O río Xares, que nace na Serra do Eixe en
Pena Trevinca, na Veiga (Ourense), e desemboca no río
Bibei preto de Portomourisco, é un fermoso río que inda se
conserva hoxe, no ano 2011, en boas condicións. No que sigue van unhas fotografías
dalgunhas das súas presas ou tostas, a maioría en bon estado, e
que son a vida do río e as troitas; tamén algunha flora que podemos disfrutar nas súas beiras. As
fotografías son todas do autor da web. Están sacadas en xuño do 2011.