Apuntes históricos sobre A Veiga e polo tanto:

  Alberguería anos 1931-1959.  

(Feito por  Secundino Lorenzo Fdez. (webmaster da web de Alberguería))

 

Libros utilizados no traballo;  con fondo do Guernica de Picaso. Unha gran traxedia.

 

Ver o traballo

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

APUNTES HISTÓRICOS A VEIGA

( ALBERGUERÍA)  1931-1959

Alegoría da 2ª República.

Libros utilizados no traballo con fondo do Guernica de Picaso. Unha gran traxedia.

Franco victorioso como Cesar romano. Propio da época.

No que sigue poño un resumen da historia de A Veiga,  e polo tanto da historia de Alberguería,  entre os anos  1931, 2ª República,  e 1959, ano no que Alberguería desapareceu baixo as augas do encoro de Prada.

Utilizo, entre outros, os seguintes libros:

.-O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II república e o Franquismo (1931-1977) de Félix García Yáñez. 2005

.-Ourense, 1936-1939, alzamento, guerra e represión de Julio Prada. 2004

.-Alzamiento y Guerra civil en Galicia (1936-1939) tomos  I  y II. Carlos Fdez. Santander. 2007

.-A Gran historia de Galicia. "República, Guerra civil e Franquismo"  escrito por Xosé Ramón Barreiro. 2007.

A Veiga (Alberguería)  nos anos 1931-1959

 

Reseña dos autores dos libros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A VEIGA (ALBERGUERÍA) na etapa 1931-1959

  Os comenzos. Dende a proclamación da República 14/04/1931 ata 1936.

  A Frente Popular -1936.

  Fracaso da república?

  O alzamento na provincia de Ourense. 18 a 25 de xullo 1936. O alzamento na Veiga.

  A represión na Veiga despois do 25 de xullo 1936.

  Represión paralegal e os asasinatos

  A depuración de funcionarios e a represión económica.

  Funcionarios de xustiza                     Mestres.

  Ferrocarriles, médicos e outros.         Represión económica.

 Tribunal  de responsabilidades políticas

Algunhas estadísticas. Os mortos oficiais en Galicia e en Ourense.

Que foi da Veiga e de Alberguería dende 1944 ata 1959.

Anexos: ATEO na Veiga      Memorias de A. Ortega  Prada            Bibliografía 

            Datos internet-2011:               Buscador de A Veiga: "paseos"           Memoria histórica. Datos.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os comenzos. Dende a proclamación da República 14/04/1931 ata 1936.

Félix García Yañez.

(...)"A proclamación da República  foi acollida cunha grande euforia popular en Valdeorras. Producíronse manifestacións espontaneadas de xúbilo nas vilas máis  grandes da comarca:  o Barco, Vilamartín, A rúa, Petín.

    A nacente República  articulouse , no medio do entusiasmo popular, sobre unha base liberal e democrática que se propuña a modernización  e a ruptura co pasado, no contexto da grave  depresión económica  producto do afundemento  da bolsa de New York en outubro de 1929, que lle afectara moi duramente  ao sistema capitalista mundial. Nesa dificil conxuntura  as reformas político-sociais  que impulsou a República,   foron combatidas dende os grupos  tradicionais de poder , considerados o tempo excesivamente tímidas  e lentas polos sectores populares. En función deses  condicionamentos  os anos republicanos  desenvólvense  no medio de grandes antagonismos sociais" (...)

Coa república abriuse un período de esperanza no conxunto do Estado Español, cunha democratización moi amplia, con moito progresismo, vanse recoñecer as libertades individuais e colectivas, e vamos ter, por primeira vez na nosa historia un sistema político pluralista. Con moitos defectos tamén e algunhas inxenuidades que veremos máis tarde...

No  período 1931-36 os concellos foros chamados as eleccións dúas veces. O 12 de abril de 1931 (eleccións municipais os Concellos), que ademais foi un referendo da monarquía; ganaron as candidaturas republicanas e a familia real tuvo que marchar o exilio, con esa marcha ao exilio o día 14 de abril constituíuse en Madrid o primeiro goberno da Segunda República. Na provincia de Ourense ganaron os monárquicos. Na capital botouse republicano. Ante as moitas reclamacións que houbo, o novo poder republicano,  anula as eleccións na provincia de Ourense e convoca novas eleccións. Mentras tanto nombráronse comisión xestoras nos concellos que tuveron algún que outro problema. Nas novas eleccións, que se fixeron en xuño de 1932,  sairon concellos republicáns.

Sacado do libro Alzamiento y Guerra civil en Galicia (1936-39) tomo I

  Capital Provincia
La Coruña 34 republicanos

2 liberales

3 monárquicos

1 socialista

383 monárquicos

439 republicanos

40 socialistas

2 comunistas

166 sin especificar

Lugo 21 monárquicos

3 republicanos

4 socialistas

440 monárquicos

249 republicanos

8 socialistas

64 sin especificar

Ourense 6 republicanos

4 socialistas

88 monárquicos

200 republicanos

481 otros (mayoría de Calvo Sotelo)

Pontevedra 9 monárquicos

7 republicanos

7 agrarios

2 socialistas

2 comunistas

292 monárquicos

170 republicanos

48 socialistas

2 comunistas

141 otros (Mayoría agraria)

Fonte A Voz de Galicia 14/04/1931

Observar que en Galicia as candidaturas monárquicas triunfan,  debido o predominio dos caciques, nos pequenos nucleos de población, e perden nas ciudades, salvo Lugo. Nestas eleccións xa concurriron o PSOE o PCE e o PG (Partido Galegista montado en 1931). En realidade a adaptación das élites locais as novas situacións resultará  incrible o longo dos anos...

Os concellos sempre estuveron marcados por orzamentos moi deficitarios. Tiñan claras dúas cousas, unha era loitar contra o analfabetismo e outra facer unha política de creación de infraestructuras e así tamén combatir o paro que era moi grande naquel momento. Ourense partía en 1930 cun 45,7% de analfabetos. Na comarca de Valdeorras a porcentaxe pasaba do 60%. O goberno da República converteu a educación no primeiro obxectivo. Así abríronse moitas escolas na comarca, o Barco por exemplo contaba xa con 132 escolas rurais, delas setenta e dúas de nenos e mixtas; tamén se conseguiú, de palabra,  un centro de estudios secundarios para o Barco, en realidade un colexio subvencionado de ensino secundario; este centro foi derogado posteriormente.

Nas eleccións de xuño de 1931 as cortes  constituintes,  a dereita  cosecha un fracaso absoluto, realmente soio hai o diputado José Calvo Sotelo, sin etiqueta de partido e que sae por Ourense.

Nestas eleccións concurren forzas republicanas galegas como FRG (Federación Republicana Galega; de ideoloxía republicana autonomista) e da que forman parte grupos como ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) e o partido Radical. PRRS (Partido Republicano Radical Socialista; republicano, anticlerical, pacifista, socialista no marxista). DLR (Derecha Liberal Republicana).

LA CORUÑA PARTIDO VOTOS
Santiago Casares Quiroga FRG 88.470 v
Antonio Rguez. Pérez FRG 75.498 v
Ramón Beade Méndez PSOE 69.164 v
Salvador de madariaga Rojo FRG 68.783 v
Alejandro Rguez Cadarso FRG 68.741 v
así ata 16 a maioría do FRG,  PSOE e ind.    
LUGO    
Ubaldo Aspiazu Artazu. P. Radical 57.485 v
José Lladó Valdés Ind. 53.852 v
Enrique Gómez Jimenez D.L.R. 51.709 v
Luis Recasens Sitges D.L.R. 49.424 v
Gerardo Adad Conde P. rad. 48.660 v
Asi ata  10, resto P. Rad, FRG e ind.    
OURENSE    
Luis Fábrega Coello P.Rad. 31.039 v
Basilio Álvarez Rodriguez R. Agrar. 29.679 v
Ramón Otero Pedrayo FRG 24.704 v
Manuel Martínez Risco Acc. Rep. 23.380 v
Alfonso Pazos Cid PRRS 23.074 v
Así ata 9 P. Rad. PSOE e ind    
PONTEVEDRA    
Emiliano Iglesias Ambrosio P.Rad. 45.000 v
Enrique Heraclio Botana PSOE 43.000 v
Alejandro Otero Fernández PSOE 42.000 v
Manuel Varela Radío FRG 41.000 v
Joaquín Poza Juncal FRG 40.000 v
Así ata 11 FRG, PSOE,  R. Agra e Grup. Galle. (Castelao)    

Mentras tanto a dereita,  que había sufrido unha derrota,  organízase sobre todo en Ourense, onde "segue  a apostar pola vella política de influencia caciquil", para elo emplea os lazos de notabeis locais. Comenzan con "Union Orensana de dereitas" para rematar integrándose  na CEDA. A maioría da xente que se integra son comerciantes ou grandes propietarios agrarios. Tamén antiguos políticos que participaran nas etapas anteriores.

Outro mecanismo co que contan é a traveso do aparello xudicial dos secretarios municipais. Os funcionarios proviñan de organismos creados pola dictadura de Primo de Rivera. Agora a súa misión é obstaculizar tremendamente a vida normal dos concellos e dende logo que o consiguen xa que as leis siguen vixentes, estatuto municipal de 1924, e nela teñen moitas atribucións de control e intervencionismos.

Os lios son grandísimos e o avance, dos concellos que gobernan os republicanos,  nulos.

Coa dereita xa organizada veñen as segundas eleccións lexislativas da República en novembro do 1933. Quen gaña é o Partido Radical e o "Frente único de Dereitas". Houbo un pucherazo fino de cambio e falsificación de papeletas.

Resultados eleccións novembro 1933, onde gana ampliamente a dereita.

Sacado do libro Alzamiento y Guerra civil en Galicia (1936-39) tomo I

La Coruña PARTIDO VOTOS
Benito Blanco Rajoy CEDA 146.398 votos
Felipe Gil Casares CEDA 137.118 v.
Emilio Glez López PRG 121.166 v
Angel Aperribay y Pita IND 120066 v
Eduardo O´shea Verdes IND 117.369 v
José Calvo Sotelo Ren, Esp 114.252 v
........    
Lugo    
Manuel Becerra Fernández P. Radical 83.148 v.
Enrique Gómez Jimenes P. Rep. Cons. 80233 v
Gumersindo Rico González P. Radical 79.195 v
Angel López Pérez CEDA 76.538 v
............    
Ourense    
José Saavedra Morales Renov. Españ -- v
José Calvo Sotelo Renov. Españ --v
Basilio Álvarez Rguez. P. Radical 80021 v
Julio Villanueva Gómez P. Radical 77284 v
............    
Pontevedra    
Emiliano Iglesias Ambrosio P. Radical 77.529 v
Alfredo García Ramos Independiente 68050
Severino Barros de Lis CEDA 67.280 v
Victor Lis Quibén CEDA (Renv. españ) 67111 v
.........    

CEDA: Confederación Española de Dereitas Autónomas (Alianza  de partidos de dereita de ideoloxía clerical conservadora). RN, Renovación Española (Partido de dereitas de ideoloxía partidaria da monarquía)  é o partido de Calvo Sotelo. En el PR (Partido Radical; de ideoloxía anticlerical pero situado no centro-dereita, inda que si estaba coa república), Partido Radical está o cura ourensán Basilio Álvarez e vai ser un dos grupos galegos máis grande no congreso. Normalmente forma coalición con outros como republicanos conservadores e con independentes.

Curiosidade: por Pontevedra saldrá como diputado polo Grupo Galegista Alfonso Rguez. Castelao.

 

      Está claro que a esquerda tuvo moi malos resultados... A partir de aquí vanse dar cambios nestes partidos, xa que os que colaboran coa dereita desaparecen e vanse reagrupar en dous bloques a Unión Republicana e a Izquierda Republicana que xunto o PSOE e o PCE serán os que formen o Frente Popular en 1936.

      Estos novos gobernos, gobernos de dereitas salidos das eleccións de 1933,  desmontaron todo o feito polo goberno da lexislatura anterior. Tamén intentaron controlar os secretarios, con incidentes en concellos como O Barco, A Rúa , A Veiga e Rubiá. Nestas loitas entre secretarios e os  novos partidos houbo repercusións posteriormente, xa que moitos foron "paseados" , cando o golpe militar de 1936, concretamente mataron os secretarios dos concellos de A Veiga, Rubiá e Larouco; no Alto de Covelo concretamente.

     A estas corporacións, moitas delas cambiadas polo Gobernador civil da provincia   por diversas razóns,  tocoulles vivir  dous grandes conflictos: a folga xeral do Agro en xuño de 1934 e o segundo foi a revolución de octubre de 1934 que na Comarca de Valdeorras se vive con especial intensidade dada a proximidade coas zonas mineiras Astur-leonesas. O lio foi incrible coa actuación do exército, moita xente arrestada e moitos incidentes. Houbo moita represión e incluso algúns desterros.

Volver índice

 

A Frente Popular -1936.

     As eleccións de febreiro de 1936 ían ser decisivas por varias razóns: a esquerda (PSOE, PC e as forzas sindicais, máis Esquerra de Cataluña), saben que de triunfar as dereitas, alterarán radicalmente o modelo de República por vía legal, sin recorrer á violencia toda vez que dacordo co texto da Constitución ao pasar catro anos so se requería o 51% dos diputados e non os 2/3. Agora cumplíanse os catro anos. E viceversa coas dereitas. Por eso a organización dos grandes bloques buscando as maiorías. O centro nada de nada por eso os partidos obtaron por un ou outro bloque. Frente Popular  e Bloque Nacional.

    En Galicia tamén houbo estos dous grandes bloques e a maiores o Partido Galegista que despois de moitas reunións o final decántase polo Frente Popular inda que hai un grupo que monta a Dereita Galeguista (Risco, Otero Pedrayo e Filgueira Valverde).

As alianzas quedan así:

Frente Popular: Esquerda Republicana, PSOE, UGT, Partido Galeguista, Unión Republicana, Agrarios de esquerdas, Partido do Centro e Partido Comunista.

Bloque Nacional ou Bloque Contrarrevolucionario: CEDA, Renovación Española, Agrarios de Dereitas, Independentes.

Neste caso non se presenta o Partido Radical de Alejandro Lerroux debido a cantidade de casos de corrupción, por estraperlo,  nas súas filas. Basilio Álvarez foille fiel ata o final.

     Celebradas as seleccións en febreiro de 1936. deron unha vitoria clara e contundente á Frente Popular, que ganou en toda Galicia menos en Ourense. O Frente Popular gañaron as eleccións en España por una diferencia de 150.000 votos. De feito o Frente Popular gañou en tódalas cidades de máis de 150.000 habitantes, gañou en 37 provincias. O sistema primaba as maiorías.

Resultados eleccións Febreiro do 1936:

EN ESPAÑA:

ESPAÑA Frente Popular Bloque Nacional Centro
  257 dep. 139 Dep. 57 dep.

EN GALICIA:

CORUÑA Frente Popular: 13 Bloque Nacional:4
  Esquerda Republicana  6 deputados (Santiago  Casares, José Calviño, Victorino Veiga....)

Partido Galeguista 2 (Ramín Suárez e Antón Villar Ponte)

Unión Republicana 2 (José Miñones, José García Ramos).

PSOE 3 (Ramón Beade, Edmundo Lorenzo, Pedro Longueira)

Unión Rexional de dereitas (CEDA) 3 deputados. Benito Blanco-Rajoy, Jose maría Gil, Felipe Gil

Independiente 1 Luis Cornide.

LUGO Frente Popular: 7 deputados Bloque Nacional 3
  Partido de Centro Democrático (de Fronte Popular) 4 (Manuel Becerra, Armando Peña-Maria, Virgilio Fernánez, Ramón Fernández)

Esquerda Republicana 2 (Roberto Ouro e José María Díaz)

Unión Republicana 1 Ricardo Gasset

CEDA 1 José Benito Pardo

Agrario de Derechas 1 Luis Rguez de Viguri

Partido Republicano Conservador 1 Enrique Gómez.

 

OURENSE Frente Popular: 2 dep. Bloque Nacional: 7
  Unión Republicana 1 Alfonso Pazos Cid

Esquerda Republicana 1 Manuel Martinez-Risco

CEDA 3 dep. ( Luis Espada, Laureano Pelaez, Ramón Villarino)

Renovación Española 3,  José Calvo Sotelo, José Sabucedo, Andrés Amado.

Partido Agrario Conservador 1, Antonio Taboada.

PONTEVEDRA Frente Popular : 11 dep. Bloque Nacional: 2 dep.
  Esquerda Republicana 3 dep. Bibiano Fernandez, Alejandro Viana e Elpidio Villaverde.

PSOE 3 dep. Amando Guiance, Ignacio Seoane e Antonio Bibatua.

Partido Galeguista 1, Alfonso Daniel Rguez Castelao.

Unión Republicana 1 dep, Celestino Poza.

Afrario de esquerdas 1 Antonio Alonso

PC 1 dep. Adriano Portela

Partido Centro Democrático 1 Manuel Portela Valladares

CEDA 1 dep, severino Barros

Renovación  Española 1 Victor Lis.

Fonte A Gran Historia de Galica, República, Guerra Civil e Franquismo.Xosé Ramón Barreiro.

A min chámame moito a atención o ocurrido na Provincia de Ourense; ver o que escriben algúns historiadores.

Félix García Yáñez:

(...)"As actas da Provincia de Ourense, salferidas de  infinidade de  denuncias, provocan unha grande  polémica parlamentaria  na Xunta Electoral Central durante o trámite de validalas. Chegouse a debater na comisión a posibilidade de  anulalas e volver a repetir as eleccións na provincia. Á fin aceptaronse  os resultados globais  provinciais co argumento, asumidos polos representantes da esquerda, esgrimidos por Azaña e por Indalecio Prieto, lider do Partido socialista, de non poderen deixar sin escano parlamentario o lider da dereita  antirrepublicana  José Calvo Sotelo , que encabezaba a lista do Bloque Popular na provincia. Así e todo anúlanse  106.000 votos  por fraude e irregularidades  nas actas remitidas. Soamente se aceptaron  60.000 votos dun censo electoral  composto por 220.000 electores.

   O resultado asumido foi que dos nove diputados  que se elexían na provincia sete correspondéronlle á maioría , da lista do Bloque Nacional, entre eles José Calvo Sotelo, e dous a minoria , da candidatura do Centro. Posteriormente  asígnalle  un dos escanos do centro o Partido Radical que presentara una lista propia na provincia.

  En contraste co resto da provincia  a terra de Valdeorras vota maioritariamente polo Frente Popular. Esta victoria  concretouse principalmente  nos municipios de Vilamarín  e o Barco; nalgunhas mesas da Rúa, Carballeda, A Veiga e Rubiá. Na Veiga suspendéronse as eleccións por mor do mal tempo reinante e fixáronas para o día 20 de febreiro. Neste concello, e máis nos da comarca veciña de Viana, efectuaronse unha morea de reclamacións por fraude."(...)

     As eleccións de febreiro de 1936, han supoñer o cambio novamente das corporacións municipais, de feito o Goberno do Frente Popular convocou eleccións municipais para o 12 de abril, evidentemente querían que a nova lexitimidade democrática afectase os gobernos locais. Así os gobernadores civiis seguindo o feito en 1934 destituen as corporacións existentes de obediencia radical e cedista e repoñen nos seus cargos os de 1931. Onde non é posible nombran comisións xestoras.

Félix García Yáñez:

(...)"Na Veiga forman a xestora o día tres de marzo. Nomean alcalde a Manuel García Rguez.. Acompáñano  na corporación  homes procedentes na súa maioría  das aldeas do municipio: Basilio García, Ventura Ramos, Adolfo Lameiro, Francisco Prieto, Magín Rodríguez, Avelino Porto, Domingo Rodríguez, Eliseo Cotado, Manuel Seoane,  Clemente Fernández, Benjamín Macias e máis Sofía Pérez." (...)

    Este período de goberno na comarca do Frente Popular é moi conflictivo e os enfentamentos son constantes, dende folgas que intentan forzar  a legalidade, incautacións, ocupacións e repartimentos de propiedades da Iglesia por exemplo. A comarca regresan, máis mentalizados, todos os que foran expulsados en 1934, que neste caso foron amnistiados, como había prometido na campaña, o Frente Popular. O 18 de maio feren na Rúa a tres falanxistas da localidade e a Guardia Civil detén os culpables. Estos e outros conflictos fan que  as corporacións locais se vexan desbordadas. Por outra banda na comarca crecen os Falanxistas; a Falanxe é posteriormente ilegalizada debido a súa táctica  terrorista  como  resposta  a situación provocada  pola derrota electoral do Bloque Nacional.  De tódolos xeitos os falanxistas seguiron actuando en multitude de lugares.

    Posteriormente, pasados os anos, este aumento da Falanxe atribuese, no longo franquismo, a unha contestación ou aumento na comarca do PC. A verdade que un análisis a fondo do tema desmonta esta teoría totalmente; resumo o análisis feito por Félix Yáñez no libro que utilizo de bibliografía: o PC tiña en xullo de 1936,  7.500 afiliados en Galicia, no seu punto máis alto. En Ourense 3.000, unha boa parte no Barco. Estos estaban a militar nos sindicatos agrarios nos Concellos de a Rúa, Vilamartín e o Barco. Tamén en A Veiga, onde había un Sindicato Agrario de Xares, do que foi secretario Alfonso Ortega, chegaron a ter  800 afiliados na comarca (esto é un engadido meu). Na zona tamén había os obreiros que estaban a construir o camiño de ferro entre Zamora e Ourense, tamén moi organizados. O PC, que prácticamente non aparecía nas eleccións de 1933, tuvo nas de 1936,  798 votos na Veiga, 846 no Barco, 188 en Carballeda, 359 na Rúa, 387 en Rubiá e 694 en Vilamarín. A súa influencia iba en aumento entre os traballadors da UGT en detrimento do PSOE. Con todo a súa influencia electoral foi moi pequena ou insignificante, nas eleccións de 1936 soio consigue un acta de deputado en Pontevedra. Estos son os números. O desenvolvemento da Falanxe na comarca non veo marcada por estos números que aquí figuran e que son minúsculos, inda que por suposto moi activos na comarca,  o seu desenvolvemento débese " o grande desenvolvemento societario de todo tipo que o ambiente político da República propiciaba e que puña en peligro as tradicionais redes de poder en que se asentaba a dereita tradicional".

    A única votación que hai neste período é o plebiscito do estatuto de Galicia. Na súa propaganda traballou casi en exclusiva o Partido Galleguista.  O estatuto votouse o 28 de xuño de 1936. Moita xente opina que os resultados están abultados, por non decir outra cousa...Hai estudios, por exemplo no Barco, entre outros de Mirita Moreta que concluen que existiu un fraude xeneralizado a gran escala, cousa que deduce do análisis das actas...

    Por suposto os partidos do Frente Popular estaban dunha ou doutra maneira comprometidos con levar adiante o estatuto. Os membros do Bloque Nacional interpretaron que o Estatuto non era obra súa senón dos seus inimigos. CEDA estaba en contra, Calvo Sotelo recomenda o voto en blanco, cousa rara... Calvo Sotelo estaba xa noutra cousa...

    De tódolos xeitos seica a campaña publicitaria foi marabillosa, pero había xente en contra incluso diarios como La Región de Ourense, El Ideal Gallego o La Voz de la Verdad de Lugo estaban totalmente en contra, entre outros.

Pese o anterior o estatuto saiu adiante cunha chea de votos incrible:

 

ESTATUTO GALEGO 28/xuño/1936      

Censo de electores:

 1.343.135

Votos válidos:

1.000.963

Votos afirmativos

993.351

Votos negativos:

6.161

Votos en branco:

1.451

 

    Posteriormente o 15 de xullo foi entregado nas Cortes e o 17 do mismo mes entregábase a Manuel Azaña, o presidente da República o texto, Fixo a presentación Castelao. Ese mismo día regresaron no tren a Galicia Castelao, os comisionados e diputados, nun tren que  a moitos deles os levou a morte. Ese mismo día iniciouse en África o alzamento militar contra a República.

Félix García Yáñez:

(...)"Este referendo agrava as tensións políticas e radicaliza aínda máis os elementos progolpistas.  A dereita presentaba a situación do país como a punto de caer no caos e a anarquía. Partillaban o lema de Calvo Sotelo pronunciado no Congreso "prefiero una España roja antes que una España rota". E incrementou o terrorismo para propiciar a intervención definitiva do exército"(...)

     Esta situación levou a creación de grupos de violencia e a moitos enfrentamentos así son moi coñecidos o asasinato dun mozo comunista na Praza do Trigo en Ourense; a morte de dous comunistas na rúa do Paseo nas festas do Corpus; a morte dun militante da Falanxe na Casa Grande de Viloira; campañas de meter medo de todo tipo. Moitos ingresaron no cárcere tanto de un como de outro bando pero as cousas seguiron moi mal...

     Lendo o anterior e profundizando un pouco nos eventos que transcurriron en España dende 1931 coa segunda república ata o alzamento do 18 de xullo de 1936 chega un a conclusión de que os españois dun e doutro bando non demos a talla,  a II República colleunos sin formación e moi pouca xente creeu nela, eso si houbo grupos grandes que a colleron moi seriamente como moitos intelectuais e moitos mestres (que mal lles pagaron), non foi o caso por suposto da dereita e do gran capital que sempre lles molestou. Lastima moito observar como dentro da esquerda sempre se puxeron zancadillas entre eles e casi nunca houbo unión e arrimar o hombro para consolidar o conquistado, houbo tamén moita inxenuidade e así lles foi...;  e a dereita,  e máis naqueles tempos nos que comenzaba a estar de moda o fascismo, como demostraba a irrupción exitosa en Alemania e italia,  non soupo e non quixo respetar a legalidade vixente. A guerra civil entre todos nos,  penosa e impresentable como tódalas  guerras;   as represalias dos vencedores, non teñen nome...

Volver índice

 

    Fracaso da república?

Xosé Ramón Barreiro Fernández:

    (...)Hai palabras ou xuízos que comportan tal carga emocional que recomendan un uso moi selectivo das mesmas. Lembro unha conferencia que pronunciei na Coruña con este título e puiden percibir entre ó público, sobre todo entre o público do republicanismo superviviente, o rexeitamento máis firme  a tal valoración da República. Privadamente, un asistente confesoume que despois de estar 18 anos no cárcere non podía tolerar que se falase do fracaso da República, porque era como recoñecer que a súa vida fracasara tamén.

  O profesor Aróstegui, cuia obra nos serve de base para esta reflexión, rexeita a utilización da palabra "fracaso":

   En modo alguno es una buena explicación concluir que la Guerra Civil de 1936-1939 consumó, supuso o acarreó el fracaso de la República. En historia la palabra fracaso carece de cualquier cualidad explicativa. Una pretendida explicación sobre esta base es un sin sentido en el que no caeremos aquí.

    Tan firme rexeitamento do admirado investigador da Guerra Civil, que el mesmo non segue porque páxinas máis adiante  refírese ao fracaso da República, indícanos a cautela que é preciso ter para facer unha valoración da República.

    Nós non temos tantos reparos, confesámolo, nin estimamos que o concepto de fracaso referido a unha solución política sexa un sensentido histórico. O que sucede é que a utilización da palabra ou do concepto, sen precisalo, pode favorecer unha visión apoloxética do golpe de Estado e do réxime franquista, erro no que, por suposto, non incorreremos.

    Comecemos, pois, dicindo que fracasara ou non a República, nunca xustificaría o Golpe de Estado nin a barbarie dun réxime ilexitimo. A república puido ser substituída ou rectificada por outro réxime político. Tamén é posible que se á república se lle dese tempo, ela mesma, na medida en que consta que estaba enraizada no pobo, podería buscar solucións, ensaiar rectificacións ou mesmo dar un paso a outro réxime democrático.

  Suposto isto, tamén debemos recoñecer que a República foi incapaz de presentar un modelo (económico, social e político), é dicir, un modelo de República capaz de exercer a hexemonía social. Nas primeiras eleccións non se botou un modelo de República, porque aínda non existía, senón a República. Nas segundas, a sociedade valorou negativamente o modelo reformista (presentado por Azaña e o socialismo, protagonistas do Primeiro Bienio) e nas eleccións da Fronte Popular votouse non só a supervivencia da República senón ademais un afondamento do modelo social e político.

   Por conseguinte, o reformismo azañista, que pode ser considerado o eixe vertebrador do modelo republicano, foi incapaz, sen o apoio socialista, de formular un modelo propio. Pero o socialismo, estaba escindido entre dúas faccións, unha máis posibilista (a liderada por Prieto) e outra máis radical (a liderada por Largo Caballero) e as dúas se sentían incómodas en apoiar un reformismo afastado do proceso revolucionario tal e como o denunciaban os anarquistas, e outros grupos de esquerda. A negativa do PSOE a gobernar durante todo o período da fronte Popular, a pesar dos requerimentos feitos, demostra esa incomodidade e o seu distanciamento con respecto ao modelo de República vixente.

   Por eso a Constitución resultou un híbrido de carácter reformista con impregnacións revolucionarias, comenzando polo seu artigo I.

    A reforma militar de Azaña, o primeiro grande intento  por someter o exército ao poder civil, pecou de inxenua. Fóronse os oficiais de honra e quedaron, vivindo do erario público, os conspiradores e os traidores. É decir, un fracaso.

   A política en materia eclesiástica non tivo en conta que os procesos de secularización requiren tempo e condicións obxectivas, que naquel intre non se daban. Secularizar o ensino sen ter previstos os cadros de mestres e sen edificios acondicionados supoñía provocar un conflito social sen precedentes. Expulsar os xesuítas de España, privándoos dun dereito fundamental, baixo a capciosa razón de que dependían polo cuarto voto dun poder político alleo, era un disparate xurídico e político.

   Publicitar a idea dunha reforma agraria sobre os latifundios e logo paralizar o proceso ou ralentizalo por falta de presupostos, foi un fracaso.

   Non garantir o control da orde pública afrouxando voluntariamente os mecanismos de coerción social para evitar enfrontamentos cos socios políticos, resultou tamén unha política errada.

    Finalmente, non depurar os cadros das forzas de orde pública da policía e da garda civil, prescindir ou non prestarlles a debida atención aos servicios de intelixencia, revelan unha concepción inxenua da política.

   Non fracasou o sentimento republicano, que se puxo de manifesto na fidelidade á República durante a longa Guerra Civil, pero si fracasaron os encargados de facela viable, de garantir a súa continuación, porque a primeira función de todo réxime democrático é preservalo para o futuro." (...)

Volver índice

 

O alzamento na provincia de Ourense. 18 a 25 de xullo 1936.

O alzamento na Veiga.

     O alzamento en Ourense sigue as pautas do resto de Galicia: protesta da xente que quería defender a República, petición de armas por parte dalgúns para facer esa defensa;  indecisións e dudas dos  representantes do goberno central; resolución e decisión dos militares sublevados (que tiñan as cousas xa preparadas dende facía tempo...), e que rematan dando armas  á Falanxe e outros grupos que apoian a rebelíón,  e final,  relativamente rápido,  debido a negativa, en xeral, de armar o pobo...

    En Ourense cidade e provincia o encargado é o comandante de infantería José Ceano Vivas. Este acaba vertebrando ao redor os alementos máis radicais da dereita antirrepublicana: falanxistas, carlistas, membros da CEDA e de Renovación Española.

    En Ourense cidade vai a ser o día 20 de xullo, dous días despois (realmente esperaron a que caira a Coruña e Ferrol onde houbo bastante resistencia...) cando se deciden os militares a tomar o poder con todas as consecuencias. Así prenden o gobernador civil, Gonzalo Martín (que pretendía resolver a situación dende o seu despacho de Ourense por vía telefónica), e finalmente marchan,  para manter este estado de cousas,  sobre a provincia para someter a resistencia que houbo en Maceda, no Val de Monterrei, na Gudiña, Ribadavia, Celanova  e na comarca de Valdeorras.

     O gobernador,  Gonzalo Martín, deu órdenes de manter a calma e tomar medidas así como tamén contar coa Garda Civil, que finalmente se uniría o alzamento. En principio, a Garda Civil non pensaba sublevarse, cousa que fixeron despois. Ademais da caída do gobernador civil en Ourense, formouse un grupo de gardas civiis e falanxistas que dende Petín trasladáronse ata o  Barco o día 21 de xullo; tuveron algunha resistencia en Villamartín,  pero seguiron ata o Barco que nos días seguintes viu como se  iniciou a represión, e se enchían as cárceres habilitadas  de xente que se mantiña fiel a República ou era afín as súas ideas.

   Decir que nos primeiros meses do alzamento foron continuos os "paseos" de xente afín a República e sobre todo de mestres,  en particular da Asociación ATEO,  que estaban todos eles por outro tipo de enseñanza máis acorde cos tempos. Realmente lamentable leer as mortes día si e día tamén de tanta xente, resulta incrible...Tamén as depuracións de funcionarios, mestres, médicos e outros profesionais estuveron a orden do día.

Julio Prada Rodríguez.

(...)"No concello de A Veiga, o máis afastado do partido, a resistencia adquire uns caracteres propios que o diferencia claramente do resto da comarca. Como en tantos outros municipios da provincia son mestres como Raimundo Rubio Nieto, correspondente de El Liberal de Madrid, Luís Pérez Martínez, Roberto Panero Fernández, e Camilo Palmeiro Fernández, este último asesinado na Ponte do Bibei, os primeiros en difundir as ideas republicanas  e laicistas. Aínda máis decisiva vai ser  a fundación no ano 1931  da moi activa Sociedade Agraria de Xares grazas o labor dun grupo de homes, daquela próximos o PSOE, arredor dos que xirará boa parte da vida política local durante a república. Durante a etapa da Frente Popular acentúase a súa radicalización, exemplificada no control que da misma exercen homes como o secretario Alfonso Ortega Prada, que a emprega como plataforma para acceder a un posto de oficial do concello, en conivencia co alcalde Manuel García Rodríguez, José Lameiro e, sobre todo, Clemente Fernández Vidal. Este último estaba considerado como o "xefe supremo do marxismo" no concello a raíz do seu nomeamento como delegado gubernativo para proceder á destitución da corporación dereitista. a nova xestora constituiuse o día 3 de marzo de 1936, aproveitando daquela Fernández Vidal para desprazar do cargo de secretario a Juan Antonio Ervigio Cuadrado Tato, a quen se acusaba de colaborar co caciquismo local.

   A medida que avanza a primavera estos directivos, que segundo as estimacións da Garda Civil representaban  a uns  cincocentos afiliados -oitocentos segundo a Comisaría de Investigación e vixilancia-, atópanse cada vez máis en disposición de controlar a vida política municipal ata o punto de se impoñer sobre o comité de IR. Emilio Díez Hernández, cabo do posto de A Veiga afirmaba referíndose ó mandatario municipal que "ejercía influencia en IR en un principio, si bien últimamente, ya antes del Alzamiento Nacional, fué (sic) "arrastrado" por la Sociedad titulada "Agraria de Xares" de filiación socialista y marcado carácter extremista". As actas municipais do concello, case sempre tan asépticas, tamén deixaron a súa pegada deste proceso, como na sesión do 10 de maio, na que se aproba que o recaudador municipal dará conta en vintecatro horas da súa xestión diante dunha comisión da que formaba parte Alfonso Ortega, "asesor contable y hombre de confianza de la corporación quien además como secretario que es de la Sociedad Agraria de Jares representa a la misma y al pueblo en general al que se debe dar satisfacción de democracia, la que hasta la fecha brilló por su ausencia en este municipio". Casualmente, tres días despois, a prensa informaba dunha denuncia presentada polos responsables municipais na que daban conta do asalto ó consistorio e da desaparición dun libro de actas do pleno.

Julio Prada Rodríguez.

   Descoñecemos exactamente cando se difundiu a noticia da sublevación militar e se existiron contactos entre os dirixentes frontepopulistas do concello con outros da comarca, pero si nos consta que o alcalde saíu para Ourense o día dezanove coa intención de se entrevistar con Martín March. O encontro non se puido celebrar finalmente pola situación de crise que se vivía no goberno Civil, pero si foi recibido por Fructuoso Manrique, que lle ordenou desarmar ós dereitistas e mobilizar á xente en previsión de calquera eventualidade. Paralelamente organízase un comité dirixido por C. Fernández Lorenzo, Alfonso Ortega e José e Benito Lameiro Bernúdez que será o encargado de organizar a recruta de homes e as requisas de armas, víveres e roupas. A primeira noticia da súa actuación data da noite do día dazanove, cando se forman as primeiras gardas na aldea de A Veiga e se reparten un par de escopetas para "(...) impedir en el pueblo la entrada de la Guardia Civil y los falangistas". O día vinte son aínda moi poucos os que forman as "gardas roxas", e cara a noite o pedáneo Antonio Couso Lameiro recorreu varias casas pedindo pan e alimentos para os concentrados, coincidindo os veciños en que naquel intre non se empregou violencia algunha nin se cometeron desmandos.

   O alcalde non regresou ata o día vinte e un, probablemente como consecuencia da interrupción das comunicacións por estrada, celebrándose de inmediato unha xuntanza na que se ratifica a decisión de recrutar xente e armala co obxectivo de facer fronte á sublevación, saíndo seguidamente os elementos máis activos polas diferentes localidades do municipio para difundiren as novas. Seguidamente, nun caso que non atopa parangón en toda a provincia, o comité esixe a renuncia do alcalde e a entrega do concello, asumindo os membros os cargos municipais cunha composición que reflite os novos equilibrios de poder que provoca a sublevación, aínda que sexa por algunhas horas. Así o amosa a acta da cesión de poderes aportada polo alcalde no sumario que se lle instruía a raíz da súa detención;:

"En la Vega del Bollo a las veintidós horas del día veintiuno de julio de mil novecientos treinta  y seis yo Manuel García Alcalde Presidente de este Ayuntamiento hago entrega del mismo al Comité Revolucionario, que defienden al Régimen republicano y Gobierno Azaña por exigirme la renuncia del Cargo al Comité de I.R.; el Comité Socialista de Jares y el Partido Comunista representados respectivamente por D. José Lameiro, D. Alfonso Ortega y D. Clemente Fernández Lorenzo. Seguidamente se hacen cargo de todo lo del citado Ayuntamiento y se nombra Presidente del mismo a D. Clemente Fernández; Secretario a D. Alfonso Ortega y Suplente de ambos a D. José Lameiro.

  Firmamos todos en la Vega. Viva la república y Viva el Proletariado español.".

  Ó amencer do día vinte e dous, mentres o alcalde fuxía con toda a súa familia, comezaron a chegar os primeiros grupos das terras altas do concello. A. Ortega e o seu cuñado Rogelio Lorenzo Escudero acoden o establecemento  rexentado por Pablo Feliz Jares, fillo do propietario, no que se incautan de importantes cantidades de municións que serán repartidas entre os esquerdistas que acoden coas súas escopetas a defenderen a causa da República. O café propiedade de Manuel García, sede de IR e da Sociedade de Xares, é convertido en cuartel xeral permanente e depósito de  víveres, armas e municións. Precisamente en Xares lévanse a cabo varias requisas de armas, entre elas a escopeta do párroco Rogelio Fernández Pérez. Ó día seguinte un grupo armado no que figura o propio R. Lorenzo, Andrés Prieto Vázquez e Antonio Bautista Rosa acoden novamente a este establecemento  onde se apropian en no nome do comité de trece alpargatas e dous pares de calcetíns asegurando que lle faría entrega dun vale para que se lle  abonase o importe do incautado.

  Ese mismo día  o comité ordena que un grupo se dirixa á veciña Serra Calva, xa lindando con terras zamoranas,e proceda á incautación de corenta e oito carneiros e ovellas merinas pertencentes ós irmáns Manuel, Dionisio e Rosa Delgado Blanco, propietarios absentistas residentes en Madrid que tiñan o gando ó coidado do veciño de Porto (Zamora) José Pérez Acedo. Na operación tomaron parte entre outros, Antolín Murias, Melchor Diéguez, José Blanco e Plácido Sobrino, todos eles de Xares, e Joaquín Seoane e Francisco Porto Seoane de Requeixo, que trasladaron o gando a casa de José Dieguez Yáñez de Xares. Un total de vintetrés cabezas foron sacrificadas por Antonio Yáñez Fernández, acordando dous días máis tarde devolver as restantes por medio de Agustín Bruña e Manuel Cid Lorenzo.

Julio Prada Rodríguez.

  O día vinte e catro será o de meirande actividade. O grupo, inicialmente formado por non máis de catorce individuos, increméntase considerablemente a medida que seguen chegando á capital do concello homes de aldeas veciñas. A escaseza de armas e municións faise evidente, polo que o secretario municipal acode en persoa á ferraxería de  Secundino Salgado Bolaño incautándose de dous sacos de perdigóns, dezasete  lanternas, dezaoito coitelos, martelos, tenaces, vinte e catro pastillas de xabón e outros moitos valorados polos peritos en 552,50 pts. Posteriormente os esquerdistas recorren as diferentes parroquias chamando a movilización e incautándose de víveres e armas. Así acontece na casa do recaudador de contribucións Eulogio Fernández González en Candeda, onde se apoderan dunha escopeta e unha pistola coas súas correspondentes municións; na do médico Rómulo Carracedo Martínez, de onde levaron catro xamóns e unha lata de chourizos; e nas dos propietarios Eloy Martínez Fernández e Domingo Carriba González -na deste último- se apoderan , ademais, dun cabalo. A escena  reprodúcese sucesivamente en Prado, Espiño, Candeda, Meda, Prada, Alberguería, etc. Por uns intres a "garda roxa" toma as rúas, presiona sen exercer violencia física e con relativo éxito para que os veciños se sumen á defensa do Goberno, acoden á casa dos máis caracterizados dereitistas en procura de armas ou víveres e abandonan a aldea para continuaren o periplo. Os efectos incautados eran trasladados ó cuartel da Garda Civil, onde quedaban en depósito ata seren repartidos entre os que se ían sumando ós grupos armados.

   Na parroquia de Prada vai ser asaltada a reitoral rexentada polo ecónomo Ceferino Suárez, daquela en Lugo. Sobre as catorce horas a porta foi derrubada cunha machada pasando un grupo ó seu interior mentras outros permanecían na entrada impedindo que os veciños se achegasen ó edificio. Segundo testemuñas presenciais  tomaron parte no asalto veciños procedentes de varias parroquias do concello, o que revela o número deles que se ían sumando ó grupo inicial: Manuel González Yebra, Ramón Arias e Benigno Romero Lameiro de A Veiga; Manuel González Carracedo e Silverio González Pérez de Casdenodres; Amable Vidal Enríquez e Tiberio Fernández Lorenzo de Corzos; Andrés Prieto Vázquez, Antonio Bautista Rosa, César Lorenzo e Ángel Gómez de Xares; Rogelio Lorenzo Escudero e Luis Escudero Paradela de Requeixo; Ramón Arias e Manuel Carracedo Escudero de Prado; Jesús Gallego e Francisco e Alfredo Rodríguez Nieto de Espiño, etc. Entre os efectos roubados ó párroco., unha bota de viño valorada en 7 pts., 2 navallas de afeitar valoradas en 22 pts., 5 ducias de ovos valoradas en 9 pts., puros habanos por valor de 12 pts. e 10 pts. en monedas. Os participantes no asalto menos entusiastas ou máis presionados para se sumaren ó grupo aproveitarán a pequena confusión que se organiza para regresaren ás súas casas, como sucede cos dous veciños de Casdenodres antes citados.

  Tamén ese día ten lugar un feito singular que só atopa parecido en toda a provincia co asasinato de J. Núñez en Vilamartin. Pola mañá o coñecido propietario dereitista e ex-alcalde de A Veiga José Rodríguez García -pai do xa aludido Francisco Rodríguez Fariñas, que daquela acudira o Barco a dar conta á Garda Civil da situación no concello, e ó que a propia Garda Civil consideraba de afiliación falanxista-  saíu en dirección a aldea de Pradolongo coa intención de se refuxiar na casa duns familiares polo temor que lle infundian  as concentracións de esquerdistas. A metade  do camiño foi sorprendido por un grupo armado, semella que da parroquia de Corzos, que o obrigaron a seguilo pola estrada  que conducía o alto do Covelo, no límite co Concello de Viana do Bolo. A uns trescentos metros da ponte de Castromao, sen que poidamos determinar o motivo, disparáronlle dous tiros ó que seguiu un terceiro que lle causou a morte  procedendo seguidamente a enterralo nunha devesa coñecida como "a Pinguela".

  Alí sería atopado o día seguinte, despois de que na misma xornada outro grupo sacase da casa á súa dona, Clotilde Fariñas Caamaño, e a un neto, Guillermo Lameiro Rodríguez, e os conducisen á praza central, ó parecer con parecidas intencións. Nesta ocasión a traxedia foi evitada  polo mestre  Raimundo Rubio, que tamén agachou na súa casa ó parroco de Meda José Manuel Barco Herrero e impediu  o linchamento do Xefe de Falanxe  e futuro alcalde  Celso López Bobo. O sacerdote, sempre moi ben informado, afirmaba taxativamente que a morte "(...) fue (sic) perpretada por un grupo  de escopeteros borrachos estacionados  a cuatro  kilómetros de La Vega. No existió premeditación alguna; lo mismo que asesinaron  a dicho señor  lo hubieran hecho con cualquier persona de derechas o de orden que se le presentara. (...) . Dicho grupo no tenía instrucciones de ningún  género del comité dirigente de La Vega ni del resto de la masa con especto a este asesinato". Segundo os datos que figuran na Causa General Juan José Rodríguez Porto e Alfredo Yáñez Domínguez eran considerados os principais sospeitosos do asasinato.

Julio Prada Rodríguez.

     O devandito mestre , fondamente republicano, laico e de gran prestixio entre os esquerdistas a pesar de se atopar moi afastado das posicións marxistas da mairía do comité -os seus membros o cualificaban de "gran burgués" mentras a Garda Civil salientaba a súa inimizable cos comunistas-, semella que se desprazou seguidamente a Viana do Bolo, onde se atopaban concentrados os efectivos da Garda Civil do posto, a dar conta do que estaba a acontecer. O tenente ó mando, Baltasar Fadón Toral, deulle instrucións para conter ás masas ata que puidese desprazarse coa forza ó seu mando, sen que se producisen máis incidentes ata a chegada desta.

   Pasadas as cinco da madrugada do día vinte e cinco celébrase unha xuntanza na sede da Sociedade Agraria de Xares na que participan todos os implicados nas requisas de gando. Despois de varias discusións Antolín Murias -que, segundo as fontes orais, será asasinado moitos anos despois por algún dos seus antiguos compañeiros- reparte entre os asistentes algunhas escopetas e a maioría acorda manterse á espera das instrucións do comité de A Veiga, pero tres horas máis tarde o veciño Maximiano Martínez García difunde a noticia de que estes xa fuxiran o teren coñecemento de que forzas da Garda Civil se dirixían cara á capital do concello. Aínda en plena retirada dos esquerdistas van continuar as requisas  na parroquía de Valdín, na que se apropian de pan, viño, carne e xamóns que comen en plena serra na reitoral de Seoane, tamén asaltada. Ó mesmo tempo os efectivos do posto de a Veiga, reforzados por varios números de Viana e por "xentes de orde" de diferentes aldeas fan, a súa entrada provocando a dispersión dos principais responsables da resistencia. Parte do gando sacrificado seralles entregado para o seu sustento no monte do Foxo, principiando daquela un longo periplo no que non todos poderán conservar a súa vida.

   Francisco Rodríguez, fillo do propietario asasinado, vai ser nomeado segundo xefe de FE de la JONS, recuperando o seu posto de  auxiliar do concello. Daquelas continuará coas típicas intrigas da política  local, nas que era consumado experto dende os tempos da Ditadura, en compañía dos seus irmáns -un deles, Luis, alcalde con Primo de Rivera e depositiario dos fondos municipais durante o "bienio negro", condenado por apropiación indebida e, maila disto, nomeado xuíz municipal- mentras conseguía eludir o seu traslado á fronte. Tamén Francisco Sanjuan Dalama, antiguo secretario da Agraria de Xares, amoxou unha envesable capacidade de manobra: cando se produciu a sublevación militar mandou ó seu fillo a facer garda roxa cos restantes veciños mentras el permanecía agachado e a salvo de posibles represalias; cando as tropas se fixeron co control desta zona ingresou na Falanxe, perseguindo con saña ós fuxidos vencellados á Agraria. Mesmo o mestre Raimundo Rubio conseguirá saír con ben da furia represora, sendo sancionado con dous anos de suspensión de emprego e soldo e un simple traslado a unha parroquia próxima, conservando sen demasiados atrancos o seu emprego  o tempo que se enriquecía rexentando  unha tenda de ultramarinos propiedade do seu sogro nos primeiros tempos  do estraperlo; non por iso descoidou as súas relacións con fuxidos e guerrilleiros ós que, curiosamente, axudara a perseguir nos primeiros  meses formando parte das batidas organizadas pola Garda Civil.

      A comarca de Valdeorras é, sen dúbida, a que rexistra un meirande número de fuxidos de toda a provincia en consonancia coa resistencia ofrecida e coa proximidade  das liñas  republicanas a través dos montes e serras leonesas e asturianas...dende os primeiros intres os montes énchense de homes que se manteñen a expectativa durante os primeiros días.(...)

Os fuxidos, fálase de máis de dous mil, merecen un tratamento aparte,  xa que algúns regresaron, a maioría para ser paseados ou reclutados para o bando do alzamento; outros incorporáronse o exercito republicano en Asturias ou León, outros escaparon de España e outro grupo quedou na Serra.

A historia dos fuxidos, algúns convertidos en maquis e posteriormente en guerrilleiros,  merece un tratamento aparte  xa que vai dende 1936, con moitos fuxidos que se botan o monte para salvar as súas vidas,  ata o 3 de marzo de 1965, día no que morreu o derradeiro guerrilleiro de Galicia, Xosé Castro Veiga (O Piloto). Polo medio queda toda unha historia na que moitos dos fuxidos pasan a se constituir en guerrillas armadas, que fan frente a Garda civil e os grupos de Falanxistas e incluso a Lexión, que veu a comarca a tratar de rematar cos fuxidos e non foi capaz;  e tamén os somaténs que se crean posteriormente. O tema dos "fuxidos"  sobrepasa este pequeno traballo.

Volver índice

 

A represión na Veiga despois do 25 de xullo 1936.

Julio Prada Rodríguez.

    (...)En A Veiga a represión directamente relacionada coa resistencia durante os primeiros días da sublevación non se cobrou a vida de ningún dos implicados na mesma como consecuencia da incoación dun proceso sometido á xurisdición de guerra. Dúas son as razóns que, ó noso xuízo, o explican. En primeiro lugar está a fuxida dos considerados como máximos responsables das esquerdas no concello, caso de Benigno Lameiro, Alfonso Ortega e Clemente Fernández,  o que os salva de rematar diante dun pelotón de fusilamento. Ademais desto tamén hai que ter en conta a actitude inicial do responsable do posto da Benemérita, Emilio Díaz Hernández, que a diferencia do que sucede en outros puntos da provincia non dubida en asegurar en algúns casos que varios dos que tomaron parte en actos como o asalto a Reitoral de Prada o fixeron obligados polos dirixentes fuxidos, o que foi decisivo para a imposición de condenas moito máis leves do que cabería agardar a xulgar polo visto ata o de agora. A pesar desto Manuel González Carracedo, Manuel Carracedo Escudero, Silverio González Pérez, Luis Escudero Paradelo, Ramón Arias e Ángel Gómez Prieto foron condenados en diferentes consellos de guerra a senllas penas de reclusión perpetua -no caso dos dous primeiros o Tribunal propuxo a súa conmutación pola de 16 anos e dos dous seguintes pola de 12 anos e un día. A eles cómpre engadir outro bo número condenados a penas inferiores.

   Únicamente foi condenado a morte o alcalde, Manuel García Rodríguez, que despois de fuxir coa súa familia acabou por se presentar ás autoridades o 12 de agosto de 1937 por mediación de Silverio Fernández Prieto, o taberneiro de Seoane, sendo trasladado a Ourense onde quedou a disposición do gobernador militar; este ordenou o seu traslado a Oseira mentras se instruia a oportuna información, seguramente para aproveitar a súa condición de canteiro nas obras de reconstrucción do mosteiro. Sometido a consello de guerra foi condenado á pena capital polo Tribunal que o  xulgou exactamente un ano máis tarde da súa presentación, aínda que se lle sería finalmente conmutada pola inferior en grado por Franco. Tamén foi condenado a morte e indultado Domingo Blanco Blanco, pero neste caso por deserción ás filas republicanas en Asturias, xa que non se puido probar a súa participación nas requisas levadas a cabo en Valdín.

   Entre as ducias de fuxidos contamos con casos moi destacados, como o dos irmáns José  e Florencio Félix Lorenzo, este último tesoreiro da Sociedade Agraria de Xares, que ó se saber perseguido pola Falanxe e a Garda Civil escapou ó monte o día dous de decembro cando o ían buscar o seu domicilio. Unha noite en plena celebración do Corpus de 1937 , unha partida da que formaban parte  ambos os dous irmáns tivo coñecemento de que " la Guardia Civil había armado a (varios)  individuos del pueblo para contribuir con la fuerza a su persecución y captura; que también estaban enterados de que el que suscribe y su criado Santiago Rodríguez eran confidentes de la fuerza, y por esta causa eran amenazados indirectamente; que una noche por sorpresa cogieron a dicho criado y le alejaron por la fuerza de la casa del que declara y creyeron que era el que narra y ante la imposibilidad de encontrarle le soltaron, diciéndole a la vez que "al que buscaban era al Sanjuan, que dentro de tres días ya lo encontrarían, y que si el decía algo ya sabía lo que le esperaba".

Julio Prada Rodríguez.

   Efectivamente, pasados os tres días "bajaron (...) al pueblo de Xares con el propósito de al parecer apoderarse de las armas de tres o cuatro personas de dicho pueblo adictos a la causa nacional, y enterado confidencialmente el vecino Francisco San Juan de ello, en unión del sujeto Santiago Rodríguez  que a la sazón era criado de dicho Francisco, armados ambos de las escopetas que tenían autorizadas por la Guardia Civil, se dirigieron a su busca produciéndose el encuentro entre ellos, cruzándose disparos y resultando muerto (José) (...), consiguiendo nuevamente huir al monte el Florencio Félix. Transcurriendo algún tiempo y en virtud de bandos del Señor Capitán Jefe de las fuerzas destacadas prometiendo a los huídos el perdón  si no tenían delitos de sangre, Bandos que llegaron a poder de ellos por mediación de Francisco Sanjuán y sus familiares,  se presentaron varios acogidos a tal gracia entre ellos (Florencio) (...), el cual pasado algún tiempo fue puesto en libertad en unión de otros varios acogidos también a dichos Bandos". Daquela, once de setembro de 1937, principiou un longo periplo que o levou da prisión de Viana ós campos de traballo de Oseira e o Cumial, o cárcere de Celanova e o Hospital Novo en construcción, sendo posto en libertade o 16 de xuño de 1938 segundo obra no libro rexistro do cárcere de Ourense. O día 1 de decembro dese mesmo ano foi novamente detido por se lle supoñer implicado no asasinato do falanxista de San Román de Hedroso (Viana do Bolo) Santiago Rodríguez Granja que, como sinalaba o informe da Garda Civil, formaba parte do grupo que matara ó seu irmán. Sometido a consello de guerra foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión por un delito de auxilio á rebelión, pero nada se poido probar da súa implicación nesta morte polo que a pena foi ditada exclusivamente en base ós seus antecedentes esquerdistas e ás súas actividades mentras permaneceu fuxido, o cal supoñía unha evidente vulneración das promesas que se contiñan  nos citados bandos a raíz das que fixera a súa presentación. (...)

Volver índice

 

Julio Prada Rodríguez.

(...)A represión paralegal e os asasinatos acadaron tamén proporcións elevadísimas...(...)

(...) En A Veiga  temos varios casos de aplicación da consabida lei de fugas e de mortos durante unha persecución das forzas do orden. O propio Clemente Fernández figuraba nos partes oficiais como morto nun enfrentamento con gardas civís e falanxistas o 25 de novembro de 1936 en compaña de  Manuel González Yebra, Amable Vidal Enríquez e Fortunato Vega Rodríguez -este último non citado polas fontes militares. En realidade, polas fontes orais e o propio Rexistro Civil, sabemos que o  secretario municipal foi capturado na serra, xa preto do límite fronteirizo con Zamora, conducido ó punto de "Os lameiros", a uns 200 metros da capital municipal, e asasinado polas costas polos gardas as dazasete horas do día vinteseis (conversa co xuíz de paz de A Veiga mantida en agosto do 2000 e libro de Defuncións do Rexistro Civil de A Veiga, T. 49, fol 141 v. Expresamente figura como causa da morte "un servixio efectuado pola Guardia civil") . José Lameiro tamén finou abrasado vivo nunha data indeterminada, que os veciños situan semanas antes da de Clemente  Fernández, cando varios números da Benemérita e uns falanxistas lle plantaron lume á casa onde se agachaba e dende a que lles fixo fronte conseguindo ferir a  dous integrantes da forza. Varios testemuños orais confirman o que se desprende das fontes militares:

"(Ía con) outro que era compañeiro del e...víronos pasar. eses que os viron pasar eran das dereitas e os outros eran das esquerdas, e víronos e foron á casa e dixéronlle que se presentase. Foi a Garda Civil e o que mandaba máis, e dixeron que saíse que senón plantábanlle lume a casa. E saíu un escapado (...) que despois marchou para América, que a ese non o colleron, escapou, e o outro quedou dentro e plantáronlle lume á casa e debeu arder na casa" (AGMO, causa 526/1937 e entrevista con D.R.V., veciño de San Mamede (Viana do Bolo) realizada por Jennifer Rodríguez en xuño do 2002)

   Tamén nunha data indeterminada finaron Domingo Vázquez, "O Barbas", afiliado ó Sindicato Agrario de Xares, morto nun encontro con forzas da Garda Civil e falanxistas, o mestre de Corzos Camilo Palmeiro Fernández (que era de Alberguería), Eduardo Pérez e un tal Deontino, estos tres últimos asasinados, según parece, nas proximidades da ponte do Bibei. (Destes nove homes, só o secretario do concello aparece inscrito nos libros de defunción do Rexistro Civil de A Veiga o que, unha vez máis, pon en evidencia a escasa fiabilidade dos cómputos que toman como base exclusivamente esta fonte, ben sexa de forma directa ou mediante a utilización de estadísticas baseadas en certificacións dos rexistros).

     Entre os asasinados e paseados que poidemos localizar está o labrador José Félix Lorenzo, afiliado ó Sindicato Agrario de Xares, e irmán de Florencio, secretario deste; foi asasinado na súa aldea o 27 de maio de 1937 por tres falanxistas, un deles posteriormente víctima da vinganza dos seus perseguidos. Máis dúbidas de clasificación presenta o labrador veciño de Espiño Eloy Rodríguez Rodríguez, ó que incluimos entre os mortos nunha das operacións levadas a cabo polas forzas de orde que nos consta se levaron a cabo a principios do mes de xullo de 1938, pero que tamén puidera ser víctima dalgunha das partidas que operaban na zona, por máis que as fontes militares non dean conta do feito como era norma xeral na maioría dos casos. (Libro de defuncións do Rexistro Civil de A Veiga, T.50, fol 29 v; tamén puidera se o veciño de Espiño ó que aluden as testemuñas orais que foi asasinado por un garda por dedicarse a cazar coellos. Non incluimos no noso cómputo varios casos de imposible interpretación ó non poderen ser contrastados con outras fontes que non fosen o Rexistro, caso de Revocato Barjacoba (de Seoane finadp o 24 de decembro de 1936 dunha "comprensión crerebral" con forte hemorraxia) , Luciano García Lorenzo (de Lamalonga, finado o 4 de abril de 1937 dunha "asfixia por sofocación") e Manuel Escudero Carracedo ( de Carracedo, de só 15 anos, e finado dunha "comprensión encefálica" e hemoraxia cerebral).

Julio Prada Rodríguez.

      A pesar do apuntado por algúns testemuños orais non pensamos que figure entre os asasinados Francisco Porto Seoane, procesado en rebeldía  no mes de xullo de 1937 en relación coa incautación do gando na Serra Calva. Ben é certo que temos constancia  do seu ingreso no cárcere de Ourense a disposición do comandante militar o día dez de  setembro dese mismo ano. algo máis de un mes máis tarde de que o auditor acordase o sobresemento provisorio da causa por se atopar fuxido, e que este axinou un  oficio no que ordenaba a súa entrega á forza da Seguridade para o seu traslado a Oseira. Tampouco cadra demasiado o feito de que non se reabrise a causa, como en teoría era preceptivo no intre de ser habido, pero creemos que efectivamente foi ingresado neste campo de traballo, e máis tarde no do Cumial. Seu irmán Avelino, concelleiro na corporación  frontepopulista, conseguiu fuxir inicialmente, pero foi detido a mediados de setembro permanecendo case dous anos como detido gobernativo, figurando tamén nunha relación de presos traslados o Cumial a xulgar polo que consta na súa ficha de filiación. As fontes orais citan a outros asasinados, un tal Francisco da aldea de Prado ou de Espiño e outro de Candeda, pero a imposibilidade de atopar pegada documental algunha nin de contrastar con outra a testemuña aconsella prescindir dos tres no cómputo global. (...)

Volver índice

 

Félix García Yáñez:

Referente a morte do secretario municipal  Clemente Fernández Lorenzo engade o seguinte:

       (...) O detiveron e pasearon dous falanxistas da Veiga, o 26 de novembro de 1936, no lugar chamado  "Os Lameiros", no cruzamento  de camiños que leva a aldea de Baños. A súa familia  recolleu o cadaver e, cunha padiola, levárono a Corzos, onde o enterraron.

      Prenderon así mesmo a súa nai e dúas irmáns por lle ter axudado e deportáronas  ao cárcere de Quiroga, Lugo. Un irmán , Tiberio,  despois de se integrar no exercito republicano de Asturias, pasou o exilio e internárono nun campo de refuxiados de Sepfons Tarne et Garonne, en Francia. Após a ocupación nazi de Francia acabou morrendo en 1941 no campo de exterminio de Mauthausen. (No mesmo campo tamén asasinaron o seu veciño da Veiga Alberto Suárez Gallego). Outro irmán, Rafael, xulgouno o Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1939 e condenouno o pagamento  de 25.000 pts de multa, 15 anos de inhabilitación absoluta  e dez anos de desterro a unha distancia de máis de 200 kms. do concello de A Veiga. (...)

Volver índice

 

A depuración de funcionarios e a represión económica na Veiga despois do 25 de xullo 1936.

Houbo ademáis de todo o anterior, terriblemente lamentable, unha depuración de funcionarios que durou ata 1950. En principio eran cesados sin máis, houbesen ingresado por oposición ou sin  ela, así esto extendeuse a administrativos, maestros, médicos, enfermeiras/os, administración de xustiza e todo tipo de empleados do estado. Logo fíxose por lei, defeito a lei de 25 de agosto de 1939 xa reservaba para os ex-combatientes o 80% das plazas destes funcionarios represaliados. Deste xeito depuraban absolutamente toda a administración. Por outra banda fomentaban as denuncias anónimas de todo tipo; moitas das denuncias fixéronse por despeito ou simplemente por envexa...Soio primaban a adhesión política ó alzamento (o chamado adhesión os principios que informan  o Glorioso  Movemento Nacional), non importaba a formación técnica;  e así nos foi ata non fai moito...

Máis tarde chegou a represión económica. En fin...

 

Volver índice

 

Os primeiros que lles toca son os funcionarios de xustiza, de feito caeron un 14% de xuíces e un 22% de fiscais en Galicia.

Félix García Yáñez:

    (...)O tres de agosto de 1936 o xulgado de distrito  comarcal recibe un telegrama , dirixido ao xuíz, dende a  Audiencia da Coruña, solicitando informes sobre os seguintes funcionarios ...Manuel Suárez Yebra  xuíz municipal suplente de A Veiga.(...)

Moitos dos cargos en principio destituidos eran ocupados por falanxistas. Decir que algúns non soio perderon o cargo si non que deron tamén a vida.

Félix García Yáñez:

    (...) A purga destes funcionarios  non consistiu só en destitucións e expulsións; a algúns, costoulles a vida. Son os caos de  José Parcero Monxardín, cuxo nome  real era José  Paraiso Monjardín, de Petín;  o alguacil do xulgado do Barco, Angel Alba; e Manuel  González Yebra ("paseárono" os falanxistas o día  25 de novembro de 1936) (...)

Volver índice

 

     Logo pasou o Maxisterio,  no maxisterio foi a gran depuración, unha auténtica desfeita sobre todo coa  xente que tiña algo que ver con ATEO (Asociación de traballadores da Enseñanza en Ourense, ver neste mismo traballo un anexo onde se explica cal era o pensamento desta Asociación de mestres de Ourense) un grupo de mestres que estaba por unha escola laica e liberal. Pero tamén profesores de Institutos e outros mestres foron depurados, separados do seu traballo e alguns paseados. Máis do 47% dos mestres e máis do 30% das mestras foron dalgunha forma sancionados en Ourense. O proceso durou ata o ano 1966 onde houbo unha amistía, pero sempre e cando mostrasen submisión e obediencia. Incrible. Agora me explico a actitude dalgúns destos mestres que coñecín posteriormente, todos eles tuveron o medo no corpo ata que morreron...

     A República dedicou moito esforzo a educación (lembrar que en 1930 en España eran analfabetos o 45,7% da población e en Valdeorras o 60%) de feito en decembro do ano 1933 había creado 12.988 escolas, a maioría escolas rurais. Os novos maestros entraran a formar parte, logo de facer o bachiller superior,  e logo por medio de superar diversos cursiños, moi anovadores,  que a República instalou para romper co tradicional método imperante das oposicións. Logo no bienio negro, a pesares de estar os dirixentes máis por restablecer  o papel da iglesia no ámbito educativo e haber suprimido a coeducación;   inda aumentaron  outras 3. 421, en total 16.409 espalladas en toda España. Co triunfo do Frente Popular volveuse a establecer a coeducación e estaban previstas 5.300 máis para 1938. Tamén se actualizara o soldo dos mestres de feito en 1932 púsose en  3.000 pts anuais. É normal que a maioría dos mestres novos estuveran de algún xeito integrados neste proceso de renovación xa que España en temas de educación estaba totalmente postrada....Houbo varios movementos pedagóxicos que xa se estaban a implantar tamén en Europa e que levaban implícito: o laicismo, a coeducación, a pedagoxía activa e moderna, a reforma dos plans de estudio, a incorporación de outros idiomas, etc. Por suposto que houbo un grupo de mestres que non estuvo pola labor, como ocurre normalmente cando se cambian as cousas...Moitos tiñan unha ideoloxía fortemente católica e conservadora e as medidas tomadas en 1931 violentaron o seu ideario profesional...Xa en 1934 houbo expulsados do corpo na provincia de Ourense, pero a partires do golpe militar do 18 de xullo chegan, concretamente en agosto,  as primeiras destitucións de mestres en toda Galicia. No Barco de Valdeorras foron moitos os represaliados.

Félix García Yáñez:

    (...) Así o 27 de agosto reciben no Barco  unha orden do gobernador  civil que lles ha afectar a varios mestres da bisbarra. Nela dispón que

"...por sus ideas extremistas inculcadas a sus  discípulos haciendo así una labor de indudable perjuicio a la juventud y a los principios básicos, en uso de las facultades que me están conferidas por la Superioridad, he acordado destituir a los señores siguientes: Ayuntamiento de El Barco de Valdeorras, Cecilio Efrén Muñoz, Guillermo Marcos, Emilio Gallego, Felipe Mondría, Julio Díaz Álvarez,  José Rodríguez Álvarez,  y Juan Romero, maestros respectivamente de los pueblos de Villanueva, Entoma, Vales, Santiagoso, Reporicelo, Barco y Vilariño. Ayuntamiento de La Rúa de Valdeorras:  Segundo S. Failde, Elias Oviedo, Jesús Fernández Estévez, y Elisa Fernández, maestros respectivamente  de La Rua, de la Estación de Vilela y de  Fontey"

     Dous días máis tarde, o 29 de agosto, engádenlle a listaxe  de destitucións  o mestre de Viloira , Sebastián Díaz Álvarez. No mes seguinte o día 18 coas clases xa empezadas, destitúen a Rufina  Gonzalez Ordás, mestra de Veiga de Cascallá, Rubiá, e a Manuel Vázquez Castro, meste de Domiz, Carballeda.(...)

Estas destitucións incribles,  sin mediar expedientes nin nada que se lles parece,  básanse nos informes dos delegados de orden pública, os párrocos,  a Garda Civil e os xefes locais da Falanxe. Nestes informes básanse as comisións que traballan para estas depuracións; as comisións están formadas por directores de instituto, inspectores e o presidente da Asociación de Pais de familia e dous persoas de " máximo arraigo e solvencia moral". En fin...Está claro a finalidade que querían conseguir, ter un corpo de mestres que dixeran amén a todo. Resulta curioso e espeluznante  a circular  que o Poeta José María Pemán dirixiu  a estas comisións de depuración para instruilos na tarefa que desempeñaban:

Félix García Yáñez:

"El caracter de la depuración que hoy se persigue no es solo  punitivo, sino también preventivo. Es necesario garantizar a los españoles, que con las armas en la mano y sin regateos de sacrificios y sangre salvan la causa de la civilización, que no se volverá a tolerar, ni menos a proteger y subvencionar a los envenenadores del alma popular primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones  que sobrecogen al mundo  y han sembrado de duelo  en la mayoría de los hogares honrados de España. No compete a las comisiones depuradoras el aplicar las penas que los Códigos señalan  a los autores por inducción, por estar reservada esta facultad a los Tribunales de Justicia, pero si proponer la separación inexorable de sus funciones magistrales de cuanta directa o indirectamente han contribuido a sostener y propagar a los partidos, ideario e instituciones del llamado "Frente Popular". Los individuos que integran estas hordas revolucionarias, cuyos desmanes tanto espanto causan, son sencillamente los hijos  espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada "Libre Enseñanza", forjaron generaciones incrédulas y anárquicas. Si se quiere hacer fructífera la sangre de nuestros mártires es preciso combatir  resueltamente el sistema seguido desde hace más de un siglo de honrar y enaltecer a los inspiradores del mal, mientras se reservaban los castigos para las masas víctimas de sus engaños" (BOE 7 de decembro de 1936)

As comisións soio podían dar un resultado referente os mestres: ou separalos do servicio ou trasladalos ou confirmalo no cargo. Dende logo Valdeorras foi unha desfeita xa que o 47,7% dos mestres, 63 ensinantes de 132 foron dalgunha forma castigados. Lendo algún dos motivos resulta increible que este proceso se levara a cabo...

Algúns dos motivos para represaliar os mestres:  era apoderado do Frente Popular, era afiliado a ATEO,  pertencía a "condenada Frente Popular", tendencias esquerdistas,  era  "o máis entusiasta xefe marxista da zona",  había retirado un crucifixo da escola,  tiña mala conducta social, era amiga do mestre comunista de outra escola, era militante do PSOE,  pertencía a Esquerda Republicana, tiña unha conducta política marxista, escribía blasfemias no caderno dos alumnos, etc.

Félix García Yáñez:

       (...) No Concello de A Veiga  suspenderon de emprego e soldo durante un ano e castigaron co traslado forzoso dentro da provincia  durante dous anos a Raimundo Rubio Nieto,  que era mestre na vila cabecera. A Garda Civil da localidade acusábao de traballar como axente local dos membros da Frente popular: o comerciante de Ourense Aníbal Lamas Cid, e o avogado Fructuoso Manrique Martín.

     Tamén foron suspendidos e inhabilitados Luís Pérez Martínez, mestre de Baños, que era militante de Izquierda Republicana na súa aldea natal de  Fuenterrobles, na provincia de Valencia; Martín Fernández  García, mestre de Prada, afiliado á ATEO. e sancionado con dous anos de suspensión de emprego e soldo; José Manuel Yáñez Seoane, mestre de Casdenodres, a quen finalmente lle impuxeron a sanción de suspensión de emprego e soldo por seis meses, o traslado dentro da provincia e a inhabilitación para desempeñar cargos directivos. Na súa contra tiña a declaración do alcalde de A Veiga que o acusaba de "ser defensor de Azaña e Marcelino Domingo"; Jesús Requejo Fernández, mestre de Riomao, inhabilitado durante un ano. E dúas mestras: Sara Quintero López, mesra de Xares acusada de pertencer a ATEO en principio expulsárona e, a fín, suspendérona de emprego durante seis meses e inhabilitárona para cargos de confianza; e a Eulogia Sánchez García, mestra de Castromao, que foi sancionada con tres meses de suspensión e máis obrigada a traslado de escola dentro da provincia,  despois de recoller 38 sinaturas entre os pais da aldea  que defenderon o seu labor docente.

Félix García Yáñez:

      A sanción de separación  e expulsión afectoulle a sete mestres: Ramón Pascual Rey,  mestre de Corexido. No proceso de revisión efectuado no ano 1942  foi anulada a sanción e restituido no maxisterio nacional, tras alegar que se inscribira como voluntario no exército sublevado e que na frenta asturiana resultara herido de gravidade, no que pasou a ser "cabaleiro mutilado". Cesareo Arias Losada, mestre de Requeixo,  que era afiliado á ATEO,  maila recoller un escrito de  48 sinaturas o seu favor entre os  pais dos nenos da escola, que eran tódolos adultos  da aldea.

     Jacinto Arias Vega,  mestre de San Lourenzo, tamén afilidado á ATEO . O seu proceso desenvólvense sin poder alegar nada o seu favor, dado que nos primeiros días fuxira cara Asturias e durante a guerra civil dérono por desaparecido. Francisco Melero Navarrete, mestre de Vilaboa. Era natural da provincia de Granada e o golpe militar  colleuno de vacacións na súa localidade. Integrouse como voluntario no exército republicano onde desempeñou os postos de Brigada, tenente e capitán no fronte de Andalucía. Xulgárono nun consello de guerra  ao rematar a contenda por "auxilio e rebelión" de responsabilidades políticas na súa provincia acusado de ser membro do partido Comunista e de pertencer á masonería. O seu expediente profesional sométese a revisión en 1957 e finalmente  en 1963 , co gallo dunha amnistía parcial por mor de  campaña propangandística dos "XXV Anos de Paz", deixan sin efecto a expulsión do corpo de Maxisterio do ano 1940 e acábano sancionando coa pena de tres anos de traslado a unha escola de fóra da provincia de Ourense. Roberto Panero Fernández, mestre de Vilanova, afiliado a ATEO e colaborador da súa revista mensual. O alcalde da Veiga no seu informe declara que "era comunista". Así  mesmo foi expulsado o mestre Wenceslao Badillo Serra. E a mestra de Candeda, A Veiga, Carme Fernández Lorenzo,  que era irmá do "paseado" secretario do municipio. Revisaron o seu expediente en 1951,  e péchase coa súa reintegración no servicio coa sanción de traslado fora da provincia durante tres anos  e a inhabilitación para exercer cargos de confianza. Neste proceso de revisión avalaron o seu labor profesional e a súa conduta persoal a maioría dos pais de alumnos da aldea de Candeda. En total asinaron unha carta para a súa reposición 39 pais, todos adultos da aldea que tiña un censo de ochenta veciños. Desmontaron a acusación do crego da parroquia  José Ignacio Vázquez que a acusaba de ser "propagandista do ateismo, practicante do amor libre e lectora de novelas pornográficas".

    Neste municipio produciuse o asasinato de dous dos seus mestres: Clemente Vidal, mestre de Xares, e Camilo Palmeiro, mestre de Corzos. (...)

Moitos foron salvándose xa que ingresaron no exercito ou ben posteriormente na Asociación Provincial de  Mestres Católicos, creada pola iglesia  en 1937. Logo creose o Servicio Español del Magisterio (SEM) que xa era falanxista e onde entraron moitos mestres. Foi no ano 1941. Outros abrazaron plenamente o  franquismo e incluso chegaron a ocupar cargos importantes no reximen. A verdade é que o anterior non ten nome...

Sobre a ATEO, Asociación de trabajadores de la Enseñanza de Orense hai un apartado nos anexos deste traballo que intenta aproximarse a esta Asociación.

Volver índice

 

Despois tocuolles a outros sectores como os ferrocarriles, outros corpos da administración, funcionarios municipais, axentes comerciais, médicos, etc., ninguén se librou destas purgas que foron moi sistemáticas algunhas con moitos motivos, no so os políticos, tamén houbo represión económica dabondo. No que atañe os médicos remito o lector o libro "Médicos Ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra" de David Simón Lorda. No libro vese que a militancia e o activismo político dos médicos da provincia de Ourense foron bastante grandes. No libro apuntase un 30% dos facultativos, 199 médicos colexiados na provincia, con militancia ou posicionamento político definido. E a moitos foulles mal, moi mal. No libro cita todos estos médicos. Da zona que nos interesa únicamente trae a Rómulo Carracedo Martínez e Marcelino Prada Pereira dos que dí:

David Simón Lorda:

       (...) Rómulo Carracedo Martínez(1880-1954): Médico municipal de Prada-A Veiga (Ourense). Junto con el médico Marcelino Prada (también médico en A Veiga) eran parte de la estructura política de la zona, en manos de José Rodríguez García, terrateniente local, antiguo alcalde derechista de A Veiga y con notable influencia en la Audiencia de Ourense.

        Marcelino Prada Pereira (Prada, A Veiga, 1894- A Rúa, Ourense 1958. Fye médico municipal de Prada (A Veiga) y luego también en A Rúa donde falleció. Se licenció en Valladolid en 1919. Ya apuntamos antes que con Rómulo Carracedo, el otro médico en A Veiga, formaba parte del entramado caciquil en manos de José Rodríguez. Marcelino Prada se afilia al Partido Radical al llegar la República y José Rodríguez al partido Acción Popular que luego será la CEDA.

     ...Tomando como base el acta de la Junta del Colegio de 20 de diciembre de 1940, en el que se procede al examen y dictamen sobre las diligencias previas practicadas a todos los colegiados, sumamos 196 nombres. Si añadimos los que luego encontramos en documentos hacen un total de 205 colegiados, a diecisiete de los mismos se les instruye expediente de depuración, lo que constituye u 8,29% de los colegiados.. Recordemos, sin embargo, que puede que se nos hayan escapado algunos nombres y que otros médicos candidatos a un expediente habían sido asesinados o habían fallecido en los años de la Guerra Civil (Carlos Reino Caamaño, Pardo Babarro) o habían marchado al exilio (Antonio Fernández Carnicero o José Luis Blanco Vicente).

   Muchos de los médicos a los que se les instruye expediente ya habían sufrido penas de cárcel, despidos, multas inhabilitaciones, en los años previos y algunos lo sufrirán en los siguientes...(...)

Volver índice

 

      A represión económica outra forma de represión posta en práctica en Galicia e por suposto en Ourense.

Xunto á represión física e profesional púxose en marcha o pillaxe ou sexa a expropiación dos bens. Incluso se crean comisións encargadas desta tarefa. Como nas outras represións, nestas comisións están presente os de sempre: curas, falanxe, alcaldes, Garda civil, etc.

Investigan todo e sempre os mismos,  algúns xa paseados,  e segue a represión cos familiares e fillos. Dende as propiedades rústicas, industriais, depósitos bancarios, todo lles vale para aplicar a lei do lillaxe e expropiar...

No Barco  a comenzos do 1937 investigase a 85 persoas.

Poño a continuación os que investigaron na Veiga.

Félix García Yáñez:

     (...) De toda a relación os máis abondosos  son os veciños do Concello de A Veiga. As forzas golpistas eran conscientes de que no municipio existía  unha grande organización campesiña articulada durante a República  dende a Sociedade de Agricultores de Xares. Estos sindicatos contaban con una gran influencia do Partido Comunista  e estaban estructurados cos obreiros do camiño de ferro Zamora-Ourense. Por esta obra pasarán a maioría dos nomeados pertencentes o municipio de A Veiga e a todos lles asignan brevemente  a descrición de "comunistas". A excepción vai a ser  Francisco Prieto Bruña  (Concelleiro da Frente Popular) , da aldea de Xares, a quen lle engaden  "comunista e presidente  do comité roxo". Así por aldeas han ser investigados Alfonso Ortega Prada,  Vicente Pérez Vázquez,  José Félix Lorenzo, Florencio Félix Lorenzo, Juan Álvarez Escudero, Juan Fernández, Francisco Murias Blanco, Antonio Prieto Yáñez,  Ángel Sánchez Yáñez, Cesar Lorenzo Seoane, Antolín Murias, Basilio García Fernández(Concelleiro da Frente Popular) e Francisco Prieta Bruña (Concelleiro da Frente Popular) , todos da aldea de Xares.  Da de San Lourenzo  Eliseo Cotado Blanco (Concelleiro da Frente Popular) . Da de requeixo Avelino Porto Seoane(Concelleiro da Frente Popular) e Francisco Porto Seoane. Da de Prado Ramón Arias. Da de Castromao Luís Álvarez Rodríguez. De Espiño Francisco Rodríguez Nieto, Jesús Lorenzo Gallego e Alfredo Rodríguez Nieto. De Seoane José Anta Carracedo, Juan Centeno Vázquez e Albino Escudero Díaz. Do nucleo da Veiga  Benigno Lameiro Bermúdez, e mais ignacio García. Da aldea de Corzos, Clemente Fernández (Concelleiro da Frente Popular), Julio Murias Lorenzo, Manuel Álvarez, Luciano Álvarez, Amadeo Yáñez "Chincho", Alfredo Yáñez,, Eduardo Couso, Domingo Rodríguez Rguez (Concelleiro da Frente Popular), Alfonso Vega Rodríguez e a única muller de toda a relación, a mestra Carmen Fernández.

   Porén, non todos os expedientes de incautación se resolveron nos tres primeiros anos. A meirande parte das causas vainas herdar, a partir de febreiro de 1939, o Tribunal de Responsabilidades Políticas. Ademais recibirá a execución das sentencias de confiscación xa firmes  e que non se executaran durante a guerra civil

"En expediente de responsabilidad civil nº 232 de 1937 seguido por el Juzgado Especial de Incautaciones de Orense, de orden de la Comisión Provincial de Incautación de Bienes de dicha provincia, se dictó por la autoridad militar competente en 25 de mayo de 1938 resolución condenando a Justo García Núñez, casado, industrial y vecino de Villamartin de Valdeorras (Orense), 2.000 pts; Antonio Macias Santos, casado, vecino de Mazo-Villmartín de Valdeorras (orense) 200 pts. Antonio Arias Prado. casado, vecino de Córgomo-Villamartin de Valdeorras (orense), 5000 pts. Florencio Delgado Gurriarán, soltero, abogado, vecino de Córgomo-Villamartín de Valdeorras (Orense), al mayor valor que resultara tener los bienes embargados. Lo que hace saber a los sancionados, o a los herederos de los mismos aquellos que hubieran fallecido, a los fines de revisión que autoriza (....) La Coruña a veinte de diciembre de 1940. Tribunal Regional de responsabilidades Políticas.(...).

     Pasaron pola misma situación os veciños de Xares, xulgados en Rebeldía en agosto de 1938 e condenados polo tribunal de Incautacións, non van facer efectiva a pena ata outubro de 1940 mediante unha resolución do Tribunal de Responsabilidades Políticas: Ángel Sánchez Yáñez, labrego, "condenado a pagar 150 pts- ou o meirando valor que dos seus bens resulte ter". José Félix Lorenzo, labrego, condenado o pagamento de 1.500 pts.; Vázquez Lorenzo, labrego, "condenado a pagar 2000 pts. ou o meirande valor que resulte que teñan os seus bens"; e Alfonso Ortega Prada, condenado o pagamento de 250 pts. (...)

Volver índice

 

O que faltaba: O Tribunal  de responsabilidades políticas outra forma, con leis promulgadas, de facer unha depuración masiva, unha vingaza máis...

Félix García Yáñez:

        (...)Antes de rematar a guerra civil  comeza a pensarse  en como someter a poboación  dos territorios que permaneceron baixo poder republicano a unha depuración masiva . Como froito desta formulación han elaborar a lei de Responsabilidades Políticas, que non lles afectará só aos habitantes dos territorios que quedaron baixo o poder republicano senón que se vai extender á fin para todo o territorio do novo estado. A súa finalidade era  esencialmente  a confiscación das propiedades dos procesados.

       Esta lei respondía fielmente a idea de vinganza expresada por Raimundo Fernández Cuesta , "camisa vieja" xerarca da Falanxe, Ministro de Xustiza e Secretario  Xeral do  Movemento. Facía declaracións do seguinte cariz sobre os españois derrotados: " entre su España y la nuestra media  un abismo que solo puede ser salvado por el arrepentimiento y la sumisión  a nuestra doctrina. En caso contrario, más vale que permanezcan  allende al abismo y, si tratan de cruzarlo clandestinamente, que perezcan".(...)

  A lei queda asinada por Franco o 9 de febreiro de 1939, O seu procedente é o decreto de 10 de xaneiro de 1937 que creaba a Comisión Central Administradora dos bens confiscados ás entidades, agrupacións, partidos etc. Créanse os Tribunais Rexionais e Nacionais constituidos por tres xuíces: un militar, un maxistrado de carreira e un avogado da falanxe. Hai un paralelismo total co Tribunal do Pobo de Alemaña de Hitler creado  en 1934 para xulgar as críticas o reximen...

   O tribunal facía responsábel os mortos, desaparecidos, ausentes e menores de idade, que transmitían a pena económica imposta aos familiares. As veces os tribunais volvían a xulgar feitos ou acusacións que xa fixeran os tribunais militares. Logo viñan as sancións que iban dende inhabilitación, desterro e a sanción económica que era obligatoria. En moitos casos a incautación dos bens era total.

En 1941 había 125.000 casos e tres anos más tarde 300.000. En Ourense sobre 500 expedientes.

O 13 de abril de 1945, producto da presión internacional derrógase a lexislación. De todas formas os expedientes non resoltos péchanos no ano 1966.

Todo o anterior  é un mecanismo de humillación e odio impresentable...

Os expedientes fáranse a petición de veciños, do cura o do membro da Falanxe respectivo. Unha desfeita...O inculpado era culpábel se non demostraba a súa inocencia...Menuda lei...

Menos mal que o colapso da xustiza levou a que moitos non foran xulgados.

Félix García Yáñez:

        (...) O repertorio máis longo para os afectados de Valdeorras elabórao o xuíz municipal Francisco de la Barrera en outubro de 1942  e era a última relación nominal dos expedientes que se atopaban na bisbarra e que estaban sin resolver. Afectáballes a un total de 44 residentes na comarca. Incluía mesmo "paseados", fusilados e condenados en consellos de guerra nos anos anteriores. Tamén membros en activo da guerrilla antifranquista. (...)

Moitos foron os expedientes abertos en Valdeorras de todos eles voume limitar a copiar os da Veiga:

Félix García Yáñez:

       (...) Os primeiros condenados por responsabilidades políticas do municipio da Veiga  danse en decembro de 1939.Eran os veciños da aldea de Espiño Alfredo Rodríguez Nieto,  Francisco Rodríguez Nieto e  Jesús Lorenzo Gallego; o veciño de Valdín Basilio García Fernández; e Rafael Fernández Lorenzo de Corzos. Condenáronos a todos a quince anos de inhabilitación absoluta e dez anos de desterro a unha distancia superior aos 200 kms. do concello de a Veiga. Ademais condenáronos ao pagamento de diversas sancións económicas: impuxéronlle mil pesetas A Alfredo Rodríguez e Basilio García; Jesús Lorenzo tiña que pagar 2.500 pts.; Francisco Rodríguez, 3.000 pts,; e Rafael Fernández 25.000 pts. (...)

Félix García Yáñez:

        (...) Máis o primeiro en ser procesado do municipio foi Manuel García Rodríguez veciño do nucleo da veiga. Abriulle o expediente o Tribunal Rexional de responsabilidades Políticas da Coruña en agosto do 1939. As responsabilidades que lle reclaman eran as tiradas de que fora alcalde do concello durante a Frente popular, pola cal lle impuxeron unha cuantiosa multa. Ata marzo de 1944 non lle han de devolver os seus bens incautados. Anteriormente, no ano 1937, lle fora imposta a pena de morte en concello de guerra. Sendo indultado da pena capital e cambiada por cadena perpetua.

      A Adolfo Rodríguez Pérez , canteiro e veciño de Seoane, ábrelle a causa o Tribunal Rexional da Coruña o día 15 de setembro de 1939. En maio de 1940 recibe a sentenza  que o condena a quince anos de inhabilitación absoluta  e quince anos de desterro a mais de 200 kms do Barco de Valdeorras.

     De Xares, en abril de 1940 procesan o campesiño Florencio Pérez Lorenzo, que tamén padeceu un consello de guerra tras presentarse no ano 1938. En 1942 incóanlle un expediente de responsabilidades a Ángel Gómez Prieto, labrego e veciño do anterior. Condenárano nun consello de guerra anterior a reclusión perpetua polo delito de rebelión militar. As acusacións consistían en que "formou un grupo armado que percorría o concello de A Veiga practicando rexistros domiciliarios e incautándose de armas, municións e alimentos; ademais  foi propagandista dunha sociedade agraria de ideoloxía socialista". Tamén pasou polo Tribunal provincial Abel Fernández Álvarez, veciño de Carracedo. A acuasación principal contra este era a de ser afiliado á CNT.(...)

O derradeiro expediente aberto é de abril de 1944 o veciño de Viloira Emilio Blanco Álvarez.

Volver índice

 

Algunhas estadísticas. Os mortos oficiais.

Carlos Fernández Santander:

(...) El destacado historiador y militar Ramón Salas Larrazábal terminó, en 1977, un interesante trabajo, titulado "Pérdidas de la guerra" que publicó la editorial Planeta, dentro de la colección "Textos". En él, basándose en datos oficiales del Instituto Nacional de Estadística, da cifras aproximadas de los muertos originados por la represión en la contienda civil iniciada en 1936.

 Salas dedica un cuadro a cada provincia española.

Este es el resumen:

1936

 

  Homicidios Paseos C. guerra Accidentes Total
La Coruña 8 303 607 -- 918
Lugo 10 --- 59 165 234
Orense 4 155 17 - 176
Pontevedra 11 346 109 -- 466
  33 804 792 165 1.794

En Lugo no da ni un solo muerto en ejecuciones irregulares (eufemismo, supongo, con lo que se refiere a los "paseos"), por lo que he tenido en cuenta los correspondientes a "accidentes de guerra".

1937

  Homicidios Paseos C. guerra Accidentes Total
La Coruña 5 100 151 30 286
Lugo 10 --- 87 75 172
Orense -- 62 20 45 127
Pontevedra 3 116 89 20 228
  18 278 347 170 813

1938

  Homicidios Paseos C. guerra Accidentes Total
La Coruña 11 6 69 21 107
Lugo 9 --- 15 63 87
Orense 29 4 -- 36 60
Pontevedra 2 -- 174 34 210
  51 10 258 15 473

1939

Calculando, por promedio, una cifra de 175 en toda Galicia para los tres primeros meses de 1939, daría esta cifra para el total:

1936......................................................1.794

1937....................................................... 813

1938....................................................... 473

1939....................................................... 175

----------------------------------------------------------

TOTAL................................................ 3.255

----------------------------------------------------------

Calculando, por promedio, una cifra por defecto y añadiendo un 30% más, daría unos 4.200 muertos. Cifra que se acerca a la realidad.(...)

Por supuesto hai outros datos, algúns moi esaxerados, que non vou facer uso deles. O que si debe quedar claro é que resulta prácticamente imposible falar de cifras exactas, non é posible reconstruir estas cifras partindo dun concenso que realmente non existe entre os historiadores. Que víctimas hai que incluir?, que xente morreu na guerra dun e doutro bando?, etc.

Julio Prada

De feito, por poñer un exemplo Martín Rubio revisou as cifras anteriores de Salas, un pouco á  alza:

Provincia Represión

Republicana

Represión

nacional

Acción de

Guerra

Total
  Salas            Martín Salas             Martín Salas           Martín Salas    Martín
A Coruña  36                       0 1.408               1.421    918                854 2.362      2.275
Lugo    0                        0    515                  604    531                441 1.046      1.045
Ourense    0                        0    346                  409    235                202    581         611
Pontevedra   86                       0    985                 1.114    769                713 1.840      1.827
GALICIA 122                       0 3.254                 3.548 2.453            2.210 5.829      5.758

 

Julio Prada deu tamén as súas cifras, concretamente as da provincia de Ourense. Por suposto afirma a imposibilidade material de cuantificar os datos, xa que,  entre outras cousas,  se perdeu unha década onde seguramente se podrían obter os datos de primeira man, aldea a aldea e pobo a pobo; refírese a década dos oitenta, onde sería posible obter datos a partir dos descendentes e das institucións. Non se fixo... Sobre a súa necesidade e sobre a ocasión perdida afirma Julio Prada o seguinte:

Julio Prada

        (...)  Os historiadores  galegos  prácticamente perdemos unha década preciosa, a dos oitenta, durante a que tería sido  posible rescatar a memoria das víctimas a través dos testemuños  dos superviventes se as institucións , e todos nós, nos tivésemos implicado  decididamente neste labor.  Só desenvolvendo un traballo  de campo parroquia a parroquia, concello a concello,  tería sido posible elaborar  un listado de asasinados  que cando menos evitase  que os seus nomes  se perdesen na nebulosa dos tempos  sen a simbólica reparación  de que a xeracións vindeiras  que desexen coñecer  o seu pasado soubesen  por que morreron realmente. Non cabe dúbida que para o que  estudia o pasado tanto ou máis importante é descubrir os mecanismos internos da represión, os seus actores, as súas motivacións, a estratexia a que serve etc., que elaborar unha cuantificación impecable das súas víctimas. Como tamén é certo que en nada substancial cambiaría a interpretación da represión franquista se en Galicia fosen catro ou sete mil as víctimas ; nin por menos nin por máis deixaría de ser máis inxusta ou menos asasina. Pero cando de víctimas da inxustiza se trata é un deber ético recuperar os seus nomes; non só por esa simbólica reparación á que aludíamos, senón por nós mesmos e polos nosos fillos. Porque a "desmemoria" ou unha memoria enferma, sexa imposta ou autoinflixida, sempre serán deficits democráticos en todos os niveis; de pensamento crítico, de concienciación, de participación, de compromiso; e isto é algo que nin sequera as nosas opulentas sociedades se poden permitir no longo prazo. (...)

Decir sobre as cifras aportadas na provincia de Ourense por Julio Prada, no libro que aparece na bilbiografía, que os datos están recollidos de forma sistemática de todas as fontes e arquivos posibles. Por suposto os datos son por defecto, ou sexa que os números reais van a ser superiores os mostrados na tabla. As razón son varias, entre outras que non lle vale a fonte oral non documentada, por exemplo fala de Bande onde a represión foi moi superior a documentada, pero non figura no cuadro. Este é o resumen:

Julio Prada

 

(...)Victimas da represión franquista na provincia de Ourense  (1936-1939)

  1936 1937 1938 1939 Resto Total %
Fusilados tras

sentencia xudicial

30 58 21 26 8 143 22,07
Fusilados sen

formación de causa

13 17 0 3 0 33 5,09
Víctimas de operaciones de

castigo e limpeza

62 5 6 6 4 83 12,81
Represión paralegal 187 76 16 13 53 345 53,24
Mortos no cárcere 0 4 19 20 1 44 6,79
TOTAL 292 160 62 68 66 648 100

            Fonte: elaboración propia a partir de fontes citadas. (...)

Pode observarse comparando cos datos dados por Salas e por Martín Rubio que son muy superiores os aportados por eles  Salas (346) e Martín  (409) frente os 648 de Julio Prada e por defecto., por outra banda os seus datos iban ata 1959 e estos están ata 1939.

Julio Prada

Afirma tamén Julio Prada que nestos datos e (...)respecto ós mortos no cárcere as cifras só cobren unha pequena parte dos finados (en particular no penal de San Cristobal), xa que os procesos militares non sempre dan noticias do pasamento dos presos.(...)

Julio Prada

Tamén que a represión paralegal afirma que esta infravalorada e aquí da un dato escalofriante que trascribo exactamente (...) En todo caso, incluíndo no cómputo global de porcentaxes os finados no cárcere e en operacións de castigo e limpeza, que, nalgúns casos puidesen encubrir puros asasinatos, a procentaxe de víctimas de represión paralegal é de nada menos que o 53,24%, unha cifra elevadísima si a comparamos, por exemplo, co 22,5 do País Valenciano estudiado por V. Gabarda, ou o 30% de Albacete de Ortiz Heras (...)

É moi curioso tamén o paso a porcentaxes das víctimas da represión franquista na provincia, toda vez que aparecen porcentaxes por exemplo do 74,70% nas víctimas de operacións de limpeza e castigo en 1936, ou o 54,20% de represión paralegal en 1936, así como o total de 45,06% de víctimas no 1936 e outros datos do que se poden deducir conclusións que deixan sin respiración, de cal foi a represión no 1936 nun lugar onde non houbo guerra civil e moi pouca contestación...

Julio Prada

(...)Victimas da represión franquista na provincia de Ourense  (1936-1939)%

  1936 1937 1938 1939 Resto
Fusilados tras

sentencia xudicial

20,98% 40,46% 14,69% 18,18% 5,59%
Fusilados sen

formación de causa

39,39% 51,52% 0% 9,09% 0%
Víctimas de operaciones de

castigo e limpeza

74,70% 6,02% 7,23% 7,23% 4,82%
Represión paralegal 54,20% 22,03% 4,64% 3,77% 15,36%
Mortos no cárcere 0% 9,09% 43,18% 45,45% 2,27%
TOTAL 45,06% 24,69% 9,57% 10,49% 10,19%

            Fonte: elaboración propia a partir de fontes citadas. (...)

Julio Prada vai máis lonxe no seu estudio destas victimas da represión franquista: analiza por meses e por anos e ve que nos primeiros meses de 1936 están concentrados máis  do 54,79% dos asasinatos, sin dúbida a resistencia o golpe militar e a persecución os grupos de fuxidos. Os fusilados sin formación de causa o 90,91% deles foron executados antes de maio do 1937. Tamén hai outro dato nos fusilados tras consello de guerra 30 en 1936, 50 en 1937, 21 en 1938, 26 en 1939 e outros tres un ano máis tarde en cumplimento dunha sentencia anterior. Esto demostra xunto cos datos da represión paralegal e outros anális que fai, Julio Prada,  que os sublevados non dubidaron en emplear como represión paralelamente as dúas, o consello de guerra e o paralegal. A conclusión é escalofriante unha vez máis:

Julio Prada

      (...) Cabe concluír, no que á represión física con resultado de morte se refire, afirmando, a non existencia de dúas represións diferentes -a paralegal e a institucionalizada- e si dun único proceso represivo dividido en dúas grandes etapas mas que predomina unha ou outra modalidade represiva, ainda que con presencia dunha e outra en ambas as dúas fases. O propio Dionisio Ridruejo  afirmou  que tanto o que el denomina "represión informal ou espontánea", como a articulada a través dos consellos de guerra  como a que máis adiante  emprenderían os  Xulgados Especiais de Represión mantiveron " unha única  e mesma intención central: a destrucción física dos cadros  da Fronte  Popular, dos sindicatos obreiros e das organizacións masónicas, sin perder de vista os partidos democráticos máis moderados e ós persoeiros independentes que, na orde intelectual ou profesional, gozaban dun prestixio de esquerdistas  ou decididamente liberais. Se o abundante número  dos executados ou condenados  a penas de prisión aniquiladoras, únese o número dos que -optando pola emigración- puideron salvarse da queima , a cambio de perdere todo contacto  co seu país,  pódese e débese falar dunha operación perfecta  de extirpación das forzas políticas  que patrocinaran e sostiveran  á República  e representaban correntes  sociais avanzadas  ou simples movementos  de opinión democrática ou liberal". Dificilmente  poderíamolo ter expresado mellor. (,,,)

Sigue Julio Prada a facer estudios comarca por comarca e a sacar conclusións en base a gráficos e estadísticas. Remito o sensacional libro  citado na bibliografía.  Simplemente que dos gráficos sácanse estos ranking:  En número de executados dentro da provincia destacan o  Ourense, o Barco,   a Gudiña  Verín.  Seguen, Maceda, A Veiga e outros. En detidos e acusados levan a pauta Ourense e o Barco. Neses traballos estudia a correlación que existe entre a represión franquista na provincia e os acontecimientos revolucionarios  de outubro.

Poñer simplemente, neste traballo,  os datos da comarca de Valdeorras, no libro veñen os datos de tódolos partidos Xudiciais da provincia de Ourense, Gran trabalo de Julio Prada:

Julio Prada

------------------------

 

Non poño o número de mortos galegos na Guerra civil, tanto de un como de outro bando xa que non é o mesmo, estos mortos foron en combate co inimigo e no que tanto un como outro foron as víctimas. Penso que a diferencia é clara.

O meu comentario sobre estas cifras non é outro que unha barbaridade hai que ter en conta que Galicia estuvo na retaguardia dende o primeiro momento; que teñamos 4.200 mortos resulta espeluznante e quita a moral a calquera.

Decía Alfonso Ortega Prada (citado varias veces no texto anterior), antes da súa morte no accidente de ferrocarril  o día 3 de xaneiro de 1944 no túnel nº 20 do recorrido Madrid-Coruña "Parece imposible que un pueblo haya podido caer tan bajo, se resiste uno a creerlo. Pero es cierto, es cierto y dolorosamente cierto " . Suscribo totalmente as súas palabras.

Non teño datos sobre o número de galegos que se foron o exilio, que foron moitos. Tampouco dos galegos que do exilio da guerra civil pasaron os campos de concentración nazis que foron moitos. Por poñer un exemplo:

Carlos Fernández Santanderz.

Galegos mortos no campo de concentración de Mauthausen (06/08/1940 a 05/05/1945)

Aparecen 43 da Coruña, 19 de Lugo, 20 de Pontevedra e  21 de Ourense, entre eles figura un da Veiga:

(...)  Tiberio Fernández Lorenzo de Corzos (a Veiga)(...).

 

Memoria histórica:

O día 5 de maio de 2011 o goberno actual deu a coñecer, ó abrigo da Ley de memoria Histórica, unha páxina web onde se irán metendo toda a documentación e todas as informacións que se teñan sobre ese período da nosa historia. A lei pretende reparar de algún xeito os dereitos vulnerados a miles de persoas na Guerra Civil e durante a dictadura posterior.

Os que queirades acceder a esa páxina este é o link.

Xa están identificados 2.246 lugares de enterramento en  España dos cales cinco están precisamente na provincia de Ourense.

Ver o mapa destas fosas:

Fotografía sacada do Diario La Región, dando a noticia da apertura destas fosas o día 16 de maio de 2011

Mapa sacada da web do ministerio de Xustiza.

Chama a atención que catro das fosas, das cinco que hai de momento na provincia de Ourense, estén localizadas no oriente ourensán.

 

  Volver índice

 

 

Que foi da Veiga e de Alberguería dende 1944 ata 1959.

Pois un pouco xa vos podedes imaxinar, a Veiga quedou moi tocada pola guerra civil e pola represión incrible que subriu moita xente deste municipio. Foi un dos máis masacrados na provincia de Ourense. Sin dúbida...

Logo nestos anos sería pola contra o máis olvidado, eu penso que inda hoxe, cando escribo este traballo en abril do 2011 inda o municipio máis grande de Galicia, un dos máis fermosos, sigue a ser o gran descoñecido y por suposto olvidado.

Vexamos que pasou nestos anos...

Quen mandaba na Veiga durante estos anos, aparte do clero, era a Falanxe. Esta claro que a nivel de España e unha vez terminada a guerra civil quen manda é o exercito, a Igrexa e a nova " Falanxe Española Tradicionalista y de las juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista".

A Falanxe  era na comarca de Valdeorras unha pequena organización en que todas as súas actividades ían encamiñadas a  acción política na rúa. Moi pronto vai desempeñar un papel importantísimo  na organización de milicias que van a complementar o exercito aparte de que os que quedaban facián operacións  de "limpas de retagarda", torturas, paseos e de todo...

A Falanxe sufre un golpe en marzo do 1937  o integrar Franco todos os partidos políticos que apoiaron o golpe militar nesa organización. Logo desaparecería en 1975.

A milicia que se formou da Falanxe no Barco foi a máis numerosa  xa que a formaban 99 milicianos.  A da Veiga eran 93 mandados polo xefe local  Celso López Bobo da Veiga. Eran catro falanxes con oito escadras.

Moi pronto iníciasen as liortas por mandar dentro da Falanxe, chocando os cargos cos alcaldes nomeados; o final  en 1943 unifícanse e os alcaldes pasan a ser os xefes locais do partido os chamados "xefes locais do movemento".

Na Veiga  a xefatura local vaina ter  Francisco Rodríguez que en 1943 sustitue a  Celso López Bobo.

Os anos transcurren entre o control dos medios de comunicación escritos e radiofónicos a educación, coa famosa OJE, e a materia de "Formación do Espíritu Nacional" que era impartida por falanxistas, o Auxilio Social no que entreou a iglesia, os "oficiais instructores", que eran os que montaban o frente de xuventudes, impartían clases nos centros incluida a Educación Física, controlaban os campamentos (Monterrey, Porto do Son) e colexios como o Calvo Sotelo de Ourense, etc. Tamén se creou a Sección Femenina que controlou as mulleres e as mestras. Finalmente vai perdendo peso pero controlan o famoso Servicio Social da muller e imparten formación política e educación física, as mulleres,  nos colexios, prácticamente ata 1977.

En 1941 créanse o Somaténs, milicias armadas formadas por falanxistas e voluntarios,  que axudaran a Garda Civil a loitar contra "os do monte" visto o fracaso do exército na loita contra os fuxidos.

Félix García Yáñez:

        (...) Os promotores no concello de A Veiga foron o xefe local da falanxe, Luis Rodríguez Fariñas,e  máis o seu irmán Francisco Rodríguez Fariñas, concelleiro daquela, 19 de abril de 1946.(...)

Os concellos como A Veiga e outros funcionan en base as comisións xestoras, qie durarán ata o ano 1948. As comisións son nomeadas polo Gobernador civil da provincia en base os informes que emiten JONS locais.

Félix García Yáñez:

      (...) Na Veiga  en xuño do ano 1938  o gobernador nomea a primeira comisión xestora que estará formada por Aurelio Gallego Prada como alcalde; Serafín Anta Darriba como segundo tenente de alcalde; e como asesores: Antonio Pérez Lameiro, Miguel Anta Pérez, Jesús García pérez, Juan Corzo Blanco, Julio Enriquez Fariñas, Salustiano Anta Darriba, Ventura García Blanco e Herculiano Pérez Anta.

   En decembro de 1940 o Director Xeral do Ministerio de Gobernación proponlle o gobernador da provincia o nomeamento dunha nova comisión xestora encabezada polo ex-combatiente e mutiliado de guerra Fernando Fernández Fernández, como alcalde e como xestores: Juan Moya Gómez, Severino Pérez Lameiro, Luciano García Seoane, Ventura García Blanco, Salustiano Anta Corregia, Constantino Porto Martínez, Avelino Barrio Ffernández, Germán Portas Dieguez, Julio Enriquez Fariñas e José Fernández Álvarez. o alcalde substitueo o ano seguinte polo concelleiro Luciano García, que ocupará o cargo interinamente.

    En xuño de 1943 o gobernador civil nomea unha nova comisión xestora baseándose nos informes elaborados polo xefe local da falanxe, Francisco Rodríguez, e máis o comandante do posto da Garda Civil e enviados o Director Xeral de Administración local. O Cargo de alcalde vaino desempeñar Celso López Bobo, que fora primeiro delegado gobernativo no 1936, primero tenente de alcalde, Serafín Anta Carriba, segundo tenente de alcalde, Constantino Porto Martínez; e como xestores josé Murias prieto, Julio Enríquez Fariñas, Antonio Carriba Fernández, Juan Anta Carriba, Avelino Barrio Fernández, José María Carriba González, Pedro Vega Fernández e Serafín González Blanco. (...)

As loitas e zancadillas entre estos xestores e a Falanxe os ex-combatientes e os partidos que participaron na guerra eran constantes, a proba son os cambios cada pouco dos xestores. Nas comisións xestoras estaban aparte da Falanxe xente de Acción Popular, Renovación española, militares de Unión patriótica, apólíticos na República (considerados dereitistas) e por suposto a pequena fidalguía local de propietarios agrícolas, comerciantes, empregados liberais e traballadores dos "sindicatos verticais". As liortas entre eles, ou sexa as cartas que chegaban o goberno civil denunciando actuacións, pasados da súa vida de algúns e outras sutilicezas eran continuas; tamén o envio de recursos o goberno de Burgos durante a guerra. Moitos anónimos tamén.

Estas xestores pouco ou nada fan xa que non hai un can; a chamada xestión da miseria: manter os funcionarios,  as partidas de viaxes do alcalde, roturar algúns rúas con nomes alusivos o alzamento, propaganda do reximen, placas os caídos e informes da xente. Por suposto axudar a combatir a guerrilla antifranquista. Tamén si sobraba algo. manter a escola, arranxar algún camiño, fontes ou lavadoiros.

Co racionamento e a fame naceu unha práctica que creou rápidamente novos ricos: o estraperlo. O sistema era moi doado existían unhas cuotas de abastecementos que eran administradas polas comisións respectivas, enseguida se deron conta de que a hora de entregalos os ultramarinos respectivos, póndose de acordo cos propietarios,  a cousa funcionaba mellor para os petos dos dous, o que entrega e o que recibe. Esta práctica xa se puso en práctica antes da guerra civil, tumbando a algúns gobernos acusados de estraperlo, algúns dos seus membros,  como Renovación Española. (Nas elección de 1936 non se presenta o Partido Radical de Alejandro Lerroux debido a cantidade de casos de corrupción, por estraperlo,  nas súas filas, inda que en Ourense Basilio Álvarez foille fiel ata o final).

Por estraperlar facíase ata coa axuda que mandaron os americanos en pagamento polos acordos de colaboración, é famoso o caso do cura de Fontei D. José Capedano que vendía o queixo como  "o queixo do cura", a leite e o aceite. Ver no libro de Félix  García a páxina 387 onde conta o conto...

O racionamento durou ata o ano 1952.

No ano 1945 púsose en marcha a famosa "democracia  orgánica". O reximen no contexto do final da II guerra mundial ponse  un careto con esto  da plena incorporación dos españois as labores de Estado. Menuda mentira...A ley de bases de Administración local pon en marcha unhas eleccións en tres grupos:  os elixidos polos vecinos que son cabeza de familia;  os elexidos polos grupos sindicais e un terceiro grupo elexido polos membros das entidades económicas e profesionais do pobo...As limitacións son moitas e defeito  as mulleres non poden votar no primeiro tercio, por suposto nos demais tiñan que estar inscritos na Falanxe. Os concellos renóvanse cada tres anos...

