O libro de Felix García Yáñez.

Félix García Yáñez  naceu no Barco o ano 1954.

É licenciado en Historia Contemporanea e doutorado pola Universitat Popeu i Fabra.

Ten traballado sobre economía agraria, na actualidade, desenvolve o seu labor profesional no Servizo de Documentación  do Xornal El País en Barcelona.

O libro  ten 753 páxinas está editado en galego por Ediccións A Nosa Terra e trae abundante documentación sobre a historia no período 1931-1977. Tamén trae un conxunto moi interesante de fotografías.

O libro está dedicado a:

"Á memoria dos que pagaron coa súa vida, co exilio,  coa cadea ou coa marxinación social a súa oposición a un rexime edificado sobre os cemiterios da guerra civil".

Doulle as grazas e a miña enhoraboa  a Félix García Yáñez pola publicación dun libro tan básico para entender a historia do Barco e Valdeorras nese período de tempo.

Non lle pedín permiso para usar o seu texto no referente o pobo de Alberguería, do que fai moitas referencias, pero penso que os libros de historia están para eso, para facer uso deles e referencialos como se merece.

Posteriormente si escribin un correo e si me contesta  "Pola miña parte non hai inconveniente en que utilice o que lle veña ben do libro, pero os dereitos de autor están nestes momentos a cargo da editorial, e sería convinte falar con eles.  Saúdos".

Por certo decir que a Editorial non me puxo problema ningún. Moitas grazas.

Merece a pena mercar este gran libro. Está editado por Edicións a Nosa Terra no 2005.

Perteñece a coleción "O Fardel da Memoria".

 

Esta foi a presentación do libro no Barco de Valdeorras.  O texto é de Ángeles Rodríguez

(Información sacada  do nº 116 da Publicación Mensual O Sil )

A presentación foi seguida por numerosas persoas.

 

O autor do libro, o barquense Félix García Yáñez.

 

Resumen do texto de Ángeles Rodriguez:

"A represión é o tema fundamental, pero non é o único" dice o autor do libro.

"Tentar explicar o franquismo a ver cales eran os mecanismos para que tivese unha base social tan ampla en Valdeorra e proba diso é que perduran problemas de recoller material, moitas testemuñas decíanme que non querían que apareceran os seus nomes nin a súa familia" sigue a decir...

O libro está estructurado en once capítulos que se completan cunha introdución gráfica e un anexo de fontes e bibliografía.

O punto de partida é o capítulo da II República no que inclúe o momento do alzamento, para, de seguido, abordar a guerra civil e o franquismo. O autor detense na represión exercida nas súas diversas facianas, así como nos aparatos de dominación, entre os que mencionan a Falanxe, a Igrexa e os medios de comunicación. Tamén menciona a concreción do poder nos concellos...etc.

Pasa revista as principais actividades na comarca: o agro, o sector mineiro, o wolframio, o sector químico e o eléctrico.

Os problemas cós que se atopuo moitos...

"Problemas para acceder os arquivos como o Bispado de Astorga, que calificou de infranqueable, así como as dificultais dalgunhas fontes orais.

"Outro condicionamento que me impuxen a min mesmo porque crin que era máis ético: non citar os asasinos. Foi un problema máis alá de quen mataba ou non e moitas veces foron as circunstancias as que fixeron que un fora o asasino e outro o asesinado. No libro aparecen en lugar dos nomes puntos suspensivos, tamén por un tema legal"

Un dos momentos da presentación do libro en Valdeorras.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír