Razón de ser desta páxina www

Pobo de Alberguería en 1950. Máis de cen veciños.

Alberguería en 1950, un pueblo extraordinario de A Veiga (Ourense)

Esta páxina www é a memoria histórica en internet dos veciños e amigos dun pobo que se chama Alberguería, do Concello de A Veiga, na provincia de Ourense, que en 1958 foi asolagado polo encoro de Prada. Un pobo que sempre vivirá nos seus corazóns e por suposto tamén no meu corazón e da miña familia.

Pobo de Alberguería en 1958. Encoro de Prada. A Veiga. Ourense. Máis de cen veciños a emigrar.

Alberguería en 1958, un pueblo extraordinario de A Veiga (Ourense), asolagado polo encoro de Prada, quedou a 30 m. de profundide. A xente tuvo que marcharse, moitos emigraron a Francia, Suiza, Alemania, Arxentina, Venezuela e Brasil,  e algúns quedaron en pueblos de España como, pueblo de A Veiga,  o Barco, Viana, Ourense,   Vigo, Madrid, o País Vasco e Cataluña entre outros. Na páxina temos o censo, a 2004,  desta diáspora.

 

¿Como naceu esta páxina www?.

Pois de forma moi simple,  mediante un correo electrónico que unha veciña de Alberguería Manuela Estévez Paradelo (Lily) envia ó webmaster da páxina Ourense Natural: broma ou realidade, páxina en defensa dos ríos galegos.

Este foi o correo (email)  que me mandou no ano 2001  Manuela Estevez (Lily), dende  Arxentina:

Estoy en todo de acuerdo con respecto a las consecuencias fatídicas de los embalses hechos en los ríos gallegos. Pero con pena recorrí todos los que enseña en su página y no encontré el de Prada en el río Xares, bajo el cual quedó mi querido pueblo de Alberguería en el año 1958. Creo que es digno de mención; era un pueblo hermoso del que tuvimos que irnos echados por la fuerza y sin las correspondientes indemnizaciones.
Debido a ello, mas de 100 vecinos venimos a parar a la Argentina, desde donde seguimos añorando lo nuestro. Un cordial saludo.

Pola miña banda esta foi a miña contestación:

Para mín non é doado escribir sobre algo que non coñezo, de tódolos xeitos, na miña mente está escribir sobre ese tipo de pobos que foron asolagados sin moitas explicacións. Tratarei de recabar información e fotografías sobre o seu pobo da Alberguería e por suposto falarei de Alberguería en internet. 

Espero recibir datos e fotografías sobre Alberguería.

Posteriormente, e unha vez que me informei,  este foi o seguinte correo:

Esta páxina é a miña contribución, como amante da natureza de Ourense e de Galicia, e polo tanto dos nosos ríos. ¡¡ É o menos que podo facer!!. Por suposto que me gustaría devolverlles o seu pobo, pero non está na miña man. Dende Ourense unha aperta.

 

Está claro que esta páxina débese a iniciativa dunha veciña de Alberguería que se chama Lily.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

MANUELA ESTÉVEZ PARADELO    

Lily de pequena en Alberguería. Ourense.       Fotografía de Lily nun das súas viaxes o seu pobo Alberguería. 1991      Lily na festa da Alberguería en Buenos Aires 2003.  

Manuela Estévez Paradelo

 É unha muller que lle chaman tamén Lily.

Ela, que aparece nas fotografías, vive actualmente na Arxentina. No ano 2001 púxose en contacto conmigo. Simplemente quería que en Internet aparecese a historia do seu pobo ALBERGUERÍA, un pobo da provincia de Ourense asolagado totalmente por un encoro no ano 1958.

Pola miña banda, esta é a miña contribución a defensa da memoria dun pobo que se chama Alberguería. ¡¡ É o menos que podo facer!!. Por suposto que me gustaría devolverlles o seu pobo, sería de xustiza, pero non está na miña man. Dende Ourense unha aperta.

Fotografía de Lily en uno de sus viajes a su pueblo: Alberguería.. Manuela Estévez Paradelo     (Lily) 

Vive na calle Juan Agustín Maza, 193 Piso 12 B de 1206ACC -Buenos Aires - Argentina

 

Ten o correo seguinte.

 

Na fotografía feita  o 13/04/2005 no Barco de Valdeorras,  están de esquerda a dereita:  Xexa, Secundino (autor da web), Temita e Lily.

Xexa e Temita son irmáns de Lily.

Lily na festa 50º Aniversario do asolagamento de Alberguería, ano 2008,  festa da Asunción do 15 de agosto dese ano, no poblado de Endesa en Prada (A Veiga-Ourense). Recibe unha placa da Asociación Cultural Alberguería Oleiros, ACAO,  agradecéndolle o seu labor fundamental en pro de Alberguería, tanto na páxina web,  como o seu labor en España e  na Arxentina. ¡Enhoraboa Lily! ¡Sempre Alberguería!.

 

Ver a Lily nun video  con data 15/08/2008

 

Precisamente este video está feito o día da festa de Alberguería, 15 de agosto de 2008,  no poblado de Endesa en Prada, moi preto de Alberguería, o ano que se cumplía o 50º aniversario do asolagamento do pueblo. No video, fala Lily dos veciños que hai en Buenos Aires e tamén fala do "veciño de corazón" agradecendo que ese veciño fixera a páxina web. Pois ben ese veciño, son eu, o que fai a páxina e o que se sinte orgulloso de ser eso: "veciño de corazón" o que equivale a ser "fillo adoptivo de Alberguería", sin dúbida o meu título, non académico, do que séntime  máis orgulloso.

Subir.