OVIDIO PRADA TATO (1933-2008)

Ovidio Prada Tato nun momento da festa do ano 2006.

Na fotografía, sacada polo  autor da web na festa de Alberguería do 15 de agosto do  2006, vese en primeiro lugar a Ovidio Prada.  Por detrás o canón do río Xares,  onde se fixo o encoro de Prada que asolagou o pobo de Alberguería en 1958.

Ovidio foi, ata o 22/10/2008, data na que falleceu,  o "xerente e traballador de primeira liña" de todo o que se organizou de cara a manter o nome de Alberguería vivo nos corazóns dos veciños e amigos de Alberguería: organizando a festa de tódolos anos, aportando ideas, textos, lembranzas, censos, asociación, inventando bandeiras, facendo camisetas, gorras, enriquecendo a páxina web e facendo mil e una para que todo saíra marabilloso e Alberguería vivira para sempre...

E Alberguería vivirá para sempre, sin dúbida...

A súa contribución a esta páxina web foi, e seguirá sendo,  fundamental.

 

¡¡Moitas gracias Ovidio!!

 

 

Na fotografía sensacional na Ponte de Alberguería no río Xares (1953), hoxe baixo o encoro de Prada, están de esquerda a dereita:  Ovidio Prada, Lano Lameiro, Pepe Lameiro (irmán de Lano), Luis Barrio e Luis Prada (irmán de Ovidio).

Na fotografía (do autor da www), sacada na festa de Alberguería, 15 de agosto do ano 2002, está Ovidio Prada no centro da misma, atento a como se facía a "queimada", estaba en todo... Por detrás "a Alberguería do seu corazón".

Ovidio Prada Tato vivía en Ourense coa súa familia e tamén pasaba temporadas na Veiga. Foi veciño histórico de Alberguería. Os seus pais, Amancio Prada e Pura Tato e a súa familía,  vivían en Alberguería. Era polo tanto un testigo de primeira man é único.

Ovidio foi para mín  "a miña enciclopedia ilustrada, a miña "Espasa Particular", como webmaster da páxina de Alberguería", un colaborador excepcional, único e irrepetible. Pero foi algo máis, algo que sempre levarei no meu corazón e do que me sinto orgulloso:  un amigo entrañable.

Inda, despois de doce anos, voto de menos a reunión semanal que facíamos nun café que había enfrente o Xuzgado de Ourense, na rúa do Progreso. Sempre traía unha nova, un escrito, unha información, unha anécdota, todo elo figura na páxina web de Alberguería. Eu trataba, tamén de sorprendelo co meu traballo e algunha vez conseguino, outras, como por exemplo coa grabación do son das campás da iglesia de Alberguería, hoxe en Vega de Cascallá, non foi posible...as campas de Alberguería foron fundidas coas de Vega de Cascallá para formar as novas...Unha mágoa.

Gracias Ovidio. Onde estés, seguiremos traballando por ¡Alberguería sempre!.

 

Ver a Ovidio, nun video,   falando de Alberguería.

 

Algúns momentos importantes dos últimos anos:

En Maio do 2005, en Xares no Hotel El Ciervo, Ovidio co seu irmán Luis e as irmáns Estevez Paradelo:  Temita, Xexa e Lily.

O 28/07/2007 cando se inaugurou o Catamarán Sta. María de Alberguería, fun eu, no seu nome,  representando a Alberguería. Ovidio xa estaba moi enfermo. ¡Como ó botei de menos!...

O ano 2008, o 15 de agosto,  recibiu unha placa en agradecemento o seu labor, placa que recolleu o seu irmán Luis, xa que Ovidio estaba xa moi maliño.

Momento da película "Xares o río que nos leva" de Pedro Prada (2008).

Este é un trozo do video.

Outro momento da película "Xares o río que nos leva" de Pedro prada.

Este é un trozo do video.

 

Ovidio Prada sempre con Alberguería no corazón...

Ovidio morreu o 22 de octubro do 2008.

Secundino: "Donde estés Ovidio sabes que podrás seguir contando conmigo y siempre que diga la frase ¡sempre Alberguería!, te prometo que te tendré a mi lado, para que suene más fuerte..."

Lily :"Dicen que las personas mientras uno las recuerde no se van, que permanecen con nosotros. Mi querido Ovidio, se agrega a las personas que nunca se irán porque siempre estará en mi corazón.
Y como dice Secundino, te tendremos a nuestro lado para que ese "Siempre Alberguería" suene mas fuerte."

Mako: "Alberguería, la de ayer y la de hoy y todo lo que representa, permanecen ya para siempre impregnadas de su presencia.
¿Como podría morir el hijo de un pueblo inmortal?

Xexa: "Que Dios lo tenga en su Eterno Descanso."

Santi Palmeiro: "¿Qué más vamos a decir ahora?
Por nuestra parte, está todo dicho, Ovidio.
Pero tú seguirás hablándonos cada día.

Maruja Prada: "Sin duda se nos fue una persona querida por todos, de nuestra amada Alberguería. Me sumo de corazón a lo que dice Secundino que cuando digamos ¡siempre Alberguería", a partir de ahora sonará más fuerte, ya que Ovidio estará a nuestro lado apoyando la frase. "

Luisa Barrio: "Realmente Ovidio ha sido uno de los promotores de las reuniones de la gente de Alberguería, una persona entrañable que siempre tendrá su lugar en nuestro corazón, y que cada 15 de agosto estará con nosotros".
 

Esta é a miña pequena contribución fotográfica a un amigo entrañable e querido que sempre levarei no meu corazón:

¡Sempre Alberguería!

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.