01-09-2001

 COUSAS  DE  ALBERGUERÍA

 

LINEA ELÉCTRICA PARA O TRAZADO LUBIÁN-OURENSE DE FERROCARRIL

A min sempre me chamou a atención,  neste e noutros mapas da zona,  a linea bermella que se ve perfectamente cruzando o mapa.

O mapa é de 1941, pois ben,  xa figura a linea bermella, a linea eléctrica de alto voltaxe que pasaba xusto a carón de Alberguería. Por suposto non daba luz a zona, nin moito menos...

Pois ben, esa liña iba dar electricidad os poblados dos traballadores da linea férrea Lubián a Ourense e que logo inauguraría Franco o 1 de xullo de 1957.

Nesta fotografía vese o campamento que creou a empresa MZOV para acometer os traballos do Túnel do Padornelo (6 Km.) e a Canda (2 Km.). Este campamento que tiña de todo incluida a luz eléctrica;  chamábase Campamento de Santa Bárbara. Nel chegaron a vivir 1500 persoas e tiña de todo dende escola, igrexa, Garda civil, fonda, enfermería, etc. O campamento xa existía no ano 1948.

A este poblado chegaba a luz pola conducción que se ve na foto anterior e que pasaba por Alberguería. Viña dunha central preto de Ponferrada.

Nesta fotografía sacada en Alberguería (nela vense as mozas Tilde, Adela, Norma, Xon y Clarisa en 1955) vense  os postes de madeira do tendido.

Non o que figura de metal en primeiro plano, son os que se ven o lonxe. O fondo vese a ínsula Preboubo e o camiño que leva Corexido. A dereita de todo en tono claro o Estreito de Alberguería.

Por diante das mozas, o pobo de Alberguería.

Na fotografía, sacada en Madrid no ano 1966,  vese a Victorino Estévez coa súa dona Artemia Paradelo, nunha das viaxes que o matrimonio fixo a España unha vez que marcharon para Arxentina no ano 1955.

Pois ben, Victorino Estévez era o supervisor da linea anterior, osea da linea eléctrica que permitiu facer os túneles mencionados e polo tanto que o ferrocarril chegara a Galicia.

A vida ten estas cousas curiosas. Fai uns días coñecín, en Larouco,  un home que nos anos 50 era rapaz e traballaba no almacén de Moncabril, e gustáballe tirarlle pedras os aislantes do tendido. Vitorino reprendeuno, como era lóxico, pero inda se lembra do tirón de orellas. Por certo que non me lembro como lle chamaba a estos aislantes, un nome moi curioso...

  Victorino Estévez Álvarez era pai de Lily, Sexa e Temita e foi unha persoa moi destacada no pobo de Alberguería, calquera día destes faremos a súa historia, para o apartado de personaxes de Alberguería.

Sin dúbida foi un personaxe curioso e importante de Alberguería.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír