UN ANAQUIÑO DE HISTORIA.

       De momento (este foi o primeiro dato que metín na páxina www sobre Alberguería)  esto é todo o que atopei: un traballo que firma  A. Castro Voces do Barco que escribe o 18 de febreiro do 2001 no diario a Voz de Galicia un artículo sobre a Alberguería.

 

       Fago una reproducción completa do artículo. Espero que lles guste os amigos de Arxentina, Francia, España (Vigo, Barco, A Veiga, etc.)  que visitan a miña páxina. ( As fotografías son tamén recopilacións da zona, pero non figuraban neste traballo, salvo a de Sonia Pazos).

 

Alberguería, pobo asolagado polo Xares.

       As primeiras noticias escritas sobre a localidade aparecen a finais do século XIII nun documento do Tumbo Negro da Catedral de Astorga.

      O Concello da Veiga está formado por 29 pobos se ben ata hai uns anos tiña dous máis: Oleiros, que non sabemos cando desapareceu, e Alberguería que quedou asolagado o 9 de maio de 1959, polas augas do encoro de Prada, que aparece no mapa adxunto. A Alberguería é un toponimo derivado da voz gótica "horibairgo" que significa "alonxamento", utilizado para designar aqueles lugares onde había pousadas ou alberguerías. Son varios os pobos que reciben este nome en Galicia: na parroquía de Moraime, no Concello de Muxía; na parroquía de Cerreda, no Concello de Nogueira de Ramuin, e na Parroquia de Castro, na Estrada.

Fotografía de Sonia Pazos. Alberguería.

O pobo da Alberguería estaba situado na marxe dereita do río Xares, de superficie chan, rodeado de serras e cun clima moi saudable.

Encoro de Prada na Veiga ( Ourense). Pobo da Alberguería. Fotografía enviada dende Arxentina por Lily.

Na fotografía casi cuberto polo encoro.

Este é o artigo de A. Castro Voces.

do Barco.

------------------------------------------------------------------------

 

           As alberguerías acostumaban a estar situadas ás beiras de camiños ou lugares por onde pasaba unha senda ou unha ruta de camiñantes, xa foran arrieros ou segadores, onde habia unha casa que ofrecía pousada ou albergue. Neste caso, o pobo de Alberguería estaba no camiño medieval que dende Petín ía por Freixedo, Portomourisco, Outardecregos, Celavente, A Veiga cara ás altas terras da Provincia de Zamora.

Convenio.

As primeiras noticias escritas que temos da Alberguería aparecen a finais do século XIII nun documento de Tumbo Negro da Catedral de Astorga que se refire a un convenio entre Ramón de Ribiellas e o Bispo de Astorga polo que a Orde de San Xoán de Xerusalem daba a dito Bispo, entre outras cousas," el diezmo del heradamento que fue de Juan Arias que a la sazón tenía la alberguería y pertenecía a la Iglesia, que dejaría usar á S.I. sus sucesores Iglesia de Celavente de que solia usar dho Sor. Obispo según las cartas que sobre ello tenía..." .

 

Catastro de Ensenada

A mediados do século XVIII, segundo o Catastro da Ensenada, o pobo de Alberguería tiña  unha poboación de 57 veciños que vivian noutras tantas casas. Poboación semellante á de outras localidades como Carracedo con 55 veciños, Castromao e Ponte, con 59; Corzos con 62 ; ou Prada con 64. E lonxe dos 90 veciños que tiña Xares, dos 87 de Seoane ou dos 80 de Valdín, como nucleos máis poboados.  Os 57 veciños tiñan que soportar unha elevada carga fiscal  entre a que destacaba o que se pagaba ó Rei. Os veciños aportaban as arcas da coroa, 537 reais cada catro meses e que por ano supuña 1.611 reais, repartidos así. dereitos de Alcobalas 92 reais, Ciento, 142 reais e dereito de Sisa, Fiel Medidor e Carnes  208 reais.

A Igrexa tiñan que contribuir cos Diezmos, un cada dez dos froitos colleitados en grao, herba, liño e gando; Primicias que ascendían cada ano a 83 tegas de centeo e seis reais e maravedís; e o voto de Santiago, un imposto que se pagaba o Cabildo da Catedral de Santiago, pola festividade do Apostolo e que ascendía, un ano con outro, a 31 tegas e una maquila de centeo, pagando cada veciño seis maquilas de centeo, se traballaba cunha parella de bois e tan só tres maquilas si traballaba con media parexa.

Pobo de Alberguería no ano 1950.

Alto de Preboubo. Encoro de Prada. Debaixo deste encoro o pobo da Alberguería, do que estamos falando. Esta ínsula debera chamarse ínsula de Preboubo.

Encoro de Prada na Veiga ( Ourense). Pobo da Alberguería. Fotografía enviada dende Arxentina por Lily.

Na fotografía casi cuberto polo encoro.

         Eran un pobo eminentemente agrícola onde se producían: hortalizas como berzas e leitugas, tamén trigo, centeno, liño, herba, nabos e algunhas calabazas. En Prada, Pradolongo, San Fiz, Alberguería, Prada e Corixido colleitánbase algún viño. Para transformar a producción de cereal en pan e fariña había oito muiños de auga só que se lles regulaba unha producción anual de 1.450 reais.

Máis de cen muíños.

         Dos 137 muíños que había no Concello, tan só Valdín con 13, Seoane con 12, e Ponte con 8 , tiñan igual ou máis número destos curiosos artiluxios tan ligados o mundo rural galego. O excedente de producción agrícola medíase na feira do 26 na vila do Bolo, mentras na Alberguería había unha taberna e un estanco onde se podían mercar productos de primeira necesidade.

         O tabeiriño tiña regulado unhas ganancias de 780 reais ó ano o estanqueiro de 45 reais. Había un ferreiro e un zapateiro que ganaban catro reais por día. No ano 1849, Alberguería tiña unha poboación de 180 veciños que vivian en 140 casas que eran de granito na maioría dos casos, elevadas a unhas dez varas, todas dunha mediana distribución.

O río Xares por riba do pobo da Veiga. O río Xares é o que deu lugar o encoro de Prada. Un encoro rematado no ano 1959. Penso que é da empresa ENDESA, que por certo ten debaixo deste encoro outro chamado de  Santa Baia.

 

A industria reducíase a telares de lenzo, fiado do país e a agropecuaria.

      Alberguería  estaba dividido en "600 heminas de monte, 340 prados, 200 de regadio y 884 de secano destinado al cultivo de cereales y 50 de viñedo"., dicen os documentos que se conservan. Producía: centeno, patatas, castañas -das que tiña ata 4000 pes-, trigo e cebada mucha y buena yerba verde y seca, poco y mal vino, e algunha mel e cera.

        Criábase gando vacún, cerda, cabalar e lanar e había algunha caza e abundante pesca de "ricas truchas" . O correo recibíase na cartería local que dependía da administración da capital do partido. Os camiños eran veciñais e estaban moi mal coidados. Era de roda e ferradura e o que ía a Santa María do Bolo cruzaba o Xares por unha ponte de Madeira . A industria reducíase a telares de lenzo, fiado do país e algunhas derivadas da agrícola e a pecuaria. As augas do Xares, o encoro de Prada, no ano 1959, asolagaron as súas terras e a ilusión dos veciños que tuveron que fuxir do lugar.

Nota do autor da WWW : según me contan algunhas xentes deste lugar foron botadas sin recibir unha cadela...si esto é certo vaia vergoña...Dende logo a mín non me extrañaría nada.

 

A igrexa estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción.

 

Os rapaces en edade escolar ían a unha única escola -rapaces e rapazas- onde chegaban a xuntarse ata 135 nenos. O mestre tiña unha dotación anual de 600 reais, que lle pagaban os propios veciños.

A iglesia por dentro.

Imaxen da Virxen.

      A igrexa parroquial estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción e tiña por anexo a de Corixido. Era de mediana arquitectura y "bastante capaz" pero escasa de xoias e ornamentos. Dícese nos documentos da época que "perteneció a los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalem por cuya sacra asamblea se presenta al curato". O cemiterio estaba situado no adro da igrexa e había unha ermida adicada á Santa Cruz que estaba situada xunto a unha das fontes das que se abastecía o vecindario.

Pobo da Alberguería (Ourense). Este pobo está hoxe asolagado polo encoro de Prada.

        O pobo, situado na marxe dereita do Xares, descríbese como de superficie "llana y rodeado de sierra", ben ventilado polo este e o oeste, gozaba dun clima considerado "sano y muchos de sus naturales cuentan 90 y más años de vida" sendo as enfermedades máis comúns, as inflamatorias. Confinaba coas parroquias de : polo norte, con San Andrés de Prada, polo este con Santa María de Meda, polo sur con San Mamede de Castromarigo e polo oeste con San Martiño e Santa María do Bolo . O terreno estaba bañado e fertilizado polo rigueiro de Meda que desauga no Xares.

----------------------------------------------------------------

Hasta aquí o gran artigo de A. Castro Voces.

----------------------------------------------------------------

Este artigo irase complementando con todos os documentos e-mail etc. que reciba da Arxentina e por suposto de Ourense ou calquera lugar que sepan algo , ata facer un traballo que recobre a memoria dun pobo de Ourense asolagado , eu penso que humillado por un encoro que seguro os botou fora da súa terra e do seu lar sin un can.

Espero lle guste a idea a xente deste pobo  que vive na Arxentina, e por suposto o resto de veciños espallados por Francia, Suiza e España ( Cataluña, Valencia, Asturias e Galicia (O Barco, A Veiga, Vigo e Ourense)).

Dende Ourense un saudo de S. Lorenzo. 

----------------------------------------------------------------

----------------------------------------------------------------

 

Notas aclarativas:

A iglesia de Alberguería está actualmente no pobo de Vega de Cascallana (por riba do Barco de Valdeorras, pola estrada nova a Ponferrada) polo menos a ese pobo foi onde levaron as pedras e demais elementos.

Esta era a Iglesia. Hoxe en Cascallana pero non é a mesma. Outra fotografía da iglesia.

      Sobre o pobo de Oleiros decir que tuvo que desaparecer aló por 1880 - 1885. A explicación é a seguinte: A mai de Obdulia Paradelo, a Sra. Margarita, morreu o 28-12-1936 e tiña nada menos que 61 anos, osea naceu no 1875. Supoñendo que tuvera entre 5 e 10 anos cando ela lembraba que "levaba a pastar as vacas nun lugar que posteriormente en Alberguería chmábase Oleiros. Conta que había algunha casa e nunha delas unha señora que se chamaba a Tía Carmela, que por certo cando facía frío a invitaba a que fora quentarse no lume da casa". Traducindo o pobo de Oleiros desapareceu despois de 1885.

 

Posteriormente xa me fun documentando coa historia deste pobo, hoxe xa se pode aportar moitos máis datos que resumo nestes links:

  Datos sobre a historia de Alberguería.

Prehistoria-Castros Romanización Templarios: Siglo XIII
Realengo:Siglo XVI Independencia: 1809      Madoz: 1850   
Hai que marchar: 1958   Franco inaugura o encoro 1961 1960:Lembrando as barbaridades
Os cregos Os médicos A Mestra

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír