ALBERGUERÍA

CONTOS e LENDAS SOBRE ALBERGUERÍA e  O XARES

 

 

Sobre Alberguería:

Lenda: Alberguería asolagada.

Sobre o Xares e en xeral a Veiga:

 

 

 

Esta parte da www, como todas, queda aberta a tódalas colaboracións.

Subcapítulo Saír

Subcapítulo Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LENDA: ALBERGUERÍA ASOLAGADA.

Os picos que caendo, cerrarían o paso do Estreito de Alberguería e asolagarían o pobo.

A lenda sobre Alberguería asolagada foi recollida polo autor da www e contada neste caso por un veciño de Alberguería, concretamente Ovidio Prada un gran colaborador desta páxina. Pareceume interesante e dende logo, resulta incrible, que  de algunha forma a lenda se convertise en realidade; por suposto con moita imaxinación...

Para entender a lenda hai que coñecer un pouco a xeografía do lugar onde estaba Alberguería, hoxe a moitos metros (sobre 30 metros en algúns lugares)  baixo as augas do encoro de Prada.

Para os que non coñecen o lugar decirlles que Alberguería estaba nun terreno chan, que mirando a posta do sol, a 800 metros pasaba o río Xares e que xusto onde hoxe hai feito o muro da presa, comenza o chamado Estreito de Alberguería, un  canón de 16,5 km. ata a desembocadura do río Xares no río Bibei.

De tódolos xeitos porei un mapa e algunhas fotografías.

Neste mapa está situada actualmente o pobo de Alberguería, no fondo do encoro e totalmente asolagada. Tamén figuran os duos picos que serán fundamentais na lenda: Nidodaigue de 1.028 metros e a Espenuca de 979 metros. No medio o Estreito de Alberguería un canón, formado polo río Xares,  que é moi profundo.

Na fotografía sacada dende o Sigpac a 400 metros de altura, vese unha situación da zona. No medio da presa vai o río Xares, facendo un arco moi prolongado sobre o Castelo. Vese perfectamente o camiño a Aceveda; a canteira en terrenos que son de Alberguería e os picos dos que fala a lenda.

Neste mapa sacado de Google Earth vese outra situación para entender o conto. A orientación é sur-norte o contrario da anterior.

Neste fotografía, sacada dende o pobo de Meda,  vese perfectamente a zona de Oleiros e mismo enfrente a isla Preboubo, no medio está,  no fondo do encoro, o pobo de  Alberguería. O lonxe,  o muro da presa de Prada e os picos  dos que falamos, O Nidodaguie e o Espenuca.

Fotografía de A Espenuca, sacada dende o Camiño a Aceveda; no medio da fotografía O Castelo, o río vai no fondo do canón nesa especie de dedo.... Por debaixo do Castelo na misma curva do estreito, facendo un arco duns 500 metros,  o río Xares.

Nesta fotografía sacada dende Meda vese o Nidodaigue. Por riba O Piorno. Na zona hai unhas curvas de nivel que dan medo...

Estreito de Alberguería ou canón do Xares (soio dous quilómetros de canón, en total son 12,5 km. a Portomourisco e logo 4 a desembocadura). Eiquí no medio e medio deste gran canón tería lugar o desenrolo da lenda. O lugar é maxestuoso de solemnidade, impresionante,  ademais de agreste de verdade...

Pois ben,  a lenda contaba o seguinte:

Lenda do asolagamento de Alberguería.

Un mal presaxio...

..."Virán anos nós que un gran cataclismo, con gran movemento de terras e desprendementos,  fará caer sobre o canón do Xares estos dúos grandes picos, O Nidodaigue e o Espenuca;  o caer sobre o canón, formará una gran presa. O río Xares terá que encher esa gran presa para poder seguir cara o mar, terá que pasar por riba da presa; pero moita, moitísima auga quedará encorada no lugar.

Esa gran presa, lóxicamente, cubrirá Alberguería, pouco a pouco; a xente de Alberguería e outros lugares verán como as augas chegan pouco a pouco as súas casas en non haberá solución; terán que abandonalas e buscar outro lugar. Alberguería desaparecerá para sempre"...

 

O curioso desta lenda, que por suposto é moi anterior os anos cincuenta, da que falaban os mais vellos do lugar, é, que o cabo dos anos,  de algún xeito,  convertiuse en realidade. Foi como dice Ovidio Prada, un mal presaxio.

..."Efectivamente as rochas extraidas da falda do Nidodaigue, trituradas ata facerse grava e area, sirviron para elaborar a barreira de formigón que xuntou ambas ladeiras do Xares cortando o curso natural das súas augas e deixando no máis profundo do lago artificial as casas de Alberguería..." conta Ovidio.

Alberguería quedou asolagada por un gran encoro en maio do ano 1958.

Foi unha auténtica desgracia para todos os seus veciños.

Un cataclismo auténtico.

..."O que non decía a lenda é,  que o pobo de Alberguería volvería a vivir dunha forma extraordinaria no corazón e nos pensamentos dos veciños de Alberguería e moita máis xente; coma mín..." Secundino,  abril do 2006

..."Todos os lagos teñen no máis profundo un pobo lexendario cuias campás, o parecer, sonan na noite de San Xoan. As campás de Alberguería tamén emigraron e xa non soan alí, pero sí en moitos corazóns, e non soio na noite de San Xoan...". Ovidio Prada. Abril do 2006.

Volver a contos e lendas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTO SOBRE O XARES.

Fotografía do autor da www.

Roldan e as tres costureiras de Puxares

        En tempos moi remotos, cando viñera Roldán a España, din que había en Vilanuide, do auntamento de Quiroga, tres costureiras que vivían xuntas e soliñas elas tres nun outeiro algo apartado da población. E di a lenda que eran tres mozas moi ben feitas e goapas como hai ben poucas, e que Roldán, un día que as vio ao pasar no seu cabalo, foi tan gustante delas, que, de alí endiante, todo era vir a apresentarse ao pe da casa do outeiro, pra poder velas e falarlles.
        E din que tanto era o seu namoramento que chegóu a faguerlles moita cirimonia e regalía, e hasta a velalas polos camiños cando tiña ocasión.
        Pero elas veña a fuxir e decir que non querían escuitalo, pois creían que Roldán non viña con boas intenciós, e que o que il pensaba era rirse e burlalas. Pero il non se apuraba por tan pouco, e todas as tardes viña a cortexalas e namoralas pola porta, e Ave María, que hasta pensaba de levalas consigo ás Francias.
        I entón elas, xa algo cansadas de velo rondar a casa día tras día, unha tarde que viñan da súa aldea, que se chamaba Puxares, enfrontáronse con il, e dixéronlle que non se cansase máis en seguilas, que non había de conseguir nada, que non querían tratos con ningún francés, que se fose de alí prá súa terra e as deixara en paz dunha vez. Pero il nunca se daba por vencido, e porfióu que, se non se lle entregaban polas boas, había de ser polas malas, e aínda tuvo atrevemento pra preguntarles cándo podía vir buscalas. E van elas e dícenlle: 

       Hemos de ir contigo ás Francias cando veña o río Xares por diante da nosa casa.   

     I eso llo dixeron elas porque pensaban que era cousa imposible que tal acontecera, que o río Xares -que hoxe en día é o Bibéi- pasaba naquiles tempos por outro sitio moito máis pra diante.
        Pero roldán, ao sentirlles decir aquelo, non perdéu os ánimos, todo o contrario, pois o caso é que, valéndose de non sei qué meigallo ou demo, foise pola noite, e tornóu sin máis ni máis o curso do río. E, aló pola mañanciña, déronse de conta os veciños do que pasaba, e viñeron todos berrando mismo hasta a porta das tres mozas.


     
    Costureiras de Puxares vinde lavar as perniñas ás augas do río Xares.     

    E elas despertaron, e tomaron moito medo ao ver o río pola súa porta, e, con esto, saliron correndo como ánimas en pena, sin que as vise roldán, que estaba agardando, e colleron por un atallo, e salváronse de ser presas polos franceses ou polos mismos veciños, e de ter que cumplir aquelo que tiñan prometido.
        I entón fóronse a todo correr cara o val de Valdeorras, a seis ou sete kilómetros de Vilanuide. E os soldados viñéronlle coas novas da fuxida a Roldán, seu señor, que andaba todo contento no seu branco corcel.
        I así que sintíu aquelo, botóu o "nombre del Padre", e foise a escape en seguimento delas, a canta presa lle deu o cabalo e moi enrabechado polo feito. a tanto, que botaba el pola boca tantas chispas coma o cabalo polas ferraduras.
        E mais elas puideron pasar o río, non se sabe se voando como meigas ou se coa axuda do diaño. E así Roldán quedóu nunha veira i elas na outra. E, pra máis, o cabaleiro francés, dende a súa banda, non sabía que as tres costureiras seguían corre que te corre cara os poblados que alí había, no que hoxe se chama a Rúa.
        E, busca de aquí, busca de alí, marchóu solo no seu cabalo branco, sin avistalas nuca, e pensando que xa as tería tragado o río, hasta que, ao fin, chegóu á altura de Valencia do Sil, e descubríunas ao lonxe, a uns tres kilómetros, e co río Sil polo medio.
        I entón vai el, con tanta rabia como lle dera de ver fuxir aquilas condenadas costureiriñas, e que non lle foran de lei e faltaran á palabra dada, comenzóu a esporear no seu corcel que daba xenio, e a arreminalo pra saltar o río, e, de repente, ¡bumba!, o cabalo deu un brinco tan grandísimo que se plantóu namais que a unhos cen metros das costureiras, de maneira que deixóu pra sempre na pedra as pegadas das ferraduras, que aínda hoxe se poden ver, mismo ao pe dun camiño que vai prá serra.
        Logo, as costureiras, que se viron perdidas sin remedio ao ter xa case enriba delas a Roldán, bótanse ao chan e comenzan a chamar ao demo, e pedirlle que antes querían ser convertidas en mármores que verse conseguidas por Roldán. I o demo acodío de contado, e nun periquete, volvéunas tres pedras coma tres cabezos nas barbas de Roldán, que daquela debeo de tolear para sempre.
        I esas tres pedras aínda hoxe é día que se poden ver, anque están xa desgastadas polas cuivias, e tamén polos rapaces que por alí andan a xogar e a gardar o gando.

    A traducción está copiada da páxina www:

    http://avelainha.cjb.net

Este conto aparece no libro "Leyendas Gallegas" de Xosé M. González Reboredo e poño na páxina www xa que é curioso e cita o río Xares.

Aclarar, para poder entender o conto,  que antiguamente o río  Xares conservaba o nome despois da súa confluencia co río Bibei.  Hoxe é o revés.

Volver a contos e lendas.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Salir esp.