"O Castelo" do estreito de Alberguería. Fotografía de abril do 2006.
Augas abaixo da Presa de prada, aproximadamente a 560 metros hai outro castelo, como se pode observar no mapa pintado de verde.
Xusto no estreito de Alberguería.
Na imaxen do Sigpac vese a presa de Prada, no medio o canle do Xares, por certo medio seco. Vese tamén o camiño a Aceveda. Dende este camiño saquei as fotografías que figuran nesta páxina.
Presa de Prada. Fotografía dende o camiño a Aceveda.
Estreito de Alberguería. Canón do río Xares. No medio nun metido que se ve perfectamente está o Castelo citado.
Vista do Castelo.
O Castelo máis preto. Vense ruinas das casas que había no lugar. Hoxe xa non queda nada.
O río Xares bordea o castelo, pero escoitase moi pouco xa que apenas leva auga.
Neste lugar hai unha fervenza impresionante no río. Cóntame Manolo, que vive actualmente en Larouco e que traballou cando era mozo no almacén que Moncabril tiña para construir a presa: "As anguías chegaban xusto o pe da fervenza o non pasaban para arriba". Manolo contoume moitas cousas que calquera día contarei eu na páxina...
Por certo Manolo tiña a súa aboa en Prada e o seu abo en Castromano.
![]() |