A VEIGA,  (o Concello onde estaba  Alberguería)

(c) Secundino Lorenzo

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TREVINCA UN NOVO XORNAL

A Veiga.

Ver a fotografía en grande.

 

No número cero fai : 

Una presentación.

Un editorial: sobre a Nosa Montaña.

Unha folla sobre a Natureza: Mouchos, coruxas, etc.

Unha reportaxe sobre unha noite de lenda na Lagoa da Serpe.

A toponimia da palabra Trevinca.

Artículos sobre a Veiga. Por exemplo reproduzo o titulado "O Meu pobo" firma José Sánchez.

As festas da Comarca: O Santiago de Xares, O Corpus da Veiga, O Cristo da Ascensión de prada,  e O San Pedro de Vilanova.

Nota: si interesa algún artículo mandar un email e fago a reprodución íntegra.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O MEU POBO

(Artigo firmado por Jose Sánchez Blanco e que aparece no Xornal  Trevinca ,

 Ano 1 Nº 0 )

Fago unha reprodución integra do texto, toda vez que o comparto plenamente e ademais é bonito e sinxelo. Gracias a José Sánchez.

------------------------------------------------------------------------------------------

      Vivo nun fermoso pobo de montaña, fermoso como tantos outros de zonas rurais repartidas por toda Galicia. Pero o meu é particularmente bonito, porque é o meu pobo, o pobo donde eu nacín e donde me criei. A Veiga, é o nome de onde eu son, está ubicada no Sureste da Galicia rural, na provincia de Ourense. Lugar onde a calma, o sosiego e a paz abundan por tódolos recunchos, o mesmo que a sua preocupante despoboación.

     E agradable ver como no verán o meu pobo e tódalas aldeas que forman parte deste concello de A Veiga énchense de xente, moita dela é natural destes lugares e que por circunstancias da vida víronse obrigados ou quixeron emigrar a outras poboacións, principalmente ó extranxeiro para poder obter uns recursos, que na súa terra non lles era doado conseguir. Como dixen antes é moi agradable velos de volta no verán, tanto a eles como a outras xentes que sin ser naturais destas latitudes acuden a este Concello polo simple placer de disfrutar dun paraxe paradisíaco, xente que lles gusta a montaña, a natureza nos seus múltiples e caprichosas maneiras de  expresarse; xente que na súa gran maioría a respetan e coidan. Pero, por desgracia hai outros tipo de "persoeiros" tanto naturais do pobo como foráneos que a degradan, mancillan e incluso a violan como si tivesen un direito divino de avasallamento, herdado non se sabe ben de que deuses, xente que ensucia, queima, y emprega tódalas maneiras abrasivas para facer a fermosura da nosa terra, convírtase en vertedoiros de lixo das súas propias inmundicias e miserias.

     Agora que está de moda a montaña, e concretamente a nosa montaña "Peña Trevinca" e todo o seu entorno, na cal dito sexa de paso preténdese facer unha estación de montaña, a cal volverá a traer xente e riqueza a esta bisbarra. Só desexo que este tipo de depredadores ambientais concienciense e que seipan que o mellor favor que nos poden facer e pódense facer eles mesmos, é tratar de ser respetuosos coa natureza, que ó fin e contas é patrimonio de todos, e que seipan que ela si saberá compensarllo co esplendor das suas fragas e ríos, coas suas flores, seus aromas e co arrullo de sus paxaros. Nos tamén somos natureza xa que formamos parte de ela.

                                                        José Sánchez Blanco.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TREVINCA NÚMERO 1 . ANO 1

Algunhos temas tratados no Xornal Trevinca:

TREVINCA .- FEBREIRO DO 2002.

Concurso de poesía e narrativa.

Clase de Baile.

Alberguería un pobo asolagado.

Respetemos o noso.

A malla.

Lume en Trevinca. Camiñando na Veiga.

Da auga e da terra.

Reflexiones sobre Trevinca.

Santuario da Ascensión de prada.

Entre outros temas.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALBERGUERÍA UN POBO ASOLAGADO.

Ponte que se fixo en 1955 na Veiga por mor do encoro de Prada.

Alberquería: un pobo asulagado

Emilia González Barrio.

 

Ata mediados do século pasado o Concello da Veiga  tiña un pobo mais, Alberguería, este pobo situado na marxe dereita do Rio Xares cerca de Meda e Prada, desapareceu en. 1959 baixo as augas do Encoro de Prada, pero volvamos a nosa mirada atrás e descubramos un pouco da súa historia, costumés e,das súas xentes: 0 termino Alberguería, probablemente proceda do termino albergar, as alberguerias solian estar as beiras dos camiños, así según o historiador valdeorres Castro Voces, o pobo de Albergueria estaba nun camiño medieval. Según este mismo historiador as primeiras noticias que hay de Albergueria son do século XIII nun documento de Tumbo Negro da Catedral de Astorga. No século XVIII, tiña 57 veciños. No ultimo censo que existe, antes da desaparición do pobo, pertencente a 1940 tiña 140 veciños e 668 habitantes ausentes e residentes.

Tratábase dun pobo agrícola e gandeiro, dada a súa situación e o seu clima (semellante o resto dos pobos do Municipio, caluroso no veran e bastante frio no inverno) os cultivos predominantes eran: patatas, legumbres, centeo, castañas e sobre todo o liño. Era básicamente unha agricultura de subsistencia salvo dous grandes propietarios agrícolas e gandeiros (uns chamados os do Siérra e os outros os de Mourisca). A gandería era de vacun e lanar. Tiña unha escola unitaria a que asistian nenos e nenas. A súa igresa estaba consagrada a Nosa Señora da  Asunción, celebrando unha festa na súa honra o 15 de agosto de cada ano. Antes de ser asolagado o pobo esta Igresa foi desmontada e traslada pedra a pedra ata o pobo da Veiga de Cascalla, onde foi reconstruida. Algo bastante incomprensible pois o mais lóxico houbera sido que se quedase nun pobo do Municipio ou incluso na capital do mesmo (A Veiga). 0 lado da igrexa atopabase o cemíterio as persoas enterradas nel foron, trasladas o cemiterio do veciño pobo de Prada, antes de ser cuberta polo encoro. A finais dos anos cuarenta empezaron as expropiacions para construir o futuro encoro de Prada, pola empresa Hidroeléctrica de Moncabril S.A. Nos anos 50 empezaron as obras e en 1959 prodúxose a enchenta do, encoro quedando asolagado o pobo de Alberguería. Os derradeiros veciños que quedaban víronse obrigados a marchar, pois aunque se lle ofreceu a construcción dun poblado noutro sitio esta posibilidade foi rechazada polos vecinos, polas causas que fosen. Existe unha gran polémica sobre o tema das expropiacións, na que non vamos a entrar, solo un pequeño apunte, según alguns testimonios alguns vecinos cobráron todas as súas propiedades, pero outros os que pleitearon so cobraron os terreos asolagados. Os montes comunais foron abonados o Concello da Veiga. Algún destes montes non asolagados foron cedidos os pobos de Prada e Corexido, este último renunciou a eles. Así, en 1959 debaixo das augas, desapareceu a realidade dun pobo e comenzou a súa lenda.

  Emilia González Barrio.

 

Nota: O texto está sacado do Xornal Trevinca, 

publicado pola Región o sábado 16-02-2002.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Veiga busca rexuvener.

A la mayoría de los vecinos de A Veiga lo que más le preocupa es su pensión de jubilación.

El 50% de la población está por encima de los 65 años.

En el 2008 nacieron siete niños.

Parece ser que en el 2009 nacerán otros siete, todo un record.

El censo de A Veiga es de 1.130 vecinos (74 menos que en el 2007). Extensión 290 km2.

Paro en porcentaje de población : 3,1%

Vehículos: 592. Bancos: 2 . Industrias y construcción: 28. Bares y restaurantes: 10. Lineas banda ancha: 0 . Mayoristas: 5 . Minoristas: 19

Ver el artículo en La Región del 25/01/2009

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VIDEO DA VEIGA.

 

Subir.