ALBERGUERÍA

POBO ASOLAGADO POLO ENCORO  DE PRADA 1958 (Ourense). 

FESTA  DO ANO     2002.

 

Encoro de Prada en Ourense. Debaixo está o pobo de Alberguería.                    Pobo de Alberguería en 1958. Ourense.

        

¡Sempre                 Alberguería!

Subcapítulo A queimada.

Subcapítulo Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A QUEIMADA

         

A festa do pobo de Alberguería, celébrase tódolos anos o día 15 de agosto.

Os veciños do pobo asolagado polo encoro de Prada no ano 1958 e as súas familias e os seus amigos reúnense a carón do encoro e celebran unha festa por todolo alto: misa, comida, jolgorio, queimada, chistes e un longo etc. moi entrañable.

O final da comida non faltou a queimada con conxuro e todo.

Sirva esta pequena mostra:

Preparación da queimada. Non faltou por suposto a música e o bruxo reglamentario.

Mesa para facer a queimada. Neste momento está queimándose a augardente o son da música.

Outro momento.

O "bruxo" que fixo o conxuro para afasta_los demos ou malos espíritus, todo un especialista. Por certo o bruxo chámase Pedro Paradelo Dieguez. O pobo de Alberguería tiña de todo.

Ver unha versión do Conxuro

A queimada, e como fondo o encoro,  e debaixo o pobo de Alberguería, que está claro que inda vive.

Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONXURO

 

 

A QUEIMADA      CONXURO

 

Mo

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.

Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol, levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno e fuxirán as
meigas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no
augoardente quedando así purificadas.

E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,
participen con nós desta queimada.  

Nota: hai tamén outros conxuros, ver por exemplo este link.