Oleiros un pobo a carón de Alberguería que desapareceu en 1917-18?

Panorámica de Oleiros, un pobo a 500 metros de Alberguería. Pascual Madoz falaba dun barrio de Alberguería, pero en realidade era un pobo aparte no século XVIII.

No mapa vese Oleiros preto do pobo de Alberguería. A dereita.

Na fotografía de Ovidio Prada vese a "praia de Oleiros" perfectamente. A fotografía está sacada dende a estrada que vai de Prada a Veiga. Neste lugar queríamos facer a nosa festa de tódolos anos o día 15 de agosto, pero non foi posible. Dentro duns anos teremos o "Paseo do Xares" e un mirador nesta zona, que explica onde estaba Alberguería...

REFERENCIAS HISTÓRICAS DO POBO DE OLEIROS E OUTROS DATOS.

Traballo de Antonio Castro Voces.

Oleiros aparece citado no ano 1752 como un pobo, dos 31,  que tiña A Veiga nese ano, logo desapareceu e non sabemos a ciencia certa cando... "O Concello de A Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo de alta montaña"  un traballo de Antonio Castro Voces.

Oleiros tiña daquelas 4 veciños, 16 habitantes e 4 casas.

No traballo citado está claro que os veciños de Oleiros pagaban por todo igual que os demais: primicias, voto de Santiago, etc.

Oleiros tiña catro muíños. Non tiña, sin embargo, estanco nin taberna. Tampouco tiñan sacerdote.

Vexo que tiñan un ferreiro que ganaba 4 reais o día...

Diccionario de Pascual Madoz - 1850

Decía Madoz en 1850 "Cuatro casas separadas al norte constituían el barrio de Olleros..."

"ABERGARÍA (Sta. Maria de la): felig. en la prov. de Orense (14 leguas), dióc. de Astorga (15), part. jud. de Valdeorras (2) y ayunt. de Vega del Bollo:SIT. en la margen izq. del río Járes en un llano rodeado de sierra y ventilado por E. y O; las enfermedades más comunes son inflamaciones, si bien el CLIMA es sano y muchos de sus naturales cuentan 90 años o más de vida: 140 CASAS ant. de granito, elevadas á unas 10 varas y todas de mediana distribución forman, puede decirse, una sola calle: 4 CASAS separadas, al N. constituyen el barrio de Olleros."

Testimonio histórico contado por Obdulia Paradelo (veciña que foi de Alberguería e gran colaboradora desta páxina www, nos primeiros anos.):

Sobre o pobo de Oleiros decir que tuvo que desaparecer despois dos anos 1880 - 1885. A explicación é a seguinte:

A mai de Obdulia Paradelo, a Sra. Margarita, morreu o 28-12-1936 e tiña nada menos que 61 anos, osea naceu no 1875.

Supoñendo que tuvera entre 5 e 10 anos cando ela lembraba que "levaba a pastar as vacas nun lugar que posteriormente en Alberguería se chamaba Oleiros".

 Conta que había algunha casa e nunha delas unha señora que se chamaba a Tía Carmela, que por certo cando facía frío a invitaba a que fora quentarse no lume da casa".

Traducindo o pobo de Oleiros desapareceu despois de 1885.

Logo veremos que desapareceu polo anos 1917 ou 1918.

Traballo de Santi Palmeiro

"El último habitante de Oleiros se llamaba Salvador (o Salvador de Oleiros), tocaba la gaita y animaba a veces los trabajos en Prada y Alberguería. Murió, abandonado en una bodega de Prada en 1917 o 1918".

Era inseparable de su bota de vino que llenaba en Alberguería.

Los últimos años los pasó en una bodega de Prada, hoy en ruínas.

Traballo:

"En busca de Oleiros a aldea perdida" de Santi Palmeiro.

Traballo que recollo íntegro nesta páxina www.

Pulsar este link.

Algunhas fotografías de Oleiros en Abril do 2006

Vista de Oleiros en dirección o Este. Hoxe están alambrando a zona...Oleiros estaba por riba deste prado.

Cabaña de pastores na zona de Oleiros. Esta cabaña é posterior o pobo. De feito o pobo estaba por riba desta cabaña.

Vista do lugar onde estaba Oleiros con Prada o fondo.

A cabaña de pastores. Por riba a dereita estaba o pobo de Oleiros.

Esta fotografía é a parte dereita do muro. Pois ben; nesta zona que se ve estaba Oleiros. Hoxe é monte baixo e ocultou tódalas casas.

Vista da ínsula Preboubo dende Oleiros. Alberguería queda na liña con Preboubo e estaba a escasos 500 metros..

Hoxe non quedan restos das catro casas que había no lugar.

Vista panorámica de Oleiros onde posiblemente se celebre a festa de Alberguería no ano 2006.

Non quedan restos das catro casas que había e unha fonte de pedra.

Saír