©  S. Lorenzo Fdez . Fotos del autor y fotos de Mako. 

 Río  Xares.

 

Río Xares debaixo do encoro de Prada.

Río Xares, ano 2002,  por debaixo do encoro de Prada, ou sexa,  no cañón do Xares (ou no Estreito de Alberguería como se chamaba). Un río que hoxe está en moi mal estado, a partir do encoro de Prada,  pero que foi unha marabilla en tempos. Por certo cheo de troitas boas e exquisitas no ano 1850 decía Pascual Madoz no seu dicionario.

A partir do encoro de Prada,  R.I.P. o río Xares.

 

Un fabuloso río queimado por unha empresa ENDESA IBERDROLA que presume de producir Enerxía Verde,  que está de moda.

Dende logo as fotografías seguintes proban as claras que son uns auténticos mentireiros. Eu a esta enerxía chamaríalle polo seu nome: ENERXIA ROXA xa que os ríos quedan queimados.

Xa no 2001 estaba denunciado este río a partir do Encoro de Prada. Hoxe no 2006 siguen prácticamente igual, o caudal ecolóxico que deixan é un roubo.

-------------------------------------------------------------------------

ESTADO DE CONSERVACIÓN DO RÍO XARES:

Río Xares. Ourense natural.

Couto do Xares. Foto do autor da www.

Fotografía de Tomás Vega. Río Xares.

Río Xares por riba da Veiga. Ano 2002.

Un gran río de Ourense.

 

Tramo nacemento -A Veiga:

Do pouco que queda na provincia de Ourense en bon estado.

Neste tramo ten un couto de pesca:

Coto do Xares: A Veiga

200 m augas abaixo do rio Canda ata o Pozo de Mouros

     Fotografías do Couto:

As fotografías anteriores son do autor da www, perteñecen ó couto do Xares e fueron sacadas o día 10-01-2002. O río, hai que telo en conta, a pesar da data, xaneiro do 2002, viña prácticamente no estiaxe. Sobra decir que é un río sensacional.

 

 Para chorar. Esquilmado total. Nalgúns tramos non leva auga. Os encoros da zona, o encoro de Prada (Endesa)  e o encoro de Santa Eulalia (Endesa) fan o que lles dá a gana, sempre o fixeron. Por certo o encoro de Prada deixou baixo as augas o pobo de Alberguería como lamentablemente xa sabedes. 

 

Detrás da ínsula de Prebouto estaba Alberguería.

Alberguería en tempos. Hoxe debaixo do encoro de Prada.

Encoro de Prada. Foto do autor da www.

Encoro de Prada. Foto do autor da www.

Alberguería un pobo que quedou asolagado polo encoro de Prada.

 

 Por debaixo do encoro de Prada o río Xares non é río,  é unha calamidade.

Ver fotografías:

Os caudais ecolóxicos da zona son para chorar. Río Xares por debaixo do encoro de Prada.

Este era o caudal o dia 08-11-2001. Realmente miserable, apenas había río Xares.

Por debaixo do encoro de Sta Eulalia inda é peor:

Río Xares en Novembro do 2001. Lastimoso. O caudal ecolóxico penoso, apenas levaba auga, aparte de estar morto... Encoro de Santa Eulalia. Dende 1998 Endesa (hoxe Iberdrola) deixa un caudal penoso, ata ese ano o  río iba seco total.

 

Incrible. Non entendo como Medio Ambiente permite estos desastres na provincia de Ourense e menos nunha zona que está a padecer os maiores abandonos de poboación. A xente está desesperada,  non hai de que vivir na comarca, únicamente os pode salvar a súa beleza na natureza, os seus ríos... si estos están para o arrastre ¿qué lles queda?.

Esto escribía fai uns anos.

Que pasa no 2004:

O río Xares esta R.I.P. por debaixo do encoro de Sta. Eulalia cada día está peor.

Ver fotografías e comentarios de Mako, un colaborador da páxina:

Encoro de Sta Eulalia a poucos kms. augas abaixo do encoro de Prada, dende este encoro vai prácticamente toda a auga por un túnel enorme ata o río Sil na Rúa. O río dende este encoro ata desembocadura no Bibei vai de ECOLOXÍA VERDE DE IBERDROLA.

Foto de Mako.

Ver o caudal ecolóxico. O engaño da pedra. A tomadura de pelo.

Realmente para chorar.

Ver a fotografía en grande merece a pena.

Foto de Mako.

Observar por debaixo da tomadura de pelo o río Xares. Pobriño.

Foto de Mako.

Realmente:

R.I.P. o río Xares.

A fotografía da dereita está sacada dende a ponte que se ve máis abaixo.

Ver a fotografía en grande merece a pena.

Dice Mako con mucha coña que "como podemos ver en las fotos , el lugar se presta a algún nuevo tipo de turismo. Echándole un poco de imaginación las posibilidades son enormes. Se podría montar por ejemplo una escuela de iniciación para mesías en la que se realizarían sesiones teorico-prácticas de milagros (caminar sobre las aguas, multiplicación de peces, conseguir que las empresas eléctricas cumplan la legislación, conseguir que los políticos no mientan, etc, etc). Lo de caminar sobre las aguas está fácil, el resto...

Lo dicho...cuestión de imaginación."

Ver a fotografía en grande merece a pena.

O DITO: O RÍO XARES A PARTIR DE STA EULALIA R.I.P.

A XUNTA ESPEREMOS TOME MEDIDAS UN ANO DESTOS E REMATE CON  ESTA DESFEITA.

salir.jpg (922 bytes) Saír.