaño.

As laxes de pizarra son grandes e van unhas apoiadas noutras.

O cumeal cóbrese encaixando anacos saíntes das laxes dun lado nas do outro por medio dunhas encarnas feitas nelas. Observar a fotografía como sobresae.

Este tellado tamén era de pizarra, pero esta estaba composta de pequenas peziñas cortadas dun mesmo grandor e colocadas simétricamente. Son as chamadas  escamas de peixe.

En xeral os tellados tiñan moi pouca inclinación e as laxes descansaban directamente sobre este tellado. O normal é que unhas apoien noutras.

De todas formas vin tellados de pezas pequenas e elaboradas.

A maioría eran casas de dúas augas inda que había moitas tamén de una e catro e outras.

Estadística de "augas nos tellados de Alberguería"

15 casas 79 casas 2 casas 11 casas

Podo afirmar que o 74% das casas de Alberguería tiñan o tellado a duas augas, ademais por suposto o tellado era de laxe de pizarra.

 

Na fotografía vese un pallar, pero vale o exemplo para ver como quedaba asentado o tellado,  osea a súa armadura. O típico era a trabe central ou chamado cumeal que en Alberguería eran todas de castaño. O cumeal levaba lateralmente as encarnas, que se ven na fotografía e que apoian nun madeiro chamado soleira que tamén se ve. Por suposto que había casos moitos máis complicados.

Por dentro o típico: a trabe central forte e longa seguindo o eixo maior da casa, a partir deste saen as ripas que fan as vertentes sobre as que se apoian as laxes.

Elementos exteriores:

Había de todo o que máis eran as portas e fiestras. Había un 10% de casas que teñen galerias pechadas. O 60% tiñan balcons cubertos os chamados corredores ou solainas.

 
Ventanas típicas de madeira acristalada. Galería pechada.  

Corredores máis típicos:

Algúns había con barrotes de ferro.

Este tipo de balcón é o que máis abundaba. Corredores ou solainas.

 

Sobre un 50% tiñan balcóns ben o exterior ou interiores a un patio. Tamén solainas ou corredores e galerías.

Eran tamén moi típicas as escaleiras que eran de pedra si estaban exteriormente e de madeira as interiores.

No 90% dos casos as escaleiras levaban a porta de entrada no primeiro piso que era a vivenda.

Nesta fotografía unha escaleira exterior de pedra típica de Alberguería.

Tamén se vía alguna de madeira pero son as menos.

Este tipo de casa sin escaleiras exteriores tamén se presentaba moito. Aproveitavase o terreno en dous niveis para entrar a casa. Neste caso o primeiro piso polo camiño. A corte pola parte dereita.

 

Pavimentos interiores:

O normal era terra na parte baixa e madeira na vivenda. Na fotografía unha casa típica de Alberguería. En bon estado de conservación.

Aquí era unánime en canto a materiais:  sempre na parte baixa era terra e na vivienda  madeira, xeralmente de castaño.

Na parte baixa estaban as cadras que normalmente estaban divididas en tres compartimentos un pequeno de leñeira, outro máis grande para a corte do ganado vacún e un terceiro lugar cun cortello

A corte tiña o piso de terra que se cubría con estrume que logo, como sabemos, dedicábase cmo mineral para as terras. Na corte era normal ter comedeiro e unha pía de bebedeiro. No cortello separábase o ganado onde se metía parte da facenda que non quería misturarse coa outra.

Evidentemente a corte viña marcada polo tipo de ganado que se tuvera, está claro que en Alberguería como noutros lugares non se mezcla o ganado, por exemplo unha vaca con un porco; teñen sitios diferentes.

Preto da casa, dependendo si tiñan unha pequena horta ou non,  tíñase o poleiro, cun pequeno lugar onde corretean as pitas e onde poñen os ovos. Xeralmente catro taboas cunha  tea metálica e unha pequena casopa para que as pitas poderan dormir e por suposto por ovos. O normal.

Os pisos estaban montados normalmente osea por riba dos trabes dun groso en relación co longo; cruzados por riba van os pontóns que sosteñen o final as táboas.

Este era por norma xeral o piso. Sempre de castaño.

Hai que ter en conta que no 90% dos casos na parte baixa eran as cuadras ou ben a bodega. É lóxico que fora de terra.

Na cociña o redor da lareira ou lugar para facer lume non se puña madeira o normal era poñer dúas laxes longas e grandes.

