15-1205-2008

(c)C.Veiga

CONCELLO DA VEIGA (Manteño cousas do anterior. Actualizado a 2008)

Resumen dos folletos turísticos anterior e do actual.

                                      

  Outras actividades.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTRODUCCIÓN

Na fotografía vese a cola do encoro de Prada e a esquerda o pobo de A Veiga. A estrada que se ve sigue o río Xares ata o pobo de A Ponte.

INTRODUCCIÓN

 0 Concello da Velga é a porta de entrada ó macizo de Pena Trevinca no que se atopan as montañas máis altas de Galicia. ó abeiro destes cumes  esténdese unha paisaxe de frondosa vexetación sucada por agrestes ríos que van debuxando harmoniosas paraxes nas que se agochan aldeas de sabia arquitectura habitadas por xentes amables que aínda conservan moitas das tradicións populares.   Atápase no oriente ourensán, e os seus 291quilómetros cadrados convérteno no municipio mais extenso da provincia de Ourense, e un dos maiores de Galicia. As súas xentes repártense entre os 29 pobos que o compoñen.   Terras da alta montaña que ofrecen ó visitante un auténtico tesouro natural e etnográfico para gozar en calquera época do ano. Fol declarado Municipio Turístico Galego o 27 de setembro de 2001.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XEOGRAFÍA.

DESCRICIÓN  XEOGRÁFICA

 A Veiga amosa un relevo xeográfico moldeado pola acción dos xeos (as pegadas desta actividade glacial persisten en forma de lagoas  coma a de 0 Celo, a da Serpe, a do Pico de 0 Celo, a de A Laceira ou a de Carrizais) e os cursos dos ríos, que formaron un espacio central de menor altitude cinguido polas altas serras. Nestas  serras érguese o Pico de Pena Trevinca, que cos  seus 2.127 metros constitúe o teito de Galicia. Unha abondosa rede hidrográfica, de evocadora  toponimia (Corzos, Mao, Requeixo, Canda ... ),   flúe vertixinosamente desde as terras altas para iren xuntándose co río Xares. Este, farturento nos  meses de marzo a abril e famento en agosto, convértese a altura da Veiga nun paradisíaco mar  interior por mor do encoro de Prada.

Neste mapa de Juanjo Seoane vense perfectamente todos os accidentes máis importantes de A Veiga.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRADICIÓNS.

A Lagoa da Serpe (non moi lonxe do pobo da Ponte), onde unha princesa encantada se atopa cautiva.

Mapa de A Veiga para saber onde está a Lagoa da Serpe.

As lendas son narracións de sucesos que puideron acontecer en tempos inmemoriais e que se foron transmitindo oralmente de    avós a netos á carán do lume a través dos tem.pos. Na Veiga estes relatos, algúns de orixe celta, están asociados a lugares moi concretos como covas e lagoas e neles aparecen princesas, doncelas mouras e encantamentos. Unha das máis populares é a lenda da lagoa da serpe:

 

 "Todas as noltes de San Xoán, dende os tempos dos mouros,  sobre unha pulida rocha a beira da lagoa aparecese unha fermosa princesa de cabelos cor acibeche pero o máis admirable é que o resto do ano a princesa convertese nunha enorme serpe.

 Un ano un lanzal mozo da aldea de Xares decidiu que el era quen de desencantar o terrible monstro e así a noite de San Xoán rubiu ata a lagoa e alí sobre a rocha contemplou a moza entre o resplandor da lúa peiteando os seus cabelos... Entón ela díxolle se que es valente e arriscado pero terás que amosarme o teu valor e así cando sala o sol transformareime en serpe e atravesarei a lagoa e cando me achegue a ti coa boca aberta deberás cuspirme nela. Se o fas así o maleficio que   padezo romperase e serel túa para sempre. 0 mozo   respondeulle: oe muller, eu son home probado e non temo a nada e se cheguel ata aquí é para que sexas sempre como agora e casar contigo. E a princesa contestoulle: ese será o premio  para quen poda superar o medo de verme transformada en serpe e tamén serán súas as enormes riquezas que atesouro e o reino que me pertence. Mais cando as primeiras raiolas do amencer tocaron o doce  corpo da princesa esta de súpeto converteuse nunha enorme serpe que cos seus asubíos facía tremer o Teso e o achegarse a carón do mozo este fuxiu espavorecido esquecendo a súa promesa e así fica a princesa encantada na lagoa ..."

 

"(Lenda recollida por Eduardo Ávila).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MACIZO CENTRAL

O MACIZO DE PENA TREVINCA

 0 macizo de Pena Trevinca está situado na zona máis oriental da provincia de Ourense e nel atápase a maior altitude de Galicia, o pico de Pena Trevinca con 2.127   m. A máis deste os cumes de Pena Negra, Picón, e Trevinca Norte superan os 2000 m. de altitude.

A área de Pena Trevinca foi proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000 como espacio natural en réxime de protección xeral, sumando unha superficie de 22 .000 hectáreas.

 No macizo atopamos sorprendentes e agrestes paisaxes nas que os vales, circos e lagoas son testemuñas da presencia, hai miles de anos, dos xeos que cubrían estas terras.

    A riqueza botánica deste espacio é realmente grande, non só pola súa diversidade, senón tamén pola presencia de numerosos filóns cun maior ou menor grao de  endemismo (Agrostis Tileni, Genista Sanabriensis ... ).

Nas zonas altas podemos atopar tubeiras acedas de esfagnos, hábitats extraordinariamente fráxiles e fragmentados. De todas as formacións vexetais existentes salientar o bosque de teixos coñecido como 0 Teixadal de Casaio, un dos máis importantes de Europa.

      Á parte do seu interese ecolóxico o Macizo conta con grandes posibilidades para a realización de actividades deportivas de montaña: escalada, ascensión, esquí de travesía e sendeirismo. Ademais estase a promover a creación dunha estación de esquí na zona coñecida como o Xencial e que tería unha superficie de 600 hectáreas cun total de 19 pistas e 22 km esquiables. Este proxecto garantirá o desenvolvemento e o futuro económico desta zona completando así unha ampla oferta turística durante todo o ano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAZA E PESCA

CAZA E PESCA

 Neste concello pódese practicar a caza maior nas dúas modalidades de rececho e montería, abundan especies como o corzo, o cervo, o muflón e o xabaril. Ademais en todo o municipio abunda a caza menor (perdiz parda e perdiz vermella lebre, coello de monte e o raposo).

 Outra activade de grande auxe é a pesca o contar con ríos excelentes para a súa práctica como o Xares, onde son abondosas as troitas e se deixan ver outras especies como o barbo e a boga. No Xares hai un tramo que é actualmente couto de pesca. Trátase de 4,5 km. de río dende onde desemboca o regato da Canda ata o Pozo dos Mouros. Río moi coidado, doado de pescar e cunha troita exquisita. A medida son 17 cm. e pódense pescar 10 troitas. Interesados chamar a este tfno.  988350094.

 

Fotografías (do autor da web) do couto de Xares. Un bon río.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FLORA e FAUNA.

 

0 macizo de Pena Trevinca supón un grande interese botánico, e nel podemos a atopar exemplares endémicos únicos desta zona. Nas zonas situadas por debaixo dos 1.200 m. aparece unha frondosa vexetación arbórea na que destacan os rebolos, castaños e abelairas.

 

   A Veiga conta cunha fauna rica e variada. Corzos, cervos, muflóns, lobos e xabarís teñen o seu hábitat nas súas fragas. Tamén hai unha poboación importante de (coellos de monte, perdiz parda, perdiz vermella, perdiz parda, o raposo, a becada, multitude de esquíos, entre outros animais. Especies depredadoras, como a garduña, a xineta, o gato montés ou o teixugo. A riqueza faunística tamén ten o seu reflexo nas aves, así poden verse exemplares de gavilán , aguia real, ratoneiro común, mouchos e coruxas. Nos regatos e en determinadas lagoas atopámonos con abundancia troitas e ciprínidos. 

Independentemente do anterior o novo folleto inclue unha relación de Flora e Fauna interesante:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HISTORIA.

 Da súa historia máis remota son mostra as inscricións prerromanas que podemos ver na casa   dos Baqueiros en Ponte e en lugares como Castromao, Castromarigo ou o Castro de Xares    nos que a súa toponimia reflicte a presencia   castrexa. Posteriormente durante os séculos XVI ó XIX a VeIga tivo unha intensa actividade política e eco nómica. A principios do século XIX este concello dependía directamente da coroa polo que gozaba clunha división administrativa mol diferente ás das localidades valdeorresas. Máis tarde entrou no partido xudicial de Valdeorras formando dous   concellos o de Castromarigo e o de Espiño. Coa     división municipal de 1835 fórmase o actual concello da Veiga. Xa no século XX a gandería e  os recursos forestais xunto coa construcción do encoro de Prada no ano 1958, non impediron a       masiva emigración da poboación cara a outros      lugares. Feito este que hoxe en día aínda se     segue a dar.

Nota: o folleto do 2008 engade os Castros de: Castro das Corbaceiras (Corzos); Castro das Mourinallas /Espiños); Castro de Lama Redonda en Lamalonga, Castro de Espenuca en Prada e Castro das Caborcas en Requeixo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ARTE E ARQUITECTURA POPULAR.

O folleto do 2008 engade:

Os Muíños do Lameiro, das Lastras e de Benigno.

Os teares de Camila e da Ermida

O Forno Comunal de Espiño, A Palleira do Xardín e a Forxa do Pobo.

    A arquitectura que máis abonda no municipio é a rural, típica do estilo tradicional das zonas de alta montaña. Son vivendas construídas con sillar visto e  madeira con cuberta de lousa bruta e con escaleira exterior de pedra. Este tipo de construccións desta can por seren elementos arquitectónicos en perfecta simbioses co entorno natural. Algunhas destas vivendas aínda conservan o forno para cocer o pan Ou os teares para o liño, carros e arados, pezas únicas da artesanía popular da zona. Hoxe en día estase a crear unha infraestructura turística baseada na rehabilitación destas casas tradicionais. Outros elementos arquitectónicos de grande interese son os pombais, os refuxios de pastores, muíños, teares, fraguas e fontes que nos ofrecen evocadores imáxenes dos antigos poboadores destas terras.

A Veiga ofrece tamén 6 visitant e excelentes mostras de arte relixioso, que se plasman abundante patrimonio de igrexas, retablos, pinturas e esculturas que abarcan diversidade de estilos.

 Na arte popular destaca a aldea de Lamalonga, todo ela e os seus arredores acollen as esculturas en madeira e pedra, de temática relixiosa e costumista, realizadas polo artista da terra Pepe do Barrio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FEIRAS E FESTAS.

Nos meses de verán, nos que polo regreso dos  emigrantes se triplica a poboación, A Veiga         convertese nun continuo festexo.

 Como curiosidade, no mes de agosto non existe un só día no que algún dos pobos non conmemore a súa festa. 

Unha das celebracións máis salientables é o Cor pus Christi; subsiste unha ancestral tradición consistente na confección de fermosas alfombras florais.

   No tocante ás feiras, na capitalidade do municipio teñen lugar tres feiras mensuais, os días 9, 17 e 29 (Cando o día de feira coincide en domingo trasiládase ó luns seguinte).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rutas de senderismo

         Só se coñece ben o que se percorre a pé. Os antigos camiños, sendeiros, corredoliras e vías pe  cuarias que serviron ó longo dos séculos para  desprazarse é un legado dos nosos antepasados  que debemos conservar. 0 sendeirismo permíte nos manter, recuperar e percorrer as redes viarias  que comunican as aldeas, así como poder gozar da natureza e da nosa cultura.

     A Veiga é un enclave idóneo para a práctica do sendeirismo e para realizar excursións en bicicleta    de montaña, algunhas das rutas existentes enuméranse a continuación, e acerca delas  pódese obter máis información na guía de rutas do Concello

 RUTA DAS CARBALLEIRAS CENTENARIAS

 RUTA DAS LAGOAS.

 RUTA DE PENA TREVINCA

 RUTA DOS MUÍÑOS

ESPECIAL G.R. PENA TREVINCA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PENA TREVINCA - REDE NATURA 2000

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O ENCORO DE PRADA

O aprovetamento turístico do Encoro de Prada é un dos eixos fundamentais do Turismo do Concello de A veiga.

Atopamos neste encoro, praias e areais, aldeas ribeireñas, illas e "isa brisa que aínda nos veráns máis calurosos vai enguedeñando toda a herba que vive nos prados e lameiros do Xares".

O Catamarán: Sta María de Alberguería.

   Dende o embarcadoiro situado na Praia dos Franceses, pódense realizar excursións turísticas polo encoro, para visitar a Illa de Prada, chamada preboubo e navegar por riba da aldea asolagada de Alberguería. "...por riba dos llantos dos veciños de Alberguería que no ano 1958 tuveron que deixar as súas casas, por culpa dun mal entendido progreso...". Esto está engadido por mín... (Secundino).

 

A escola municipal de Piragüismo.

   Na Praia dos Franceses atópase a escola municipal de Piragüismo donde se pode realizar cursiños de iniciación a este deporte naútico así como realizar paseos turísticos en piragua.

Fotografía do autor da web. Secundino 13/12/2008.

O Paseo fluvial do encoro.

       Na marxe dereita do encoro na localidade de A veiga, poderemos percorrer o paseo fluvial, donde destaca O Bosque das Esculturas e unha futura aula da natureza.

A Senda Verde do Xares.

      Nun futuro, concretamente en Maio do 2009 poderemos continuar o noso paseo pola Sensa Verde do Xares. Un sendeiro circular en torno o Encoro de Prada, con cinco miradores con prismáticos e un mirador especial que explicará a historia do pobo de Alberguería..