Os nosos Cregos.

¡Sempre                 Alberguería!                             

Subcapítulo Os nosos cregos.
Subcapítulo Saír

ALBERGUERÍA

POBO ASOLAGADO POLO ENCORO  DE PRADA 1958 (Ourense). 

FORON MOITOS E BONS.

Encoro de Prada en Ourense. Debaixo está o pobo de Alberguería. ............ Pobo de Alberguería en 1958. Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS CREGOS.

Evidentemente moitos foron os párrocos que tuvo Alberguería ata 1957, desa relación lembrarei solamente a tres deles:

D. Jose Manuel  Barco Herrero
D. Eloy Tato Losada  (Ten unha ficha no apartado de Personaxes de Alberguería)
D. Heliodoro Granja González (O último párroco de Alberguería)

Subcapítulo Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

D.Eloy Tato Losada

No ano 2002 e tamén en 1997,   dixo misa  (na festa que celebran tódolos anos o día 15-08)  D. Eloy Tato Iglesias, antiguo párroco de Alberguería. A verdade foi moi entrañable, elocuente e cariñoso.

Lembrou moitas cousas, o seu traballo na parroquía, as suas xentes, os seus nenos e nenas, os xogos e moitas anécdotas.

Nótabase que o viviu moi de preto.

Quédome cunha frase:

"Si yo me salvo es por lo que trabajé en Alberguería".

Vou poñer unha fotografía que seguro lle gustará:

D. Eloy Tato de xoven, cando veu a Alberguería.

D. Eloy fixo moito na parroquia..., aparte das súas labores de párroco, sacou tempo para facer un campo de futbol e instruir os rapaces neste deporte, amén noutros xogos.

Outra fotografía.

D. Eloy

¡Moitas grazas no nome de Alberguería"

 

A misa no ano 2002,  tuvo lugar debaixo dunha carpa, por certo azulada, como pode comprobarse,  e asistiron tódolos veciños de Alberguería que acudiron a festa.

D. Eloy Tato Iglesias foi cura Párroco de Alberguería.

Actualmente está retirado. Foi obispo en Colombia.

Ver unha fotografía actual de D. Eloy.

Ver unha biografía publicada na Voz de Galicia do día 20/08/1997. Escribe Santi Palmeiro o que lle dou as grazas por enviarme este documento.

 

Ver a súa biografía, máis completa,  neste link da páxina, como personaxe, que o foi de Alberguería.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

D. José Manuel Barco Herrero

Na fotografía outro cura párroco de Alberguería D. Jose Manuel Barco Herrero, que logo sería Capellán do Exercito do Aire. Unha fotografía histórica.

Nota: D.José Manuel Barco vive en Mosexos un pobo o lado de Viana.

Ver una fotografía de D. Jose Manuel Barco dos anos 1934-35.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O derradeiro párroco de Alberguería:

D. Heliodoro Granja González.

Fotografía de D. Heliodoro Granja González, último párroco de Alberguería 1953-1955. Nesta fotografía aparece na festa de Alberguería do 15 de agosto del 2006. A fotografía é do autor da www, pola tanto tuven o honor de coñecelo persoalmente. D. Heliodoro inda vive e que sexa por moitos anos...

Comentario:

Dixeronme de boa tinta que D. Heliodoro había defendido o pobo de Alberguería nos anos 1955 pero foi rápidamente trasladado por elo... Por suposto que o día que coñecín a este sacerdote quixen saber o que me podería contar sobre este asunto... pero, o home,  non quixo falar do asunto. Para outra vez...

Nesta fotografía do día 15/08/2006 remata de bendecir a bandeira de Alberguería.

Nota sobre D. Heliodoro:

A miña información sobre o derradeiro sacerdote de Alberguería dice o seguinte:

"Las injusticias que se cometieron con la gente de Alberguería, lamentablemente fueron avaladas por autoridades del ayuntamiento de la Vega, que fueron compradas por Moncabril y utilizaron sus influencias contra el pueblo de Alberguería ; la única persona con condiciones y preparación para poder defender al pueblo y que de hecho lo defendía, era el cura Don Heleodoro, que por esa razón, hicieron para que fuera trasladado a otro destino para ejercer el sacerdocio, y así sacarlo del medio para que no les estorbara.  "

 

PARA TODOS ELES UNHA PEQUENA LEMBRANZA:

Iglesia de Alberguería. 1950

Altar da Iglesia de Alberguería, coa Virxen orixinal. 1950. Este altar seica o levou un anticuario que vivía nas Ermidas. Habería que confirmalo.

Seica este Cristo era da Iglesia de Alberguería é do pouco que se conserva. (Na miña opinión é unha imitación, paréceme que está en demasiado bon estado...)

Iglesia actual en Vega de Cascallán. Soio ten o aspecto. O resto morreu, está debaixo do encoro.

 

    Un artigo a fondo do traslado da iglesia, dos motivos e doutras moitas cousas figuran neste traballo que me envía Santi Palmeiro.

Subir