Encoro de Prada. (Río Xares-A Veiga-Ourense)

Presa de Prada. A Veiga. 85 m. de altura e 280 metros de coronación.

Salto de  Prada Características Técnicas.

Capacidade do encoro  en tempo real.

 

Serie histórica de ocupación.

O encoro a tope. Video 2009.

Outros datos da zona.

Visión aérea.

O fondo a esquerda a isla de Preboubo e detrás a 30 metros de profundidade Alberguería.

O encoro de Prada está no municipio Ourensán da Veiga, na comarca do Bolo e no sureste de Galicia.  Represa o río Xares, que é un afluente do río Bibei.

A represa fíxose no ano 1958 e afectou a varias parroquias do  municipio da Veiga,  entre elas  fixo desaparecer do mapa,  o pobo de Alberguería, o pobo máis espectacular da Veiga. 

 Aparte, o encoro,  deixou incomunicados moitos pobos da zona, que tiñan pontes para cruzar o río Xares e que quedaron no fondo do encoro. Prometeron pontes, prometeron moitas cousas, pero todo, todo foi un engano da empresa Moncabril. A única ponte que se fixo foi a de A veiga.

En total 10 km. de lonxitude, aproveitou un lugar onde o río iba fortemente encaixado (o chamado Estreito de Alberguería). Realmente podería facerse máis abaixo, de forma máis costosa pero deixando sin asolagar a Alberguería. O final coa miseria que pagaron a xente de Albergueróa,  saiu todo máis barato a Moncabril S.A.

¡ATENCIÓN! O encoro estuvo moi baixo en 1973 e volve a estar baixo en febreiro de 2012 (ver os datos en tempo real a esquerda). Ver serie de ocupación. Actualmente baixa sobre 9 hm3 á semán. Calculamos que no mes de marzo, a finais si sigue así, pode quedar o pobo de Alberguería  o descuberto. Seica hai unha avería no túnel  da presa, non no muro,  e compre reparala.  Estar atentos...O FINAL A COUSA QUEDOU NO 45%. OUTRA VEZ SERÁ.

Datos técnicos:

Coronación 280 metros, 85 metros de altura, 122 Hm3 de capacidade, 66 Mw de potencia instalada. Producción ano 121 GWh. Tipo de presa: contrafuerte e planta recta.

Características técnicas. Datos de folleto de Moncabril S.A.

Unha xoia que me regalou Ovidio Prada.

Visión aérea actual da presa- Video.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTROS DATOS DA ZONA DO ENCORO

Encoro de Prada.

O encoro de Prada, no mapa da esquerda, afectou en parte as parroquias de San Esteban de Corexido, San Miguel de Candeda, Sta Lucía de Vilaboa, Sta. Cristina, San Miguel de Carracedo, San Salvador de Casdenodres, Sta. Maria de la Vega, Sta. María de Castromao, San Fiz de Baños. 

Estos pobos quedaron incomunicados entre sí.

Tamén ese encoro  deixou no fondo a parroquia da Alberguería (no mapa en vermello). 

A presa está situada na Parroquia de San Andrés de Prada, que foi a que sin dúbida máis se beneficiou da desgracia..

No apartado dedicado a inauguración deste encoro están as fotografías alusivas a F. Franco que  fixo a inauguración oficial un 15 de setembro do ano no ano 1961. O encoro xa levaba traballando dende o 1958.

Na fotografía Fco. Franco e a súa dona no azud da presa de Prada, eran as 18:00 do día 15 de setembro do ano 1961.

O encoro represa o río Xares.

Na fotografía o río Xares por debaixo da presa.

Realmente non deixan auga prácticamente. O que se ve é o chamado caudal ecolóxico que é un auténtico timo.

Hoxe a presa é de Endesa.

Parte de abaixo da represa, vese perfectamente como o río  Xares iba encaixado.  Este era o famoso estreito de Alberguería.

O caudal ecolóxico deixase dende 1998, nos outros 40 anos o río estuvo seco. Dedúcese claramente que o río está morto, exactamente igual que o pobo de Alberguería.

É certo que as troitas non emigran, pero hai moitas formas de morrer...

A zona é montañosa, os altos están entre 1.200 e 1.300 metros. O río vai encaixado de forma incrible.

Na fotografía algúns kilómetros máis abaixo, no encoro de Sta. Eulalia, pode verse a faceta anterior.

O encoro sempre se fai nos lugares onde ó represar o encoro colle máis auga, ese era precisamente onde fixeron o encoro de Prada, xusto no pobo de Alberguería.  O destino...

O encoro está a 840 metros de altitude, trátase polo tanto dun terreno frío, con medias de temperatura anuais entre 9 e 10º, con invernos fríos, 3 a 4º e verán pouco calurosos 18º.

As precipitacións na zona son abundantes, en xaneiro, febreiro sobre 200 mm.  e 25 mm. as  veces no verán.

A neve é frecuente.  A paisaxe é tremendamente austera.

O sector montañoso, dice o libro "Los embalses de Fenosa y la Geografía de Galicia", publicado por la Fundación Pedro Barrié de la Maza en 1988, caracterízase pola riqueza de cursos fluviais, a expensas dos cales se fixo, lóxicamente o encoro. O río Xares que nace cerca de Peña Trevinca, leva unha media anual de 6 m3/seg, sendo o máximo aporte entre xaneiro e maio.

No  libro escríbese sobre a población da zona e os asentamentos, e dice que cada vez son peores, así dende os 10 hab/Km2 hasta os 2,5 da Ponte, pobos que manteñen unha tendencia negativa na evolución demográfica dende 1900, nos que había  6.977 hab.

En 1988 dicen os autores do libro que ten a zona 2.672 habitantes.

 

En San Andrés de Prada, onde se levantou a presa, o principio entre 1950 e 1960 subiron en xente debido os operarios que tiña a presa, pero unha vez finalizada, veuse abaixo, especialmente en Santiso que dende 1960 a 1988 perdeu máis da mitade da poboación.

O libro prácticamente non cita a Alberguería, o único que dí é na páxina 120:  "La construcción del embalse supuso la desaparición del núcleo denominado Alberguería, que situado muy cerca de la presa, quedó sumergido por las aguas de la amplia cabecera".

A verdade é que tampouco esperaba que puxera nada máis...

Fala de que a agricultura era a base da economía da zona, unha economía básicamente de subsistencia: a horta, as centeeiras, os prados e o gando ( O vacuno e algún ovino e caprino).

O fin do traballo era básicamente a subsistencia.

Fala tamén do que supón as castañas para a zona.

A industria é inesistente na zona.

O libro fala dunha serie de factores para revitalizar a zona, potenciando os recursos naturais de cara o turismo, lendo esas lineas chega un a conclusión de que realmente non se fixo nada na zona. Si estaba das mans do Señor sigue estando. Lamentable.

Fala de centros de interés como: As Ermitas, Viana do Bolo, O Bolo e por suposto os encoros, que poden permitir un desenrolo específico do turismo interior.

¡¡ Pois xa vai xendo hora !!.

   

       

Na fotografía de arriba a cabeceira do encoro coa presa, ubicada na Parroquia de S. Andrés de Prada, que por certo dalle nome o encoro;  e a cola do encoro co pobo de A Veiga. En total son 10 km. largos de encoro. Un encoro que se fixo en 1958.

Bibliografía usada:

Algúns datos están sacados do libro "Los embalses de Fenosa y la Geografía de Galicia"  libro de Mª Pilar de Torres Luna, Alberto Jose Pazo Labrador y José Manuel Santos Solla, que fala sobre os encoros de esta empresa e polo tanto de encoro de Prada. Libro escrito en 1988, co galo do centenario de Don Pedro Barrie de la Maza 1888-1988.

A verdade é que pensei que traería máis cousas da Alberguería, pero trátase dun libro de exaltación da obra de Don Pedro Barrie, e o pobo de Alberguería non ten cabida.

Aparece o Encoro de Prada xa que o principio foi de Moncabril, que logo pasou a Unión Eléctrica, ou sexa Fenosa.

Nota: as fotografías son todas, menos a que aparece a Veiga, do autor da www.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O encoro a tope.

 

Video que aparece na páxina web de Prada. Autores Emilio e Montse.

Subir.