UNHA ZONA SENSACIONAL DO RÍO BIBEI EN OURENSE

"Buscando o Santuario das Ermitas pola estrada da Rua a Viana, atopei (xa o coñecía)  un Santuario fermosísimo que merece a pena visitar, pero tamén un río defenestrado por un encoro que non deixa vivir nin as rás...".

Ver algunhas fotografías...

 

No mapa atópase o Santuario das Ermidas  no punto marcado en bermello e azul no centro, a estrada verde é a que leva da Rúa a Viana, pasando por Portomourisco, e o Alto do Covelo, hoxe en moi boas condicións. O Santuario está no Concello do Bolo, entre a Rúa e Viana, na Provincia de Ourense. As curvas de nivel é por onde debera pasar o río Bibei, que hoxe deberan chamarse "os Charcos do Bibei" gracia a Iberdrola.

A zona é moi doado chegar. Basta ir ata a Rúa e coller a estrada vella, que vai ata Ourense, por Trives, os catro km.  o chegar a Freixido coller a ezquerda, estrada que vai a Viana.

A catro kilómetros está Portomourisco e a 13 km está indicada a baixada o Santuario das Ermidas. Dende a estrada xa se ve o Santuario (ver a primeira fotografía).

Merece a pena, trátase dun santuario do século XVII cunha lenda que data  do século VII, xa que o ganado o pasar pola zona  tornábase doente. Os pastores investigaron e atoparon unha virxen  cun Neno no colo. En vistas o anterior fíxose unha pequena ermida (ermita) e no século XVII o obispo de Astorga fixo o monasterio actual.

 O Santuario é precioso así como o edificio  lateral chamado Casa da Administración e un viacrucis que arranca no adro, con 14 capelas,  e que data do século XVIII. Este viacrucis é único en Galicia.

Ver algunhas fotografías da zona.

(Pulsando a fotografía vese máis grande, a pantalla completa, pero tarda tempo)

Fotografía de 1934. Descoñezo o autor.

Descoñezo o autor da fotografía.

Santuario das Ermidas, no Bolo, Ourense. A romería da Virxe das Ermidas, faise o 9 de octubre, a esta romería van moitísimos peregrinos de Trives, Valdeorras, Viana, o Bierzo e Sanabria. que van a pé e algúns descalzos; trátase dende logo dun Santuario moi milagreiro e ten moita sona.

En tempos os devotos estaban nove días; na zona estaban habilitadas hospederías e pousadas.

Tamén me consta que iba moita xente do pobo de Alberguería, que hoxe está no fondo do encoro de Prada (dende 1958). Había 9 kms. de distancia, distancia que se podía recorrer perfectamente no día (madrugando). Ver mapa.

A zona é preciosa, únicamente desentona o leito do río Bibei,  sen auga por culpa de un encoro de Hiberdrola que non deixa prácticamente caudal ningún. A Xunta de Galicia debería tomar mans no asunto e facer que este río volva a ter vida.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

O cruceiro que se ve nesta fotografía, que está precisamente no adro, foi  costeado polo portugués Manoel Miranda cun donativo de  510 reais de vellón. O cruceiro é un simbolo da Árbore da salvación, un viacrucis condensado. Casi nada. A partir de aquí arranca un viacrucis, precisamente vense na fotografía as primeiras capelas, este viacrucis foi  feito xa no século XVIII, que segue o "Camiño do deserto", con sesenta e dúas figuras xeitosamente talladas. A quinta estación desapareceu no 1909, por mor dun derrumbe, sendo refeita máis tarde.

De frente a Casa da Administración. Lugar para o estudio do Latín e da Filosofía, dependentes do seminario de Astorga.

 

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Vista do Santuario dende a estrada da Rúa a Viana. O cañón do río Bibei é impresionante pero non ten río...

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

O río Bibei a carón do Santuario ¡pobriño! non viven nin as rás... unha vergoña.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Pequenos soportais, onde vendían os devotos diversos víveres e outros. O Santuario foi realizado a proposta de  Alonso Mexía, que seica curou milagrosamente neste lugar, pero o edificio foi realizado polo seu sucesor, Nicolás de Madrid, que dirixía naquel intre a construcción do Panteón dos Reis do Escorial.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Vista do adro do Santuario e da fachada do Santuario. A iglesia, dende logo, é fermosísima e non se axusta os moldes  clásicos, de feito está orientada o naciente, o que é bastante atípico. Por detrás ten unha gran roca, e esa debe ser a razón, entre outras.

