ALBERGUERÍA

POBO ASOLAGADO POLO ENCORO  DE PRADA 1958 (Ourense). 

FESTA  DO ANO     2002.

Encoro de Prada en Ourense. Debaixo está o pobo de Alberguería.   Pobo de Alberguería en 1958. Ourense.

    

 

Subcapítulo As reivindicacións

Subcapítulo Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS REIVINDICACIÓNS:

       

           

A festa do pobo de Alberguería, celébrase tódolos anos o día 15 de agosto a carón do encoro de Prada, no Municipio da Veiga.

Os veciños (a maioría) montan una carpa bastante grande, xunto a presa, e debaixo dela fan una misa (este ano oficiada polo párroco daqueles días...), cómese, bailase, etc.

Si ven un mal día nada de nada. Cada un para súa casa...

Non entendo como a Diputación de Ourense, o Concello da Veiga  e a Xunta de Galicia (que está facendo centos de áreas recreativas na provincia), non ten xa feito unha área recreativa cuberta que sirva para facer estas cousas, máxime cando o lugar está cheo de bañistas e pescadores no verán, xa que é unha zona preciosa.

É certo que a Veiga axuda a festa (seica deu 25.000 pts) pero hai que facer moito máis. E HAI QUE FACELO XA.

Dende esta folla www pídese, penso que é de xustiza,  un lugar que acolla polo menos a cen persoas, con zonas cubertas, unha fonte e lugares para botar a basura, con recollida polo menos cada dous días no verán...o lugar debe ser o da fotografía, o sea, a carón da presa.

Realmente son catro pesos...Alberguería e a súa festa é unha razón de moito peso...

 

 

OUTRAS REIVINDICACIÓNS:

Por certo hai camisetas para reivindicar que Alberguería existe. O parecer saen a rua tres días o mes, con camisetas e pancartas. A súa reivindicación é que Alberguería existe e non se quedou debaixo das augas do encoro.

Pola miña banda, teño que recoñecer que nada máis chegar a festa estuven con Francisca López Porto, veciña da primeira casa que hai a carón do encoro, e portavoz deste grupo. Amablemente fun invitado a comer por esta familia cousa que agradezco.

Logo, este grupo, non sei as razóns, non se sumou o grupo máis numeroso na festa, e fixo a súa festa propia, con charanga incluida.

Sobra decir que esta folla está aberta a todos e non vou entrar, de momento, si Alberguería (físicamente y realmente) existe.

Pola miña banda darlle as gracias, a pesar de que comín co outro grupo, toda vez que coñecía a familia Prada.

Saír