Un día de pesca marabilloso no río Xares, na
Veiga (ourense). A verdade é que me facía moita ilusión pescar
nun río que ten tanta importancia para a nosa páxina web de
Alberguería e a
xente que a visita. Foi un día de emocións, pola mañán pescando
nun río sensacional e xeneroso; a mediodía compartindo comida
con tres grandes amigos, o meu compañeiro de pesca Páxaro,
a presidenta da Asociación Cultural Alberguería Oleiros, Maruja,
e o seu marido Lisardo, tamén dous sensacionais amigos. Maruja é filla do carteiro de
Alberguería, un gran pescador de Alberguería o que lle
dediquei a miña primera troita, que pesquei ese día. Tamén me lembrei de
Lily Estévez, Ovidio
Prada, Obdulia Paradelo, Claudina e tantos e tantos amigos
de Alberguería. Foi por eles....e por mín.
Río Xares : río de cor verde, marabilloso, xeneroso, vivo, alegre, ...que
tanto che querían os veciños de Alberguería e que bon
disgusto lle deches...pero ti non tuveches a culpa, os
ríos nunca teñen culpa...son os homes os causantes das
desgracias. Río Xares ámote...Río Xares grazas...
Pincha neste link para oir como sona este
río marabilloso.