Da-las gracias a Carlos García Hervella,  do diario O SIL do Barco, que me remite o nº 17 do periódico O Sil publicado no ano 1997.

Unha auténtica xoia que publico completo na páxina www sobre Alberguería.

Ese ano tuvo lugar precisamente a primeira festa de Alberguería despois da desfeita...

 

O que sigue é a versión íntegra do texto:

Investigación: "Este pantano queda inaugurado"

 

¿A ónde imos ir?:

 "Tódalas portas do mundo teñen dono".

 

      Na memoria colectiva de todo o oriente ourensán gárdase ainda inesquecible aquel feito, insólito daquela. Ninguén quedou indiferente cando Alberguería desapareceu baixo as augas, as mesmas que facían deste pobo do municipio de A Veiga un dos máis fértiles e ricos do contorno. Truncouse a vida de máis de oitenta persoas, que se convirtiron para sempre nuns desterrados. Foi Francisco Franco, ala por mediados do mes de setembro do ano 1961, o encargado de inaugurar oficialmente o embalse de Prada, Cuarenta anos despois os que foran de Alberguería voltaron a reunirse para celebra-la festa da Asunción convertidos xa en centos.

Pulsando nas fotografías poden verse en grande.

O meu máximo recoñecemento a publicación mensual O sil do Barco de Valdeorras  a quen se debe íntegramente este traballo.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír