Escala Alberguería-Prada= 1 km. & Alberguería-Meda: 2 km.
Observar o desnivel Alto de prebouto 847 m . Alberguería: 817m. (total 30m. 10 pisos)
Ver tamén as curvas de nivel. Alberguería estaba nun chan perfecto e rodeada de dous ríos. O mapa é de 1941. (Era o derradeiro que quedaba no Goberno Civil de Ourense.2002. Unha xoia)
Co encoro a zona quedou do seguinte xeito:
Marcado de cor azul está ata onde chega a auga encorada actualmente. No medio está marcada a isla Preboubo.
Nesta sensacional fotografía orientada de norte a sur vese o val de Alberguería, que queda a esquerda, mesmo de frente vese a isla de Preboubo. Sería o mapa anterior visto dende as Mayadas.
Esta é outra fotografía do río Xares e a isla Preboubo vista dende O Piorno. Nesta zona a poucos metros da pasarela e dos muíños que se ven montouse a presa. Tamén esta fotografía explica o feito de que se vexan tres pequenas islas cando baixa o encoro.
Observar as tres islas a dereita da fotografía e comparar coa fotografía anterior. Pode entenderse.
Por último Alberguería vista dende a isla Preboubo (tirando o sur). Observar a Iglesia que estaba orientada o oeste.