Esta é a súa ubicación:

A Alberguería "era un pobo que" estaba en Galicia, é dentro de Galicia na Provincia de Ourense. Ver o dibuxo. Alberguería, para nos sigue estando en Galicia e tamén no noso corazón.

No dibuxo, vese o pobo de  Alberguería, un  pobo situado na Provincia de Ourense.

Neste mapa está situado o pobo de Alberguería, na parte oriental da provincia de Ourense e no Concello da Veiga.

Alberguería era, polo tanto,  un pobo da provincia de Ourense, situado na zona oriental. No dibuxo é aproximadamente o punto vermello. 

Accédese por varios lugares dende Ourense:

1.- Estrada Nacional 120, por Monforte ata a Rúa.

Na Rúa cóllese a estrada antiga ata Ourense e o chegar a Freixido cóllese a estrada de Viana. A 3 km en Outar de Pregos cóllese a estrada ó encoro de Prada é a 10 km. atopamos o encoro. Baixo as súas augas está a Alberguería.

Outra opción:

2.- Estrada Nacional 525, pola Gudiña ou ben Autovia rías Baixas ata a Gudiña. Na Gudiña collese para Viana e dende Viana a Veiga. Na Veiga xa está o encoro de Prada é na súa cabeceira,  baixo as súas augas,  está a Alberguería.

 

O río que discurre pola zona é o río Xares. O encoro chámase Encoro de Prada.

Este mapa da zona é moito mais actual có anterior, de feito está publicado polo diario A Voz de Galicia do día 23-11-2001.

No mapa aparecen as parroquias actuais (unha boliña cunha cruz), así como miradores, o castro preto de Castromarigo, conxuntos  etnográficos,  iglesias, viacruces como o da Lamalonga, etc.

En vermello está posto onde estaría o pobo de Alberguería no mapa.

 

 

O pobo de Alberguería está hoxe, setembro do 2001, baixo as augas do encoro de Prada, xusto na zona anterior. Nada menos que a trinta metros de profundidade.

Nesta zona, baixo as augas estaba o pobo da Alberguería, no mapa aparecen as súas lindes, polo sur o pobo de San Mamede de Castromarigo e o norte San Andrés de Prada, está claro. Prácticamente onde están os puntos en vermello situo, polo datos que teño, o pobo de Alberguería.

Nesta fotografía panorámica, de Juan Carlos Álvarez, vese onde estaba situada Alberguería en relación a outros pobos da Bisbarra.

Según os datos aportados o pobo de Alberguería estaba situado cerca de onde pon Oleiros (no século XIX era un barrio de Alberguería) , parte dereita do encoro e non moi lonxe da presa.

Nesta fotografía vese Alberguería perfectamente.

Nesta outra vese o pobo perfectamente, coa súa iglesia e as súas casas. A iglesia miraba como casi todas o poniente. Para situarse,  o pobo actual de Prada estaría a esquerda.

Era un pobo marabilloso, cunhas xentes fora de serie.

Hoxe está no fondo dun "maldito encoro... para os veciños de Alberguería", o encoro de Prada.

 Non fai moito, baixou mergullándose no encoro un xoven da zona e fixo o seguinte comentario "Nunca olvidarei a tristura que me embargou sentirme entre aquelas ruínas medio cubertas polo fango".

Estas son as ruínas, a fotografía foi sacada no ano 1973, nun momento que baixara moito o encoro. O pobo foi asolagado no ano 1958.  ¡Para chorar!.

Fotografía co pobo de Alberguería xa medio cuberto polas augas do encoro.

IMPORTANTE:

Ver outros mapas de Alberguería:

Mapa de 1784. Xa figuraba Alberguería como pobo moi importante na zona.

Mapa de 1845. Mapa de Domingo Fontán. Unha xoia.

 

Mapa de 1941. Mapa del I. Xeográfico. Unha xoia.

 

Mapa áereo. Un mapa actual para situarse. Vese perfectamente a ínsula Preboubo e, polo tanto, a zona.

 

Mapa sigpac. Un mapa actual de fincas. Programa del Ministerio de Agricultura.

 

Mapa de fincas. Mapa aéreo 1950 catastro. Un mapa coas fincas do pobo. Mapa do catastro provincial de Ourense.

Especial.

Ver como era Alberguería: un estudio moi bon de Ovidio Prada.

 

Ver unha simulación actual feita polo autor da www. (Non está ben pero é unha aproximación feita con boas intencións.)

 

 

 

Este é o mapa actual de Google, evidentemente non aparece Alberguería, que estaría a pe de Presa e a carón da isla Preboubo.

É interactivo e virtual, moi interesante para ver a zona e todo o que se conta sobre a ubicación de Alberguería.

 

No mapa podedes interactuar, alexarse, acercarse, etc. Incluso velo vía satélite...

-----------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén aparece Alberguería no mapa da National Geografic.

Ver este link. Gracias Mako por la información.


Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.