Mapas  de Domingo Fontán (1817-1834). Publicación 1845

Mapa de A Veiga. Alberguería. Domingo Fontán 1845.
Domingo Fontán in memoriam. Para quitarlle o sombreiro...
 Camiños medievais sobre mapa de Fontán (Carlos Nárdiz).

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAPAS DA ZONA DA VEIGA. DOMINGO FONTÁN 1845

Portada de presentación  dos mapas de Fontán sobre Galicia. Foron feitos entre 1817 a 1834 pero a súa publicación non se fixo ata o 1845.

Neste mapa vese o detalle da zona de A Veiga. Concretamente observar como situa Alberguería precisamente entre os dous ríos o de Barxa e o Regato da Fonte. A escala é 1/100.000

Esta é a zona norte de A Veiga. Observar que xa pon Mondón pero está mal situado no mapa, ou polo menos eso me parece a mín, salvo que existiran unhas casas con ese nome e logo o Balneario tomará ese nome. Haberá que investigar.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DOMINGO FONTÁN IN MEMORIAM.

Domingo Fontán Rodríguez naceu en Portadeconde (Portas)   o 7 de abril de 1788 e morreu o 24 de octubre de 1866. Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela).

Famoso entre otras cousas por que foi o primeiro que elaborou un mapa topográfico y trigonométrico  de Galicia por suposto con  métodos matemáticos e científicos. Partindo da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago como km O, recorreu Galicia a pe, toda Galicia... poucas cousas se lle despitaron, pero curiosamente o seu pobo Porta do Conde non o puso no seu mapa salvo a última hora, xa co mapa grabado...

Levoulle nada menos que 17 anos e inda por riba tuvo que esperar outros 11 para que se publicaran.

Tan ben fixo o seu traballo que realmente o seu mapa soio foi superado moi posteriormente, e non fai moito,  gracias os métodos en base os satélites. O resto de España no contou con un mapa similar ata 130 anos despois...

Domingo Fontán estudiou Filosofía, foi entre outras cousas  xeógrafo, topógrafo e Catedrático de "matemáticas sublimes" na Universidad de santiago. Diputado en Cortes, astrónomo, promotor do ferrocarril, creador da primeira fábrica de papel de Galicia, entre outras moitas cousas...

Sempre dixo que  "non se podía coñecer Galicia sin un coñecemento profundo da súa xeografía, empezando polo seu mapa...". Sin dúbida el coñeceu Galicia moi ben...

Ampliar datos sobre Domingo Fontán nos seguintes links:

Biografía completa.

Fundación Domingo Fontán.

Domingo Fontán mapas.

Biblioteca digital hispánica.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMIÑOS MEDIEVAIS  SOBRE  MAPA DE FONTÁN.

 

O mapa de Domingo Fontán é de 1845 e a marca (de Carlos Nárdiz) é dos camiños medievais. Sin dúbida o feito de que aparezca o pobo de Alberguería denota a importancia do mismo.

(No mapa o pobo aparece en liña vermella).

Por certo, efectivamente o pobo estaba separado do río Xares e tiña dous  regatos, o regato de Varxa e o regato do Prado da Fonte, no mapa vense perfectamente.

O marcado en vermello era o camiño medieval.

O mapa está sacado do libro "El territorio y los caminos de Galicia. Planos históricos de la red viaria" de Carlos Nárdiz Ortiz. Colección Ciencias y humanidades e Ingeniería  publicado en 1992 por la Xunta de Galicia.

Volver.