INVESTIGACIÓN:

Os pagos das terras por Moncabril ¡un roubo!. Realmente Alberguería foi unha vergoña 1955-1960. Por suposto co beneplácito das autoridades e ¡todo legal! 

    Efectivamente o pago das empresas que fan os encoros e por suposto inda hoxe, no ano 2003, son, moitas,  un roubo a man armada. O caso dos pagos os veciños de Alberguería, pola empresa Moncabril S.A., foi unha inxustiza total. Eu penso que foi un roubo a man armada, e nunca mellor dito.

   Evidentemente as cousas hai que demostralas, e neste caso, efectivamente non é dificil. Vou poñer un exemplo claro, que gracias a unha neta da familía en cuestión,  cae nas miñas mans incluso con documentación.

   Por suposto que están vendo na fotografía a casa de Ricardo Fernández e Luzdivina Arias, a casa era das boas do pueblo de Alberguería. Esta casa tiña unhas propiedades e fincas marabillosas.

¿Saben canto cobrou a familia por todas as súas pertenencias no ano 1958.?

    Vou dar unha referencia para que podan facer un cálculo: por esas fechas en Ourense (os cartos cobráronse polo 1961-62 os que recurriron e algúns máis tarde)  un piso de 90 m2, de calidade media   no Barrio de San francisco valía sobre as 300.000 pts (en 1968 paguei por un de 90 m2, nese barrio,  650.000 pts.).

Pois ben, a familia cobrou 250.000 por todo. Eso foi o que firmaron e cobraron por todo, por suposto previa demostración de que sabían leer e escribir. E sin dereito a protestar...

Recentemente comprobo, tuven na miña man máis de 80 expedentes reais de valoracións,  que está valoración foi das mellores, hai moitas máis que tamén foron impresentables e por suposto por baixo das 50.000 pts. por todo; por exemplo chegou a pagarse por una casa 11.842 pts coas fincas correspondentes, 1.115 pts.  chegou a cobrar outro que soio tiña as paredes da casa (polo solar, "local arruinado sin material aprovechable..." dice o Xurado de Expropiación) non lle deron ni para un traxe, ver os precios das cousas máis abaixo...).  Nas alegacións que fixo o Xurado especial de expropiación constituido en Ourense, por certo todas iguais e a ciclostil, afírmase claramente que a maoría das casas eran de planta baixa onde convivían ganado e persoas "en muchas de las mal llamadas viviendas se trata de una habitación simplemente haciéndose toda la vida familiar en este departamento...".

No estudio estadístico, realizado polo que escribe e con  resultados expostos nesta páxina web e tamén archivados para consulta no Arquivo Histórico de Ourense,  demostro a falsedade de ditas informacións que o única que pretendían era facer valoracións miserables e inxustas de prácticamente todas as casas de Alberguería, favorecendo de forma clara a empresa expropiadora.

Do tema non podo aportar máis datos xa que inda non pasaron 50 anos. Por suposto teño toda a documentación, con valoracións e todo tipo de detalles. Por outra banda calquera internauta ou curioso pode velas no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Nelas están, casa por casa as valoracións tanto da empresa como do xurado así como as alegacións da xente de Alberguería. En moitas delas,  firmadas de puño e letra polos meus veciños de Alberguería, algunhos inda viven,  pode leerse este párrafo final que fai chorar a calquera "...Solamente la ley del más fuerte puede obligarme a aceptar la valoración con la cual no estoy ni puedo estar conforme. A 29 de septiembre de 1958...".

 

PRECIOS DAS COUSAS NO ANO 1958

Un albanel "non cualificado" gañaba o día sobre 36 pesetas.

Os artículos máis correntes tiñan este precio:

1 kg de pan, 7,50 pesetas;  1 kg de azúcar, 11 pesetas; 1 kg de patacas, 2,20 pesetas; 1 kg de arroz, 11 pesetas; 1 litro de leite, 4 pesetas; 1 litro de aceite, 16 pesetas; 1 camisa, 150 pesetas; un traxe bon, 1.500 pesetas, 1 par de zapatos, 140 pesetas; 1 corte de pelo, 8 pesetas; un periódico, 1,50 pesetas.

A renta per capita no ano 1958 estaba situada sobre 40.000 pts.

Una vivienda protegida (Obra sindical del Hogar) de 50 m2 valía más de 100.000 pts en 1954.

 

Realmente o que escribe ¡sinte vergoña!. Xa non digamos a familia que hoxe atopa esta documentación e fai unha interpretación destes cartos. Aparte do desastre e a humillación de ter que marchar dun pobo marabilloso, casí a punta de fusil, inda por riba,  cobrando estas miserías...

É dificil cambiar de vida, empezar de cero, emigrar, seguramente con 60 ou máis anos, e inda por riba roubados...

 

Algún lector estárase a preguntar ¿para qué destapar estas cousas, o mal está feito, e non ten volta atrás?. Eu penso que a historia hai que coñecela e non cometer os mesmos erros. As inxusticias sempre hai que airealas.

Por último, o feito de que unha neta do matrimonio anterior me envie esta documentación, como exemplo,  demostra as claras o camiño que hai que seguir nestes casos...

Todo o mundo ten dereito a denunciar as inxusticias. A do pobo de Alberguería clama o ceu...

Documentación demostrativa:

Documento acreditativo do cobro da familia Ricardo Fernández e Luzdivina Arias, veciños de Alberguería, por todas as súas pertenencias en Alberguería (Ourense), concello de A Veiga: casa sensacional e hortas, prados e demais asolagadas polo encoro de Prada.

Ano 1958.

Documentación suministrada por una neta de este matrimonio.

Documento curioso: escrito do maestro do pobo no que se certifica que os miembros da familia saben leer e escribir de tal forma que en ningún momento poidan demostrar que foron enganados.

Realmente demencial.

Esto é o que fixo Hidroeléctricas Moncabril S.A.

O mesmo pasou no encoro das Conchas, nos anos 50... Outros lugares tuveron máis sorte, xa que houbo xente que os defendeu, aquí as autoridades, a maioría estaban a favor de Moncabril, seguramente quentados como normalmente fan estas empresas...

Pulsando nas fotografías poden verse en grande.

Nota: esta páxina está disposta a publicar todo o relativo o pobo de Alberguería,  que quedou asolagado polo encoro de Prada. Escribir e mandar documentación. A que sexa...

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír