Fotografía de Secundino
Lorenzo, sacada do pueblo de Nogueira de Ramuín, Ourense.
Ourense
" TERRA DE AFILADORES."
Hoxe parece que
estamos perdendo "esa chispa", xa que
non somos capaces de manter o máis bonito da nosa terra : A Natureza.
Efectivamente Ourense é a terra da chispa, homes
que recorreron o mundo levando no corazón a súa terra e moita "chispa".

O afiador é o símbolo máis universal e
o que verdadeiramente identifica a tódolos ourensáns.
Nesta figura, un sello có motivo do
afiador.

Na fotografía vese un afiador ¨de Nogueira de Ramuín,
descoñezo o seu nome a do autor da fotografía.
Dibuxo sacado do libriño "Os
oficios ambulantes" da Deputación de Ourense.
( No dibuxo unha roda de afiar ou
taranzana, ou rebolo é o número 5. No número 3 , unha caixiña, levaban
todo tipo de ferramentas: martelos, tenaces , alicates, etc.)
A xente lembra os afiadores xa que
levaban un chifre, feito de madeira de buxo, que lle servía o afiador de
anuncio ou sinal, pra que a xente se acercara para afiar os coitelos,
etc.
O oficio de afiador ou paragüeiro tuvo
un gran desenrolo na provincia. Por algo somos a terra da chispa, xa
que o oficio consistía en afiar coitelos e navallas así como todo tipo
de ferramentas, e cando esto se facía, saltaban chispas no rebolo que
era onde se afíaba.
Moita xente desenrolou o oficio fora
do territorio galego. Seguramente algún día pasaron tamén por
Alberguería.
No Concello de Nogueira de Ramuín
había dous talleres que fabricaban esta roda de afiar.
A batería da roda era darlle co pé ao
número 13 ( tirapé ou pedal).
Hoxe xa se fan de motocicletas que se
poñen en marcha e fan xirar a roda. Os tempos cambian.
No Monasterio de Santo Estevo de Ribas do
Sil había, estos anos pasados, todo un museo de rodas de afiar de
todo tipo, unha colección única. É propiedade de Florencio de Arboiro.
Descoñezo si sigue a exposición ou pasou a Ourense, como estaba
previsto, que vemos que facela fixa en Ourense cidade.