As primeiras eleccións seguindo ese sistema celébranse  nos anos 1948/49.

Félix García Yáñez:

       (...)  Na Veiga as eleccións de 1948/49 manteñen no seu posto o alcalde Celso López Bobo e asignan os antiguos xestores aos diversos terzos, co que se produce só a renovación de dous nomes. Deste xeito a corporación vai estar formada no terzo familiar por Luís Rodríguez Fariñas, Serafín González Blanco, José Murias Prieto; no sindical por José María Carriba González, Constantino Porto Martínez e Miguel Yáñez Seoane e no do Gobernador, Avelino Barrio Fernández, P. Vega Fernández e Luciano García Seoane.

    Celso López Bobo foi destituido polo gobernador en xullo de 1954, despois dunha serie de denuncias cruzadas entre este e o secretario do Concello, José Cuadrado Tato, con acusacións, enviadas ao gobernador civil, de mala xestión nas contas municipais. En octubro toma posesión do cargo de alcalde Joaquín Freire Seara, baixo a presidencia  do delegado do gobernador civil, Julio Gurriarán Canalejas, nesta altura xa alcalde do Barco e xefe comarcal do movemento. Joaquin Freire daba o perfil deseñado polo reximen nos anos cincuenta para a ocupación deste cargo,  xa que exercía unha profesión liberal no municipio, era farmacéutico e militante  de FET y de las JONS.. Asemada  renovan totalmente  a corporación municipal nas eleccións dese ano. Son elexidos polo terzo familiar Camilo Rodríguez González, Camilo Fernández Domínguez e José Fernández Gudiña; polo tercio sindical, Elías Martínez Lorences, Pedro Vega Fernández e máis Jesús  Fernández Prada; e polo terzo de entidades, Enrique Blanco Vega, Joaquín Pérez Cerezal e Secundino Vázquez Prada.

   Catro anos más tarde, en octubro de 1958  nomean alcalde o tamén farmacéutico Antonio Yáñez Fernández. O gobernador civil valora na súa designación que era unha "persoa de prestixio, que observaba unha conducta sin tacha en todas as ordes, e por mor da súa profesión ten ascendente na localidade e sempre foi de ideoloxía falanxista". Este vai cesar en 1960, e substitúeno polo veterinario municipal Elias Martínez Lorneces. Co nomeamento en outubro de 1960, do militar retirado Eduardo Ávila Bustillo, logran estabilizar o cargo de alcalde, en que permanecerá ata as eleccións democráticas  de 1979. A mobilidade na alcaldía de A Veiga durante os anos cincuenta ven determinada polos conflitos de intereses que a construción do encoro de Prada trouxo o municipio. (...)

O tema do encoro de Prada vouno citar,  máis adiante,  de tódolos xeitos remito a páxina web onde se trata o tema a fondo.

Na comarca de A Veiga pouco máis que estas liortas, simplemente citar as "Irmandades de Labradores", as normas aparecen en 1942 e a raíz delas créanse as  mismas en cada concello, pero sempre en contraposición os sindicatos de clase anteriores. Personifican  a concepción falanxista de unidade do agro. A normativa contempla todo o relacionado co agro e a gandería  dende o funcionamento ata os gardas rurais ou policía rural que atendía a caza e pesca e que formaban únicamente xente da Falanxe.

Félix García Yáñez:

      (...) O día 27 de decembro de 1945 inscríbese a irmandade do concello de A veiga. Os estatutos foron aprobados a primeiros de decembro de 1945. En 1955 a súa dirección estaba composta por  Elias Martínez lorences ( veterinario municipal) como xefe; como secretario Luís Rodríguez Fariñas; e máis os seguintes vogais: Francisco Portas Dieguez, Francisco Anta Xares, Jesús Rodríguez Prada, Celestino Fernández Jares,  Antonio Álvarez Domínguez, Serafín Estévez carracedo, Miguel Fernández Vázquez, Manuel Macías Domínguez, Joaquín Pérez cerezal, Santiago Vázquez real,  Salvador Fernández prieto, Pedro Lorenzo Fernández, German García Cerezal, Juan Murias, Ricardo Fernández Carriba, Enrique Blanco Vega, Dámaso Porto Martínez e Julio Dominguez Mondelo" (...)

Citar de pasada que o único sector que se moveu un poco na Veiga foi o sector mineiro; o longo da guerra civil e da inmediata posguerra seguían en explotación os meirandes xacementos mineiros abertos a comenzo do século, propiedade de "Antonio Conde e hijos" en Vilanova, no concello de A Veiga. A historia desta minería é realmente interesante.

A partir de 1938 a sociedade "Montes de Galicia" dispuña tamén na Veiga una mina de volframio chamada "Pepe" que era un arredamento da empresa anterior. Esta misma empresa tamén ampliara a súas minas de Vilanova.

O máis buscado era evidentemente as minas de volframio toda vez que na II guerra Mundial usábase moitísimo para construir todo tipo de armas. O precio seica se multiplicou por 42, dende os 639  dólares a tonelada en 1939 pasou a 27. 300  dolares nos anos de maior actividade. As minas como todos sabemos eran consideradas polo estado de alto valor estratéxico, Franco destinuo a súa produción a Alemania nazi como pago pola axuda de todo tipo que recibiu  durante a guerra civil. A exportación española cubría o 35% das súas necesidades, que se complementaban con Portugal e Xapón. os alemáns controlaban toda a producción de Galicia. A empresa  que montan os alemáns controlaba a "Montes de Galicia. Compañía explotadora de minas S.A" citada antes e que tiña entre outras moitas as minas de Vilanova. A empresa tiña 495 operarios en 1941 en todas as súas minas. En 1942 empezan a sustituir persoal da mina por penados republicanos derrotados na guerra civil; estos penados traballan en condicións infrahumáns e impresentables, vivindo en barracóns con mortes continuas xa que,  repito,  as condición eran de semiescravitude. o franquismo utilizou despois da guerra civil, máis de 900 centros de privación de libertade que chegaron  a albergar 300.000 penados nos primeiros anos corenta. Non é de estranar que se derán fugas neste colectivo, fugas que remataban nos fuxidos...Tamén hai que resaltar o estraperlo que se facía con este mineral, estraperlo fomentado tamén polos aliados que se desplazaron a zona para controlar os abastecementos.

Os roubos, trapicheos entre uns e outros, as explotación clandestinas e o estraperlo estaba a flor do día  na comarca tanto do Barco como na Veiga.

Esta minería afundiuse totalmente coa derrota nazi, e moito máis co armisticio da guerra de Corea entre 1950-1953.

Para rematar e deixando o tema da minería e tocando o tema eléctrico que tuvo moita importancia en Valdeorras, toca decir algo de Alberguería e por suposto do Encoro de Prada.

Efectivamente o encoro de Prada vai deixar Alberguería como desaparecida nas súas augas para sempre, era o 9 de maio de 1959 un día moi triste para o noso pobo... O que sigue de historia está prácticamente na web de Alberguería.

No ano 1959 desaparece o pobo, en 1961 queda inaugurado o encoro de Prada polo Xeral Franco e poco máis... O baile de alcaldes foi incrible xa que a presión do pobo de Alberguería nas súas peticións,  totalmente xustas, levounos a algúns deles a pedir máis da conta para aqueles tempos. De tódolos xeitos non conseguiron nada, nin un pobo decente para os veciños de Alberguería, nin que a súa iglesia quedara na zona, nin que os ósos dos seus antepasados foran traslados con dignidade o cimenterio de Prada, soio foron uns poucos,   nin que os pobos da beira dereita quedaran aislados totalmente dos da beira esquerda, non fixeron nin unha ponte salvo a da Veiga. O que foi peor de todo e que  non conseguiron evitar o "roubo legal" que Moncabril S.A., constructora do encoro, apoiado como non podía ser menos, polas forzas vivas daqueles tempos entre eles o Xurado Provincial de Expropiacións de Ourense, lles fixo os 80 veciños de Alberguería que non estuveran de acordo co precio das súas fincas. Con pouco máis de tres millóns de pts. pagaron os 80 veciños todas as súas fincas e as súas casas, máis de 170 casas entre vivendas, cadras, palleiros, etc. Estos pagos fixéronse nos anos 1961 e posteriores. (Un piso no barrio de San Francisco de Ourense,  naqueles anos,  valía máis de 300.000 pts.)

Félix García Yáñez:

      (...)Malia haber unha pequena parte dos veciños que se conformaron co prezo pagado, foi xeral a repulsa a non valoraren nin taxaren as terras de labor que non estaban dentro do perímetro da zona inundada e que igualmente se viron imposibilitadas de traballar. Unha parte importante do solo rústico, do que se chegaron a expropiar máis de 3.000 leiras (120), quedou illado nas beiras do encoro impedido o seu doado acceso, ben asolagando as augas os camiños, ou ben facendoo extremadamente penoso. Na mesma situación estaba tamén unha parte das propiedades comunais da Parroquia, que ante o seu abandono pasaron a ser aproveitadas aos poucos veciños das aldeas lindeiras.

       Por outra banda houbo unha maioría de veciños que non aceptaron a valoración proposta para as súas propiedades urbanas. Durante o proceso de expropiación houbo 80 afectados que reixeitaron a oferta da ampresa sobre 197 dos seus predios, rústicos e urbanos. Ante esta situación para pechar o prazo a empresa Moncabril recorreu a un organismo creado pola Lei de Expropiación Forzosa de 1954, o Xurado Provincial de Expropiación (121). Este organismo provincial compoñíano: un maxistrado da Audiencia Provincial, un avogado do Estado; un inxeñeiro de montes; un representante da cámara Provincial Agraria; e máis un notario. Todos eran designados dende o Goberno Civil.

Félix García Yáñez:

    Era un dos múltiples organismos estatais que participaba, por causa da súa composición e extración social. da mentalidade política e de clase da ditadura. Así este xurado excluía expresamente a representación dos afectados, ou os seus representantes, e poñía os intereses das partes en conflito ao arbitrio deses técnicos estatais. Uns técnicos que pola procedencia sociolóxica, alto funcionario urbano, ideolóxicamente decantábanse de xeito doado polos intereses das empresas. (122).

    O Xurado de Expropiacións, no remate do proceso acordou como resolución final, un prezo xusto de rigurosa obediencia polos expropiados e pola empresa Monabril S.A.

  En  conxunto o prezo xusto acordado andaba polas 3.266.151 pesetas para o conxunto das 193 terras e casas, un pouco por riba do ofrecido pola empresa Moncabril que ofrecera pagar ao redor dos valores catastrais...(...)

(120) Os propietarios das fincas eran maioritariamente de Alberguería, máis tamén lles afectuo a veciños de  Candeda, Casdenodres, Castromao,, Prada. Corexido, A Veiga, Corzos, Vilaboa, Baños,  Meda, Sta. Cristina, etc.

(121) Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954. Art. 32.

(122) A substitución da confrontación de intereses polas solucións achegadas polos "técnicos"  estatais foi o achado ideolóxico máis duradeiro do franquismo no ámbito da cultura política, entre outras cousas porque devolveu a "imparcialidad" ao control das elites, co que impediu calquera expectativa de intervención nos asuntos sociais das clases populares

Volver índice

 

 

 

 

Reseña dos autores dos libros de historia  usados neste traballo:

Felix García Yañez

É do Barco de Valdeorras.

Licenciado en Historia Contemporánea e doutorado pola Universidat Pompeu e Fabra.

Ten traballado sobre economía agraria e, na actualidade, desenvolve o seu labor profesional no Servicio de Documentación do xornal El país en Barcelona.

O seu libro utilizado é: O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II república e o Franquismo (1931-1977)

Edicions A Nosa Terra  2005

Julio Prada Rodríguez.

É de Ourense.

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, doctorouse en Vigo coa tesís que deu título o libro.

Na actualidade exerce como profesor Asociado de Historia Contemporánea no campos de Ourense e traballa como PES no Instituto nº 1 do Carballiño.

O seu libro utilizado é: Ourense, 1936-1939, alzamento, guerra e represión

Edicios do Castro 2004

Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Naceu en Ribeira.

Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras. Doutorouse en Historia pola Universidad de Santiago.

O seu libro utilizado é: A Gran historia de Galicia. "República, Guerra civil e Franquismo"

La Voz de Galicia. 2007. 

Carlos Fernández Santander

É da Coruña.

Marino, documentalista cinematográfico, escritor e periodista.

Traballou no Ideal Gallego e hoxe traballa en La Voz de Galicia.

O seu libro utilizado é: Alzamiento y Guerra civil en Galicia (1936-1939) tomos  I  y II.

Edicios do Castro. 2007

                                                                             

     Tamén fixen lectura dos libros "Médicos Ourensanos represaliados en la Guerra Civíl y en la Posguerra" de David Simón Lorda "Educación e Ideoloxía en Ourense na IIª República" de Xosé Manuel Cid Fernández.

--------------------------------------------

Nota sobre a bibliografía usada:

En realidade de todos os libros que teño sobre esa etapa,  neste traballo utilizo únicamente os que traen cousas interesantes sobre Galicia e por suposto en particular sobre Ourense.

. Na casa teño outros libros que realmente non traen casi nada, aparte de moitas equivocacións, por citar algúns:  polos anos setenta merquei tres libros de Tuñón de Lara, concretamente La España del siglo XX que tiña moitísima fama. O certo é que trae moi pouco por non decir nada dedicado a Galicia; cando todos sabemos que aquí pasaron moitas cousas. Trae uns párrafos sobre a Coruña, outros sobre Santiago, concretamente Noia e pouca cousa de Pontevedra. Ignora completamente Lugo e Ourense.

Tamén tuven acceso o libro La República. La era de franco de Ramón Tamames que lle dedica media folla o alzamento na Coruña, Ferrol e Pontevedra., nada novo.

Tamén dispoño na casa de dous libros de Ricardo de la Cierva co título   Historia ilustrada de la Guerra civil Española. Están publicados en 1970.

Os libros teñen unhas boas fotografías pero realmente de Galicia contan moi pouco por non decir nada. Escribe na páxina 268 sobre Coruña e Ferrol que dice caen en mans dos sublevados o 23 de xullo e o 21 respectivamente. Seica a primeira cidade que se puso a favor foi Ourense coa población civil aplaudindo sin incidentes na tarde do 19 de xullo. Realmente pouco aparte de que as cousas non foron realmente así.

Hai por suposto moitos libros sobre este tema incluso que tratan o tema específicamente de Galicia, pero moitos deles non merecen a pena, outros cargan as tintas sobre o bando vencedor e ridiculizan os vencidos e viceversa. Considero que os libros escollidos son actualmente do mellores que hai sobre o tema.

-------------------------------------

Os que estades interesados neste tema tedes un resumen moi bon feito e traballado, escrito por Carlos Fernández Santander, no seu libro Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939) no capítulo dedicado a La memoria escrita no tomo II e na páxina 731.

En 26 páxinas resume moitísimas das publicacións dos dous bandos sobre o alzamento e a guerra civil, facendo comentarios sobre os libros e a súa veracidade de moitos deles. Realmente un gran traballo que merece a pena consultar.

-------------------------------------

Lectura especial "Memorias de Alfonso Ortega Prada":

Alfonso Ortega Prada.

Naceu en San Justo de Sanabria en 1902. Morreu en 1944  no accidente de tren no túnel nº 20 do recorrido Madrid-Coruña onde chocou o correo cunha locomotora. Fálase de 800 víctimas mortais. Entre elas estaba Alfonso...

Foi representante dunha empresa de licores de Ourense.

Foi socialista e secretario dende 1933 da Sociedade Agraria de Xares. Logo en 1936 estaría no Concello de A Veiga.

En 1936 e posteriores  estuvo vivindo nos montes de A Veiga e Valdeorras  e foi entre outras cousas declarado culpable de "Rebelión Militar"  polos militares que se levantaron contra a República nese ano.

O seu libro utilizado: Memorias dun socialista perseguido por el fascismo. A Veiga (Ourense), 1936-1937

Editorial Fundación Luís Tilve. 2007

Subir.