Dende logo o Santuario é dos mellores de Galicia.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Outra fotografía  do entorno do Santuario. O santuario está rodeado de socalcos onde madura o viño entre olivos, cipreses, almendros e xaras. Unha zona sensacional.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

O río Bibei, nesta zona é unha sucesión de pozos profundos e un pouquiño de auga. Podría ser un río, pero nono é, son unhas cantas charcas ...Iberdrola, unha multinacional que presume de ecoloxista, ten a culpa..."poderoso cabaleiro é don diñeiro"

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Campanarios do Santuario. O edificio fíxose por etapas, de feito no interior hai diferencias entre as naves, que foron construidas en distintas épocas.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Outra vista do entorno.

No ano 1909 houbo un desprendemento de rochas que arrasou varias vivendas e unha das capelas do Vía Crucis. Foron 28 mortos.

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

Outra vista do campanario. No interior do santuario, o altar maior é barroco.

No santuario gárdanse algúns obxetos famosos como o "Cristo Monfortino", que é moi peculiar e ten "a súa historia", que ven a conto, pero nona conto, hai que ir o Santuario...

Fotografía de Xustino Barrio.

Pulsar para ver a toda pantalla.

A casa  da Administración, que sempre funcionou como centro de estudios de filosofía e latín  dependente do Seminario de Astorga e como centro  hospital de peregrinos. Tamén como dependencias de artesáns, que alí fabricaban e vendían as súas cousas os peregrinos. Foi en tempos colexio (1892-1941), e Seminario (1945-1963).

 Documentación sobre o Santuario:

Algúns datos anteriores están sacados do libro "Galicia Enteira" , libro número 11 de Xosé Luís Laredo Verdejo. 

Tamén utilizo o libro  "Ourense Guia Monumental"  editado pola Diputación Provincial de Ourense.

Atopei fai uns días o libro "Santuario da Virxe das Ermidas" Ourense. Un libro que trae moitos datos sobre este Santuario. Publicado pola Xunta de Galicia no 1992. Ver algunhas fotografías deste libro e outros datos.

 

Evidentemente o lector pode pensar que "me paso", cando falo do caudal do río Bibei, e cando digo, que O RÍO BIBEI, NESTE LUGAR NON É UN RÍO, SON CHARCAS... A vista das fotografías,  pode pensar que esaxero; pois ben, aquí van algunhas probas do que digo, de tódolos xeitos non hai mellor proba que facer unha visita o lugar e comprobalo persoalmente. Así lle pasou o autor das fotos, o meu compañeiro Xustino, dixo o voltar "que era impresentable como estaba o río". As multinacionais que teñen os encoros na Provincia de Ourense ( esto xa o digo eu), fan o que lles da a gana cós nosos ríos, e a verdade "OS RÍOS NON SON DELES, E XA VAI SENDO HORA DE QUE MIREN POR ELES, E NON SOIO TIREN DO TETO...".

VER   AS   FOTOGRAFÍAS.

Nesta fotografía pódense ver os "charcos actuais" (maio do 2002)  do río Bibei o seu paso polo Santuario das Ermidas, na fotografía da dereita de fai cincuenta anos, o río Bibei, nun día normal, sin enchentas, a verdade é que se poñen os pelos de punta por tanta desfeita...

Nesta fotografía o río disimula mais, xa que a carón do muíño hai hoxe un pozo, casi de augas paradas, mentras que en tempos había o cachón da dereita. Hoxe o río Bibei, por debaixo do encoro do Bao, é unha sucesión impresentable de pozos putrefactos que apenas lles chega auga. A verdade é, que xa está ben deste abuso.

salir.jpg (922 bytes) Volver a Alberguería.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mapa Alberguería - As Ermidas.

Entre o pobo de Alberguería (a Atlántida galega do interior)  e o Santuario das Ermidas hai uns escasos 9 kms., distancia que se recorría a pé perfectamente no día, ida e volta. Non me extrana que os veciños de Alberguería foran a esta sonada e milagreira festa.

No mapa o pobo de Alberguería, hoxe no fondo no encoro de Prada, no municipio da Veiga, e as Ermidas, que pertenece o Bolo.