Divisións interiores. Habitacións:

Á vista dos planos que aparecen nas fichas levantadas de cada unha das casas e contando o número de dependencias das viviendas teño os seguintes datos:

Tabla de dependencias ou habitacións incluida a cociña:

Dependencias 1 2 3 4 5 6 7 8 9
Nº Casas 3 7 18 27 5 12 5 3 1
Porcentaxes 3% 9% 23% 35% 6% 15% 6% 3% 1%

Total casas vivenda analizadas: 81

Nº de edificios que son bodegas, pallar, telar ou cadras únicamente: 26.

Total : 107 edificios.

Vese que o máis normal e ter catro dependencias.

Resulta chocante que o Xurado provincial a vista dun  3% de casas cunha soia dependencia xeneralice de forma incrible.

En canto os planos nos interiores das vivendas vou a distinguir tres casos según teña escaleira exterior, escaleira interior ou non  teña escaleiras (pallar, adega, alpendre ou outra)

Esta é a estadística do que atopei:

Con escaleira exterior a vivenda Con escaleira interior a vivenda Outros casos típicos
50 29 28
47% 27% 26%

Deduzco claramente que o que máis abundaba en Alberguería eran as casas con escaleira exterior de pedra.

Plano que máis se ve nas casas de Alberguería:

1º Plano: Casa con escaleira exterior de pedra. Planta baixa para cortes e cortellos ; planta alta para vivenda.

Planta baixa A : 1.- Leñeira. 2.- Corte. 3.- Cortello.

Planta alta B: Vivenda. 1.- Cociña. 2.- Habitacións. 3.-Comedor. 4.-Aseo.-5.-Solaina ou balcón.

Dibuxo de Begoña Bas do libro As construcións populares: un tema de etnografía en galicia.

O que máis se ve é unha casa con catro dependencias, toda de madeira no piso con divisións de barrotillo ou tablilla e sobre 60 m2. A primeira planta súbese por una escaleira de pedra que empalma cun balcón con acceso a unha das habitacións. Aquí no norte que sería a parte de abaixo non hai ventás. O sur hai unha. O balcón daría o oeste, veríase o Preboubo.

Na parte de abaixo a corte e o cortello e tamén un pequeno lugar de leñeira. Pode haber tamén unha despensa para gardar a carne fresca salada.

As veces na cociña tamén tiña unha pequeno lugar para a carne.

2º Plano: Casa con escaleira interior de madeira. Planta baixa para cortes e cociña ; planta alta para vivenda

O plano está sacado do libro Enciclopedia temática de Galicia. Apartado Arquitectura popular. Pedro de Llano Cabado.

 

Tipo de material usado para dividir as habitacións:

Tipo de material usado para dividir as habitacións:

Barrotillo con barro ou con cal Tablas unidas simplemente. Ladrillo
67% 30% 3%

O dito, a división máis vista era a de barrotillo con morteiro de barro ou cal. Básicamente é o chamado pallabarro, que era un sistema de tradición medieval; a trama facíase con cangos os máis fortes eran os verticais e logo enlazaban os outros. Os ocos entre a madeira ibase cubrindo con barro ou con cal. Era normal poñer clavos ou puntas na madeira para que logo pegase mellor o barro. O típico.

Moitas das casas sobre un 40% teñen cieloraso de tablillas, noutras falta.

A mais das veces a estructura inferior da cuberta vai ó aire. Sin embargo en Alberguería un 40% tiñan un teito que cubría todas ou algunhas habitacións.

O teito nas que o tiñan consistía nunha serie de pontóns que se poñen debaixo das trabes e que logo se calean ou se pintan, indan que moitas quedaban co seu aspecto natural. Esto por suposto non se facía na cociña.

 

A parte máis importante da casa: A cociña.

Efectivamente a parte máis importante  do interior da casa era a cociña. Polo que vexo nas fichas únicamente se fala dela cando a cociña se sae do común que é cando hai cociñas tipo Bilbao, a clásica cociña de ferro ou cando hai, como se da en varios casos azulexos, que é algo totalmente fora do común por aqueles anos. Cociña de tipo Bilbao (hoxe xa as teñen moitas casas de campo ou chalets, pero en 1950 había moi pouca xente que as conocera)  había unhas cantas en Alberguería nos anos 1950-1958. ¡Menudo pobo!.

Cociña tipo Bilbao. Está cociña xa existía en 1940. Eran fabricadas en Bilbao, por eso no informe dicen "tipo Bilbao"

O típico das casas é a lareira. A lareira podía ser simplemente unha laxes sin erguer do chan ou ben varias formando un rectángulo situadas por riba do nivel deste. Algunhas tiñan chimenea e outras non. o normal é que o fume fora saíndo pouco a pouco polas fendas, portas e ventás.

Lareira típica, feita con laxes de pizarra sen erguer do chan. Podía ser unha laxe ou varias. Tamén podía estar un pouco levantada do chan.

