QUINCE SONETOS DE AMOR E ONCE POEMAS MAIS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UNHA ESCOLMA MOI ESCOLLIDA DA OBRA DO AUTOR.

O libro presenta unha escolma marabillosa  feita en base o seu libro "O aire a luz e o canto", publicado no ano 2008.

Xesús Alonso Montero no limiar explica como fixo para escoller  estos poemas e como chegou a selección destes 26 marabillas. É imprescindible ler o limiar de Xesús Alonso para ver estos e outros detalles deste libriño.

Os poemas están ordeados conforme os universos temáticos tratados por Víctor Campio nos seus poemas.

Dous poemas dentro de "Despois do pasamento de Isabel Nolasco",  dedicados a Isabel Nolasco, a súa dona falecida en 1986, entre os que está o soneto "Se chego no solpor..." que para mín é un diamante en bruto...Precioso tamén o "Ampárome no soño"

Tres poemas dedicados o "Pai e a nai" que siguen a misma liña dos anteriores.

Dous baixo o título de Retrincos da súa vida; outros tres  co título "Lugares matrios: de onte a hoxe", onde escribe sobre as súas vivencias na terra que o viu nacer.

Cinco poemas  dedicados as voces poéticas como Rosalía, Curros, Otero Pedrayo, Blanco Amor e García Lorca dentro do apartado "Cinco grandes voces poéticas: cantos, elexías".

Cinco poemas  máis dentro do título "Musa civil: as inxusticias, o Trinta e seis".

Dous poemas dedicados os amigos  Arturo Baltar e Xesús Alonso, dentro do título "Poemas para os amigos"  e tres dentro do título "Varia (métrica, temática)".

A verdade que a selección feita por  Xesús Alonso Montero é maxistral e producto dun traballo minucioso non exento dun boísimo gusto e por suposto dun coñecemento do autor fora de toda dúbida. Repito, imprescindible ler o limiar do libro..

Para rematar decir que a escolma foi usada polos nenos de Maside e da bisbarra para coñecer e profundizar neste autor que é precisamente desa zona. Sin dúbida unha gran idea.

Escribe: Secundino Lorenzo (Webmaster da páxina web).

 

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTRAPORTADA PRINCIPAL DO LIBRO DE VICTOR CAMPIO

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTRAPORTADA FINAL DEL LIBRO

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LIMIAR DO LIBRO

Xesús Alonso Montero.

Limiar.

Brevísimas notas sobre a vida e a obra literaria de Víctor Campio Pereira, poeta excelso de hoxe e de sempre.

 

I

Víctor Campio Pereira González naceu en Maside, na aldea de Garabás (o Pangañar dun dos seus poemas cívicos) o 15 de xullo de 1928, e alí cursou as primeiras letras na escola da súa nai. Estudou varios anos no Seminario de Ourense (onde leu, clandestinamente, a Curros Enríquez coa complicidade do seminarista e poeta Faustino Rey Romero), fíxose mestre e exerceu, como tal, en varias aldeas da provincia e, logo, na Mancha e en Levante. Xa destinado en Madrid, estudou a especialidade de Filoloxía Hispánica na Facultade de Filosofía e Letras e non tardou en opositar, con éxito, a unha praza de profesor agregado de Lingua e literatura Españolas, que impartirá, primeiro, nun instituto de Madrid e, logo, no das Lagoas de ourense, despois de exercer un curso en Ribadavia.

 

Aínda que Víctor Campio xa figura con letras de ouro no Libro de Honra da Literatura Galega pola súa condición de poeta, de alto e nobre poeta, é escritor con outras facetas: articulista esporádico na prensa, narrador e adaptador de obras teatrais. Asúa novela Baixo o sol do Magreb, editada en 1999 pero escrita moito antes, non é allea ás súas experiencias de soldado (forzoso) en Marrocos, no Marrocos, daquela, español. Víctor Campio, admirado e querido por todos os que o coñecen, sexan poetas ou non, é home de tertulias literarias presididas pola educación e a sensibilidade, e devoto lector de páxinas poéticas na intimidade do fogar. Non é home de panfletos, de aturuxos nin de pancartas, pero é un cidadán comprometido fondamente coa causa universal da Xustiza.

II

Ó longo da súa vida (a punto de cumprir 83 anos) , Víctor Campio publicou poucos poemas aínda que escribiu algúns máis. Varios editáronse, desde 1987, en revistas, en volumes colectivos ou en opúsculos moi pouco publicitados, de tal xeito que, hai dous anos, eran moi poucos os que coñecían a súa poesía: os seus amigos das catro provincias galegas, os "lletraferits" esixentes de Ourense (onde reside) e algúns lectores atentos doutras partes que tiveron a sorte de bateren con algún texto poético seu. Este exiguo coñecemento da súa obra poética non é alleo a algo moi substantivo na biografía de Víctor Campio;  a dun home calado e moi discreto, a dun ciudadán non alporizado e a dun profesional das Letras alleo a calquera forma teatral de promoción literaria.

