A

 

C

 

A

 

O

Galardóns otorgados pola Asociación Cultural Alberguería Oleiros o día 15 de agosto do ano 2008. Na fotografía no nome da Asociación ACAO entregaron os galardóns  Moisés Blanco e Maruja Prada; aparecen tres dos galardonados: Lily Estévez, Fernando Fernández e Secundino Lorenzo.

Ver os galardóns

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír a ACAO                                                   Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír a álbum festa 2008 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALARDONS.

Na fotografía Maruja Prada entregando unha placa a Lily Estévez Paradelo pola súa importantísima contribución en pro de Alberguería. Realmente Lily é a persoa clave en moitas das cousas que se fixeron e fan en pro de Alberguería, entre elas a páxina web e toda a promoción e posta en valor de Alberguería en Arxentina.

Tamén Secundino Lorenzo foi nombrado "Veciño de corazón de Alberguería" o que equivale a "Fillo adoptivo de Alberguería",  recibindo unha placa e o Carnet de ACAO có nº 1. Teño que decir, que me emocionei; para mín foi un día especial na miña vida...

É todo un honor...

Placa entregada a Ovidio Prada, neste caso recollida polo seu irmán Luis debido a enfermedade que padece actualmente Ovidio.

Dende esta páxina decirlle a Ovidio Prada e a súa señora que os botamos de menos e que se recuperen cuanto antes...

Ovidio Prada xunto con Lily Estévez foron durante estos anos as persoas que puseron en valor unha chea de eventos en prol de Alberguería. Ovidio e Lily, xunto con Obdulia e Claudina , xa fallecidas,  foron e son para mín os meus mellores informadores.

Tamén se entregou unha placa a Santiago Palmeiro que non poido recoller por motivos moi particulares.

Santiago Palmeiro e outro referente importantísimo no que supón a documentación sobre Alberguería.

É tamén o autor do libro "La marca del agua" que dentro de pouco publicará a Diputación de Ourense e que foi donada a Asociación ACAO.

Tamén recibiu unha placa conmemorativa  Fernando Fernández, alcalde actual de A Veiga, pola súa colaboración con todo o que se fai en prol de Alberguería. Realmente dende que colleo a alcaldía fixo moitísimo pola nosa causa e en palabras súas no futuro ten moitas ideas en favor do noso obxetivo máximo: manter viva Alberguería.

Tamén se entregou unha placa a Jose Luis Baltar que recolleu no seu nome Moisés Blanco, na fotografía a esquerda. José Luis Baltar tamén está disposto, dende a Diputación de Ourense, a colaborar coa asociación Acao en moitísimas cousas: carnet, publicación do libro "La marca del agua", etc.

Tamén había unha placa para D. Eloy Tato, o antiguo párroco de Alberguería que sempre foi moi lembrado e moi querido.

Recolleo a placa Luis Prada, xa que D. Eloy non poido asistir este ano a este evento por motivos de saude. Dende esta páxina decirlle a D. Eloy que o botamos de menos e que se recupere canto antes...

Tamén houbo unha pandereta para a pandereiteira oficial do pobo Cristina Canelas que recolleu neste caso Manuel Canelas.

Cristina Canelas, que non poido asistir o evento é unha personaxe típica de Alberguería e defeito como tal ten dedicado unha pequena ficha.

Por último a Asociación Cultural ACAO tamén quiso lembrar, premiar e desexar que vivan moito tempo os seus maiores, polo que entregou medallas conmemorativas os seguintes veciños de Alberguería que inda viven. Algunhos non estaban presentes e outros si. Os agasallos  foron recollidos por eles mismos ou ben algún familiar presente.

Estas foron as persoas que levaron algún agasallo por parte da ACAO:

Ramona Fernández Paradelo
Pura Álvarez González
Isabel Dieguez
Generosa López Sierra
Elena Rodríguez
Maria Tomasa Blanco Paradelo
Ermitas Méndez Enrriguez
Josefa Estévez Nogueira
Sofía Fernández Prada

Estas son algunhas fotografías:

Video de Tiberio Arias. Galardóns e discurso de Lily.

Video de Tiberio Arias. Discurso do Alcalde.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír