28-01-2002

ALBERGUERÍA:  Visita do día 19-01-2001 

As miñas

visitas en busca do pobo de 

Alberguería,

hoxe baixo

 as augas do encoro de

Prada.

Día 19-01-2002

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS FOTOGRAFÍAS 19-01-2002

Outra vez será. Pero volveu a merecer a pena.

Guiado pola baixa do encoro de Prada, xa que no mes de novembro tiña o 52% e en Xaneiro o 34% de capacidade, este ano non chove nada, supusen que xa se vería o pobo de Alberguería, polo menos algunhas casas, pero non tuven sorte .

Estas son algunhas fotografías da miña viaxe.

.......

A Veiga. Cola do encoro. Antiga ponte da carretera. Realmente o encoro deixa a terra fea,  queima todo, podrece todo menos as lembranzas do lugar. A Veiga, xusto na cola do encoro de Prada. Parte de arriba da actual ponte. Aquí vese o regato dos Corzos a dereita,  e o río Xares a esquerda.
Río Xares en Baños. Nesta zona o río é couto de pesca. Realmente sensacional este río, nesta zona. Penso que este río traerá lembranzas a xente de Alberguería, xa que seguro que o río era parecido. Neste caso un cachón maravilloso. Outra imaxen do río Xares por riba do pobo de Baños. O fondo outro cachón. O río vese limpo, cun leito inda ben conservado, nada desfeito. Maravilloso.
Vista do ría desde a ponte de Baños. A riada do ano pasado deixou o río un tanto descomposto, acumulando coiñal na parte esquerda.

O río, repito, fora de serie.

 Río Xares o dia 18-01-2002. Camiño de Alberguería.

Esta vez fixen o camiño dende Ourense, Viana, Alto do Covelo, A Veiga, logo fun por Casdenodres, Castromarigo e Prada.

Había moita niebla.

Encoro no río Xares. Encoro de Prada dende a estrada o pasar Prada. Encoro no río Xares. Ínsula de Preboubo, xa co encoro moito máis baixo que na primeira visita.
O fondo vense unhas pequenas pedras que o parecer eran as últimas casas da Alberguería. O encoro estaba o 34% da súa capacidade pero o pobo de Alberguería inda non se veía. Encoro de Prada dende as casas dos inxenieros de Moncabril. Realmente está moi baixo, pero non hobo sorte.
Encoro de Prada outra vista, en busca das casas do pobo de Alberguería.

Por certo vín bastantes patos no encoro.

Aproveito para decir que o río Xares por debaixo do encoro de Prada está morto. Iberdrola, dona actual do encoro, deixa un caudal ecolóxico que é unha vergonza. Non se pode engañar deste xeito. Onde sae a auga ten unha pedra para que parezca moito máis caudal. Pero o engaño vese nesta foto. O río soio ten pequenas charcas e dame pena. A xente de Alberguería, seguro que lles da pena e algo máis.....

Decíame un mozo que iba coas vacas, un mozo de Prada, que eses puntiños que aparecen na fotografía son as primeiras casas de Alberguería. Nono sei. Tamén me contaba que tiña que baixar moito máis o encoro (estaba o 34% da súa capacidade), para ver máis casas. De tódolos xeitos que estaban moi enterradas e que soio se distinguía moi ben a rua principal e algunhas casiñas os lados.

Pola miña banda outra vez será...

"Dende Ourense un saudo: S. Lorenzo.".

Espero vos gusten as fotografías que é do que se trata. A mín gústame a zona, e penso volver.

Subir.