En realidade,  Víctor Campio é coñecido, entre uns centos de lectores de poesía, desde o verán do 2008, data na que o P.E.N.-CLUBE Galicia publicou , por iniciativa do seu presidente, don Luís González Tosar, o libro O aire, a luz e o canto, co subtítulo de Poesía reunida (1987-2006). Prologouno o escritor ourensán Manuel Outeiriño, e eu compuxen, para a ocasión, un breve epílogo. O volume -cómpre indicalo- reúne todas as páxinas editadas desde 1987 e algunhas inéditas, estas especialmente valiosas por seren poemas escritos na década dos Cincuenta (do século pasado) como denuncia íntima do franquismo, daquela unha sociedade inzada de inxustizas e abafante. Son poesía civil pura, tan fermosa como dolorosa.

III

Agora eu teño  a responsabilidade -e a honra- de lles ofrecer, ós escolares de Maside e comarcas próximas (as terras nutricias e as raíces idiomáticas do noso escritor), un feixiño de poemas, un mollo de versos, unha antoloxía poética non moi ampla. Escollín vinte e seis composicións, entre as noventa que constítúen O aire, a luz e o canto. Como escoler implica, forzosamente rexeitar, estou convencido de que entre os poemas non escolleitos calquera deles podería figurar no presente florilexio. O que acontece é que en Víctor Campio todos os poemas son dignos de seren antologados. Hoxe sábese ben que en Víctor Campio a súa palabra de poeta é sempre auténtica, densa, inspirada.

Organicei a presente escolma en oito breves capítulos cuxos títulos, tamén da miña responsabilidade, indican, no esencial, os correspondentes universos temáticos.

 

Cómpre, non obstante, que o lector saiba que, tanto no conxunto da obra de Víctor Campio como nesta antoloxía, o poeta é, case sempre, un poeta elexíaco. Foi o gran don Antonio Machado que sentenciou que "se canta lo que se pierde", e a esta concepción é fiel a musa conmovida de Víctor Campio. O noso poeta non só chora a esposa falecida en 1986, a súa amadísima esposa, Isabel Nolasco, senón que lembra, con tristura, ós pais ou evoca, con señardades, os anos e os lugares da nenez, "os lugares matrios", que así titulamos un dos capítulos. Elexíaco é o noso poeta cando morre un escritor admirado e querido (como Eduardo Blanco Amor), ou cando se debruza sobre os homes (idealistas) que morreron no infortunio do Trinta e Seis. Razón tiña don Antonio: "Se canta lo que pierde".

 

Cantando as cousas (grandes ou menos grandes), Víctor Campio tamén se define como ser humano cálido, como home de ben e como ciudadán solidario, a pesar dos desamparos, das tristuras e dos medos presentes en tantos versos.

 

Débolles manifestar ós lectores que pensei ben o título da presente escolma, un florilexio de poemas nos que  privilexiei os sonetos, tipo de composición no que Víctor Campio é un dos mestres actuais. Son sonetos labrados e construidos con rigor formal pero nos que os límites dos catorce versos non coutan o latexo vital e o fervor. Homenaxe, pois, a un gran sonetista.

 

Agora ben, non son, estos quince textos, versos de amor na acepción dos famosísimos Vinte poemas de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda. De amor, nese sentido, poderían considerarse os dous sonetos inspirados pola morte de Isabel Nolasco, pero hai nestes quince sonetos actitudes más ou menos próximas ó amor: a amizade, a devoción ós poetas que xa nos deixaron, o fondo agarimo moral ós mártires do Trinta e Seis...

IV

Os lectores dos poemas desta antoloxía non esquecerán a voz compañeira de Víctor Campio, se por compañeira entendemos, etimoloxicamente, a voz de que nos entrega o pan -e o compango- dunha actitude nobre e amiga. Esa voz chega a todos nós -ós novos e ós que fomos novos- formulada nun galego que abrolla da aldea, da nenez e do estudo e a reflexión. É un idioma que converte a Víctor Campio no poeta galego, hoxe, de expresión máis rica, prodixiosa e axustada.

 

Estou plenamente convencido de  que, desde o ano 2008, a poesía do mundo é máis rica, máis humana, máis nobre, máis cordial, máis poética. E a lingua galega moito máis prodixiosa.

 

Xesús Alonso Montero

  21 de febreiro do 2011

Día Internacional da Lingua Materna.

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REFERENCIA PERIODÍSTICA. A voz de galicia. 02/11/2011

No centro cultural da Diputación tuvo lugar unha homenaxe a Victor Campio o mismo tempo que se presentou o seu libro "Quince sonetos de amor e once poemas máis.

Esta é a reseña do acto que apareceu na Voz de Galicia.

 

Subir