FESTA  DO ANO     2002.

Sin dúbida foi especial

Xa que fun invitado

¡Sempre                 Alberguería!                             

Subcapítulo Presentación.
Subcapítulo Sair

ALBERGUERÍA

POBO ASOLAGADO POLO ENCORO  DE PRADA 1958 (Ourense). 

FESTA  DO ANO     2002.

Encoro de Prada en Ourense. Debaixo está o pobo de Alberguería. ............ Pobo de Alberguería en 1958. Ourense.

PRESENTACIÓN:

Hola amigos de Alberguería:

Simplemente decirvos que espero que vos guste este pequeno traballo que fixen con moitísima satisfación.

Dende Ourense un cariñoso saudo e unha aperta a todas as xentes maravillosas, do pobo de Alberguería, que coñecín o 15 de agosto do 2002 na vosa festa da Asunción.

Unha aperta a todos, e gracias pola invitación:

Secundino Lorenzo.

 

 

Poño esta fotografía miña, sacada o día  12-08-2002 na costa da Coruña, moi preto de Cariño, na Serra da Capelada. O lugar chámase "Vixía de Herbeira" e permite ver un acantilado de máis de 610 metros, probablemente único en Europa, como a vosa terra, as montañas de Alberguería, os cañóns do Xares e do río Mao, baixando ata a Alberguería e Prada e un longo etc. Galicia é única, sin lugar a dúbidas.

Non poido deixar pasar esta oportunidade, sin dar as gracias a algunha xente de Alberguería:

A D. Eloy Tato, que me fixo moita gracia cando contou o campeonato entre nenos e nenas para acudir o rosario...ademais é un home que destila cariño polos catro costados e que se nota leva Alberguería no corazón.

A Lola e Servando a nora e o fillo de Obdulia Paradelo, que con algunha lagrimiña nos ollos non deixaron de agradecerme a dedicatoria que fixen na morte de Obdulia Paradelo. Non deixaron de invitarme o que quixera...por certo tiñan unha rosca deliciosa...

Tamén a familia de Dictino Gómez Fernández "O Pirulí" que tiña Peluquería en Alberguería, tamén taberna, era zapateiro, festeiro e o mellor bailador de muiñeira da comarca. Con esta familia estuven a comer o polbo, que estaba riquísimo,e boas empanadas de carne e de bonito  e outras viandas sabrosísimas ... todo rociado cun bons viños "da casa" , xa sabedes... ¡menuda cuchipanda!. ¡Moitas  gracias!.

Por suposto a familia Prada, a Ovidio Prada e Sra., a Luis Prada e a súa dona Concepción e toda familia que, aparte de darme un vale para coller unha ración de polbo, envitáronme a todo o que quisera. Tomei café e bica (boísima de Prada)  con eles. Por certo dinlle clases (como profesor en Ourense)  a catro dos seus fillos. Neste ano a Gloria María. Sensacionais alumnos e sensacional familia. 

Esta familia son  a alma da festa. Son todo amabilidade.  Moitas gracias.

En fin moitas gracias a todos...

Secundino Lorenzo.

Saír