Isidro Garcia Tato

ALBERGUERÍA NA HISTORIA

1571

Isidro Garcia Tato é un investigador da historia medieval no Centro Superior de Investigacións científicas. É Valdeorres de Vilaquinta. Fai pouco tempo presentou un libro sobre "O Bolo y Viana do Bolo,  dos Jurisdicciones de realengo", concretamente en febreiro do 2002.

Esta páxina esta de enhoraboa con este historiador,  xa que conta historias da zona, é na zona era moi importante Alberguería.

Dende esta páxina dar as gracias o autor, por esta xoia de libro publicado.

Ver o libro.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LIBRO

No prólogo explica o autor o porqué de xuntar nun libro a historia de O Bolo e Viana; efectivamente analizando a historia están xuntas, moi xuntas, de feito o día 29 de abril do 1400 , morre en Ourense o Conde D. Pedro,  fillo de D. Fabrique Maestre de Santiago, conde de moitos lugares entre eles Viana e O Bolo.

Está claro que nos albores da historia, Viana e o Bolo figuran xuntas e polo tanto tuveron a misma evolución histórica nestes séculos.

No libro explícase, con abondosos datos e moita documentación histórica, a evolución de O Bolo e Viana durante os siglos XIV ó XVI. Todos os pleitos que tuveron, que foron moitos, e que terminaron convirtindo a Viana e O Bolo en Señoríos de Realengo, casí nada.

Nestas loitas e nesta historia figura nombrada Alberguería. En breve farei un resumen do libro onde se cita o noso pobo.

Resumen que compete a Alberguería

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALBERGUERÍA

(Resumen feito por Secundino Lorenzo)

Nota: Evidentemente o resumen fareino sobre as citas no libro o pobo de Alberguería, que son varias, o resto queda para que o lector interesado compre o libro, que está editado pola Colección Trevinca, en Santiago de Compostela no ano 2001. Autor Isidro García Tato e título do libro "O Bolo y Viana do Bolo,dos jurisdicciones de realengo".

----------------------------------------

Na primeira parte explica Garcia Tato o que é un SEÑORÍO, que non é máis que un dominio territorial cuio dono, por unha concesión do rei, exerce función propia dun estado, así o rei concedía unha soberanía a un marqués ou a unha congregación eclesiástica (Abadengos) ou similar.

O REALENGO é distinto e xa se parece máis o que temos hoxe, son territorios nos que o rei exerce, directamente, a xurisdicción. Tamén se chaman Señoríos do rei.

Compre decir rápidamente que tanto O Bolo con todos os seus pobos, como Viana e os seus pobos,  loitaron perante os siglos XIV o XVI por liberarse dos Señoríos de solariegos ou dos condes, que os abafaban a impostos de todo tipo, tanto polas terras, enseres, colleitas e de todo. Querían e lograron ser Realengos, é decir, querían que os administraran os funcionarios reais, eximíndose así das prestacións ou Señoritos e pasaban a pagar polas terras os impostos territoriais de tipo público, máis ou menos o que facemos hoxe que pagamos o Estado ou as Autonomías.

Nestas loitas, que foron moitas e variadas, levaron a voz cantande O Bolo e Viana e por suposto tamén tuvo o seu protagonismo o pobo de Alberguería, moi importante na zona.

No libro citado explícase polo miudo estas liortas.

No dibuxo, de Garcia Tato,  vese a situación exacta de O Bolo e Viana dentro da Provincia de Ourense e dentro de Galicia.

Estas Jurisdicción dende o 19 de xaneiro do ano 1150, co emperador Alfonso VII que mediou na liorta co Obispo de Ourense e o de Astorga, estuveron en relación coa Corona.

Os términos eran prácticamente os de hoxe.

A Jurisdicción de O Bolo, comprendía O Bolo e A Veiga, coa excepción dos lugares de Tuxe, Cambela, Rigueira e Cilleiros que hoxe son de O Bolo, pero en tempos eran de Viana.