No vou describir como era a lareira xa que non o sei, non figura no traballo, pero preguntarei no seu día...seguro que había de todo. A xente de Alberguería era moi adiantada, cada día estou máis convencido.

Por suposto tamén había chemineas. ¡En Alberguería había de todo!.

Nesta casa vese perfectamente a chimenea.

Nesta casa a chimenea é unha simple lousa que se abre dende dentro. Osea teñen un dispositivo para carealas contra o vento. Era bastante típica.

A cociña tradicional foi sustituida en algunhas casas polas cociñas tipo Bilbao, a clásica cociña de ferro e convencional. En Alberguería había unhas cantas xa no ano 1958. Na cociña estaba a maiores os tallos, os escanos, bancos, mesa, alzadeiro. Tamén había unha pía de pedra cun burato que comunicaba co exterior. Nesta pía fregábanse os pratos. A auga traíase da fonte.

Inda que hai que decir que algunhas casas tiñan auga corrente. Pero non era o normal.

É falso tamén o que dicen o Xurado Provincial de expropiación nunha circular que mandou a todos os veciños de Alberguería "...Se comprende que en este tipo de construciones no existan instalaciones sanitarias, ya que el (pobre) pueblo es pobre en agua y aunque tiene alguna casa pozo propio, carece de instalación y por tanto de W.C....".  El pueblo no era pobre en agua había moitas fontes (6 no pobo e 16 nas inmediacións do pobo) e estaba rodeado de dous regatos (o regato de Prado da Fonte tiña auga todo o ano). Estos señores do Xurado de E. de Ourense...sin comentarios. En canto os W.C. soio se cita en algunhas casas.

Moitas casas tiñan desván ou sobrado que normalmente era unha soia habitación.Tamén se usaba de secadeiro.

As división interiores, das que tamén tomei nota en tódalas casas,  son, a maioría,  de tablas de madeira e tamén de palla - Barro.

As portas eran de castaño e bastante ben feitas na súa maioría. No pobo había varios carpinteiros que traballaban moi ben a madeira.

Terrenos sobrantes ou colindantes. A horta.

Non todos tiñan terrenos a carón da casa, pero máis da mitade sí, os terrenos estaban entre 4 e 60 m2.

 

Diante desta casa vese un terreno rodeado de pedras que era a típica eira ou aira onde se podía mallar o pan e outros traballos.

O centeo o trigo e a cebada mállase nas eiras ou airas. Aquí tamén se podían debullar as castañas.

En moitas destas airas tamén se facían traballos de espalla-los grans de millo, os chícharos, as fabas, etc.

Normalmente estas airas eran de laxes de granito. Normalmente eran de propiedade comunal.

No conxunto das casas tamén se ven: palleiras, bodegas, poleiros e palomares. En Alberguería había de todo:

 

Estos edificios eran bodegas, observar que están metidas na pequena montaña. Desta forma consérvanse mellor o viño e outros elementos.

Palleira e leñeira o típico

Nas palleiras gárdase a herba seca, as veces tamén a palla e por veces leña. O normal era gardar neste lugar os apeiros de labranza: arado, grades, gadaña, aixadas, picarañas, gallas, machada, etc. Por suposto tamén había alpendres que facían màis o labor anterior.

Nesta casa cilíndrica aproveitábase para palleira no baixo e palomar na parte de arriba.

 

Moitas casas tiñan a parte das cadras: pozo, forno, leñeira e na cociña secadeiro de castañas.

 

Esta casa tiña un forno para cocer o pan.

Esta tiña na cociña un sistema para secar as castañas.

Esta casa de Alberguería tiña unha pequena terraza, con pavimento enlosado de pedra e de dimensións 5.6 x 11. Casi nada en aqueles tempos e lugares...

Ata aquí o análise dos tipos de vivendas de Alberguería.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A MANEIRA DE RESUMEN:

A CASA TÍPICA DE ALBERGUERÍA

Poño este exemplo de casa como podería por outros moitos de Alberguería.

A estadística fala da casa típica de Alberguería como aquela de cuberta de laxe de pizarra normalmente a dúas augas (esta da fotografía parece que ten tres).

No baixo estaban as cadras para o ganado e normalmente unha leñeira. No primeiro piso, que é sempre de madeira de castaño e dividido con madeira e morteiro de cal ou barro,  atópase a cociña, un comedor e dúas habitacións, esto era o normal, osea catro dependencias. (A casa da fotografía tiña 5 dependencias ).

Xeralmente entrábase o piso por unha escaleira que si era exterior era de pedra. O 47% das vivendas de Alberguería tiñan escaleira de pedra exterior.

A casa vivenda, normalmente,  tiña unha media de 60 m2 inda que a da fotografía tiña 102 m2.

Anexa á casa era o máis corrente ter unha pequena horta e unha casa para a palla ou herba e  apeiros de labranza.

Na casa que se ve tamén tiña adega a carón da casa.

Para resumir nun plano podera ser o seguinte:

No plano que está collido do libro de Begoña Bas, fala da típica casa de Ourense e ese é o caso coas casas de Alberguería.

No primeiro plano está a planta baixa xusto na entrada hai un lugar como leñeira e inmediatamente se entra a corte e o cortello.

No piso súbese por unha escaleira de pedra. O número 3 é o comedor que da o corredor os número 2 son habitacións e o número 1 a cociña. Neste caso hai un pequeno carto de baño en 4.

Neste dibuxo (de  Xaquín Lorenzo) vese un corte feito a unha casa típica que podo asumir para as casas de Alberguería. Nela vese a esquerda a escaleira para subir; tamén está dibuxado un poleiro, incluso coas escaleiras para subir as galiñas (vaia detalle); logo na planta baixa a corte e o cortello. No primeiro piso, por suposto de madeira vese únicamente a cociña a esquerda e unha habitación a dereita, cunha ventá típica. Suponse que detrás destas hai polo menos outras dúas. Por suposto a cuberta da casa de laxe de pizarra.

En canto as valoracións das casas polo Xurado Provincial de Expropiacións de Ourense non vou entrar neste traballo, soio decir, que si fai uns anos pensaba que había sido un roubo, hoxe, e cós datos que teño,  estou en condicións de demostrar que foi ademais de roubo vergonzoso. Pero este pode ser o tema de outro traballo e ademais hoxe, xa non hai nada que facer...

Nota: na fotografía da casa que pusen como exemplo teño que decir en honor o seu dono que tiña outras cousas que non eran tan típicas: como forno para cocer o pan e cociña tipo Bilbao. Tiña o mismo tempo unha horta de 58 m2. A casa en total vivenda máis cadra, adega e leñeira tiña sobre 212 m2.

 

 

Subir.

 

 

 

 

 

Bibliografía usada no traballo anterior:

As construcións populares: un tema de etnografía en galicia. Begoña Bas. Cuadernos do Seminario de Sargadelos. 44. 1983.

A casa. Xoaquín Lorenzo Fernández. Editorial Galaxia. 1982.

Enciclopedia temática de Galicia. Tomo de Antropología: Arquitectura popular. Pedro de Llano Cabado.

.-Notas recollidas polos arquitectos encargados de Moncabril S.A. de levantar planos para facer as Expropiacións das vivendas do pobo de Alberguería en 1958.

Mostra usada na estadística:

107 casas. Prácticamente é o 99% das casas de Alberguería en 1958.

Os datos levantados de cada casa: estado da casa, lindeiros, tipo de muros, entramados, tipo de cuberta, pavimento, tipo de divisións, cielos rasos, tipo de revestidos, carpinteria, escaleiras tipo e lugar, saneamentos, m2 da casa, valoración do perito, valoración da empresa, valoración do Xurado de Exprociación de Ourense, fotografía.

Os datos aparecen todos eles firmados polos arquitectos: José Barreiro Vázquez e Luis Vega Escandón.

Os traballos foron encargados pola empresa Moncabril S.A. nos anos 1958.

Están archivados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nas carpetas 9194  a 9204. Nome: Salto de Prada.

Este traballo foi realizado en marzo do 2006 por Secundino Lorenzo Fernández que é o que escribe e ademais webmaster da páxina sobre o pobo de Alberguería.

O traballo forma parte dende o 23 de marzo de 2006 do Arquivo Histórico Provincial de Ourense no apartado de biblioteca auxiliar.

Doulle as gracias o seu Director actual, Pablo Sánchez Ferro, e os traballadores do arquivo  por este detalle e outros que tuveron mentras fixen o traballo anterior.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nota importante:

O presente traballo está basado simplemente nos apuntes tomados polos arquitectos e peritos que levantaron acta para facer a expropiación forzoza das casas de Alberguería no ano 1958, con motivo do encoro de Prada e o asolagamento total do pobo de Alberguería. Nesas fichas figura o plano das vivendas e unha fotografía que se adxunta a este traballo.

Non me basei nos interrogatorios orais que penso facer cos meus veciños do corazón de este pobo.

Polo tanto no futuro irei completando e correxindo este primer traballo que por suposto seguro que tera algún erro, inda que coido que non sexan importantes.

De momento aquí tendes o meu correo particular para calquera comunicación.

Subir.

Saír.