O autor tamén pón o seguinte mapa dos municipios, mapa onde me tomei a libertade de dividir Prada en duas partes, espero non lle pareza mal o autor.

 

Prácticamente a división era a misma que hoxe simplemente dividindo a Prada actual en dúas partes, unha das cales era Alberguería, como se pode ver no dibuxo xa correxido por mín.

 

A mediados do século XIV Viana e O Bolo tamén se ven metidas nas liortas entre Pedro I e o seu hermanastro Enrique, O Conde Trastamara. De feito unha vez morto D. Pedro, na batalla de Porto dos Bois, no ano 1369, preto de Lugo, algunhos dos seus incondicionais refuxianse no Bolo e Viana, dos que foron botados ata Portugal posteriormente,  previa unha batalla moi dura. A desfeita que fixeron estos incondicionais, concretamente Fernando Alfonso de Zamora e Men Rodriguez debeu ser moi grande xa que unha vez liberada Viana e O Bolo o 25 de setembro de 1372, o novo rei Enrique II concédelle a zona privilexios, así como os exime de pechos, tributos e cargas.

O feito básico é que este privilexio non se cumpliu e este será un dos argumentos básicos dos veciños da zona para tratar de liberarse do dominio despótico dos Señores. Batalla xudicial na que estuveron nada menos que trescentos anos.

Simplificando moito, repito que o interesado debe ler o libro, onde se explica con detalle, a partir deste punto O Bolo e Viana van entrar nun entramado de sucesións e ventas no que andan polo medio D. Pedro Enríquez, Conde de trastamara, Lemos e Sarria; señor de Monforte, Viana, O Bolo e Villafranca e outros grandes feudos. O caso é que de privilexios nada de nada...

Logo tamén entra no medio Juan Pimentel, que tuvo un goberno da zona con moitos abusos. Así iban sucedéndose señores a cargo do goberno de O Bolo e Viana, inda que a xente seguía insistindo no privilexio otorgado por Enrique II.

Con todas estas historias os Bolenses non conseguían a súa ansiada emancipación, xa que Pimentel non soltaba o poder. Por exemplo, fechado o 24 de octubre do ano 1527 hai un requerimento de Pimentel para que acudisen os habitantes cós maravedís, pan, trigo, centeno que lle debía o Conde.

Os Bolenses respondían como sempre "esta terra non é do Conde, nin eles son os seus vasallos, sinon da súa Maxestade". Esto levaba a un toma e daca xudicial nos que houbo de todo, xeralmente perdían os Bolenses.

Polo medio os caciques de sempre, tratando de sacar tallada a favor. Exactamente dice Isidro García Tato no seu libro "o ideal de ser vasallos da Súa Maxestade, non deixou de ser o cebo utilizado polos abondosos caciques locais para os seus fines". Esto ponse de evidencia nada máis pronunciada unha sentencia condenatoria contra os Pimentel, o facer donación os pobos de Alberguería, Meda, Lamalonga, Valdín, Prado, San Lorenzo, Espiño, A Veiga, castromao, Carracedo, Castromarigo e outros moitos da Terra del Vollo...de todos os dereitos de touciños e outras cousas os que había sido condenados os Pimentel, a Gregorio Fernández. Que se entenda este párrafo, o Pimentel é condenado pero quen leva os touciños é o citado Gregorio Fernández un cacique de turno aproveitado...

A Viana pasáballe o mesmo...

A finais do século XV, os veciños de O Bolo negáronse a pagar as ALCABALAS (era o imposto indirecto que gravaba todo, bienes muebles, inmuebles, etc.) e veña máis xuizos.

Non se sabe ben cando os Bolenses conseguiron revertir a corona a Xurisdicción. Ou sexa cando conseguiron o Señorío de Realengo.

Esto suposo moito para eles, de feito igual que en Viana, iban conseguir non ter que pagar os dereitos de señorío, vasallaxe e fortaleza, que supoña no siglo XVII 40.000 reas o ano. A Adxudicación o Concello de tódolos montes, non tendo que pagar os veciños o foro. Non ter que pagar o tributo de doblas, fanegas, touciños e carneiros, según o cal cada veciño que tuvera dous o máis bois debía pagar o ano ó Marqués 80 maravedíes e 4 tegas de centeno. os que tiñan un boi a mitade.

Tamén tiñan dereito a elexir o día de San Xoán dous alcaldes ordinarios, escribano, merino e alcaldes maiores de segunda instancia. Tamén unha reducción dun 30 por mil da paga ó merino nas execucións de sentencias. Liberación de todo tributo de peaxe, portazgo, pontazgo e barcaxe. E outras cousas...

Así no Bolo en virtude dos privilexios reais tiñan dereito, os 48 pobos,  a elexir anualmente os maiordomos pedáneos, un por cada pobo, os cales acudían acompañados de dous apoderados á Asamblea que se celebraba todos los primeiros do ano. Alí nombraban dous xueces ou alcaldes ordinarios, un para a zona de montaña e outro para a zona de ribeira. O mesmo tempo elexían a un procurador xeral síndico, que equivalía hoxe o defensor do pobo. Estos a súa vez nombraban a catro rexidores. Na Asamblea anual os postores elexían e nombraban tamén procurador personero e dous diputados do común, todos eles cargos anuais.

Os escribanos no Bolo non eran nombrados, nin elexidos, sinon que eran cargos perpetuos, ligados a dúas familias: la de Salgado e a de Sagrario.

Sigue decindo o autor do libro que non cabe dúbida de que O Bolo e a súa terra, na súa condición de realengo, disfrutaban dunha certa libertade democrática, a hora de elexir os seus cargos administrativos. Libertade que non existía noutras xuridicións...

Pese a todo había moitas corruptelas na zona.

Este sistema tuvo tamén detractores. Así con data 29 de agosto do 1803 dous abogados Ramón López Quiroga do Santuario de As Ermitas e Luís Ramirez Alvarez de Carracedo, dirixiron unha representación ante o Consello real, nela expoñen que de ordinario os xueces elexidos anualmente no Bolo era xente sin formación e máis preocupados por cuestións personais que por coñecer as leis e facer xustiza. Por elo suplicaban de a tenor da calidade e circunstancias dos solicitantes, a continuación dos seus oficios polo tempo necesario a reforma dos abusos malamente introducidos.

Ante este intento innovador o procurador síndico e os apoderados de 44 lugares de O Bolo reúnense o 18 de decembro de 1803 en Alberguería, redactaron e enviaron o Real Consello unha contestación ó escrito dos abogados, facendo fincapé nas costumes e dereitos de tempo inmemorial e atacando os abogados. Por certo o escrito (que trae íntegro o traballo o final) contén todos os nomes dos presentes, pobo a pobo, por Alberguería firman Esteban Carracedo, Domingo Fernández e Josef de Anta. O escrito tamén aparece firmado por Alberguería, por  Juan Antonio Armesto y Sagrario.

(Aparece o escrito e como seguiu esta loita, no libro citado).

Para terminar este pequeno resumen, inda aparece reflexado o nome de Alberguería noutro episodio del libro, concretamente ocurrido o 23 de febreiro de  1824, cando acude o comisionado  real para cesar ó alcalde Vicente González, quén según a súa muller Marta Fernández , facía dous ou tres días que faltaba da casa, o parecer estaba en Ourense. O comisionado formou oficio, polo que cesou o alcalde, según testigo a súa muller Marta. O final todo quedou en nada.

O autor do libro saca unha conclusión, onde aclara a peculiaridade desta terra. Alude a que non soio había que cambiar o sistema, sinon tamén a mentalidade.

O claro é que o libro é unha autentica xoia.

Tamén nos axuda a manter viva a memoria dun pobo que foi importante na zona e que sigue sendo moi importante nos nosos corazóns.

Dende esta páxina www dar as gracias o autor e recomendar a lectura do libro.

Subir.