AS  FONTES DO TRABALLO
 

       Realmente foi o historiador Félix García Yáñez , autor do libro O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977), quen me puso na pista dos expedientes que Moncabril había levantado no ano 1958 para expropiar as casas (vivienda, corte, adega, pallar, terras, etc.) de Alberguería xa que quedarían asolagadas polo encoro de Prada. O autor citado, nas súas investigacións en Ourense,  atopou estos expedientes no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e así mo fixo saber, cousa que lle dou as gracias. Que sepa que lle estou agradecido de verdade, no nome meu e de todos os veciños de Alberguería.

Evidentemente a miña ledicia foi incrible e rápidamente me puxen mans a obra. O feito de ter fotografías dábame a oportunidade de reconstruir o pobo, que hoxe está debaixo do encoro de Prada, e por certo en moi mal estado; de saber como era, de vivir una vez máis a páxina www...

Pobo de Alberguería en 1973. Muros caídos, tellados desfeitos, hoxe 32 anos despois non quero pensar ni como está...

No primeiro intre tuven algunhas dificultades debido a que a documentación data do ano 1958 e non pasaran 50 anos. Tuven polo tanto que xustificar que o meu traballo sería únicamente a efectos estadísticos e en ningún caso personalizando nin publicando elementos persoais. O acordo o que cheguei co Director do Arquivo, que me deu todo tivo de facilidades, foi que podería publicar as fotografías e un estudio xeral sobre os datos das fichas que están no Arquivo citado.

Así o fixen e así publico en internet, todas as fotografías atopadas do pobo de Alberguería; penso que faltan moi poucas,  e o mismo tempo unhas características xerais sobre as vivendas que había neste pobo no ano citado.

Os veciños de Alberguería quero que sepan,  que toda a documentación sobre as súas casas atópase no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e xustamente na carpeta que figura no nome da fotografía. Unha vez que pasen os cincuenta anos esta documentación será pública e, mentras tanto,  poderá ser consultada por calquera,  debidamente documentado e xustificando o obxecto da consulta. Que sepan, polo tanto,  que esta información existe e onde a poden ver si veñen a Ourense.

Por certo o Arquivo Histórico Provincial de Ourense atópase na rúa Hernán Cortés nº 2. Os seus datos pódense atopar nesta www. Aproveito para decir que é un lugar agradable e cunhos bons profesionais dispostos sempre a atender, orientar e explicar calquera tema ou pregunta sobre o arquivo. Moitas gracias a todos.

Pola miña banda tomei datos xerais de cada unha das casas e tamén as fotografías que figuran cun nome que pode ser a clave para calquera dos veciños que queira ver o seu expediente algún día.

Vou poñer un exemplo:

O nº de fotografía pode verse pulsando có ratón o botón dereito por riba da fotografía, vendo as propiedades; e así con todas.

Aparece primeiro a carpeta, e logo o nº de fotografía, nesta páxina www.

Esta fotografía é unha das moitas casas de Alberguería, por certo era comercio e tiña nela instalada unha fábrica de gaseosas.

Pois ben,  figura co nome de caixa_9194_036(1), esto quere decir que o seu expediente figura nesa caixa e ten encima o número 36 (marcado cun lapis, que é o nº de fotografía que se lle puso polo profesional que a escaneu). Así é moi fácil solicitar e ver esta información si algún, repito, debidamente acreditado, se decide a facelo. Bastaría pedir a carpeta 9194 que se refire o Encoro de Prada na Veiga.

Na información figuran os planos da casa, o estado da casa, o tipo de casa en canto a muros, carpintería, piso, pavimentos, divisións, lugares anexos a casa, etc. O mismo tempo a valoración,  tanto da empresa como do Xurado de Expropiación Forzosa de Ourense e as veces tamén a dun Perito; e ademáis toda a documentación, a posteriore,  si realmente recurriu esa expropiación.

Pola miña banda

Con cada expediente fixen unha recolección dos seguintes datos que fun completando na ficha que persoalmente elaborei:

G.CIVIL DE OR.**JURADO PROVINCIAL DE EXPROPIACIÓN**ALBERGUERÍA. A VEIGA. MONCABRIL S.A.

PROPIETARIO:                                                                                                                

Exp. Nº:

                                                                                                                                                 Nº foto:

ESTADO CASA

1.-Ruinoso

2.-Malo

3.-Regular

4.-Bueno

 

LINDEROS

 

 

 

 

 

MUROS

1.-Mampostería  seco

2.-Encintada

3.-Cantería.

4.-Otros

 

ENTRAMADOS

1.-Vigas castaño

2.-Pontones castaño

3.-Otras

 

CUBIERTAS

1.-Pizarra sobre castaño

2.-Otra

 

PAVIMENTOS

Bajo: 1.-Tierra. 2.-Otro

1ºPiso. 1.-Madera cast.  2.-Otra.

 

DIVISIONES

1.-Barrotillo+mort. barro

2.-Mad.+Mort.cal

3.-Ladr

4.-Otro

 

CIELOS RASOS

1.-No

2.-Si (Madera Tablilla//otra)

3.-Si. Solo Habitac.

 

REVESTIDOS

1.-No

2.-Si

 

CARPINTERIA

1.-Madera castaño

2.-Otros

 

ESCALERA

1.-Exterior. P: Pied. o M:Mad./B:si/no

2.-Interior. Pied. o Madera

 

SANEAMIENTOS

1.-No dispone

2.-Si dispone

 

COCINA

1.-Sin dato

2.-Si.   Tipo  B:Bilbao  o  Lousa piedra  O : Otras.

 

OTROS

Solana o balcón:   1.-Si.    2.-No

Galeria.      1.- Si     2.- No

 

Nº COMPARTIM.

1.-Una

2.-Dos

3.-Tres

4.->= 4

 

M2 CASA

Casa:       ,     m2 /Piso:       m2

Anexo:       ,          m2.

 

BAJO

1.-Bajo SI.      Función: C:Cuadra.  B:Bodega.

2.- Bajo NO.

 

PISO 1º

1.- Si

2.-No

 

OBSERVACIONES:

Terrenos sobrantes:           Telar:        Patio     Pajar    Otros:

Otras Observ.:

 

Valoración empresa

              ,                  Pts         Valor. Perito:           ,    pts

Valoración Jurado

              ,                  Pts.

 

 

Arquitecto:                        .   Año valoración=  1.- 1.958     2.-59    3.-60   4.-61

Dibujo planos casa

Dibujo Casa.

Planta Baja:

 

 

 

 

 

 

 

 

Dim:

1º Piso:

 

 

 

 

 

 

Dim

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con estos datos, que tratarei de resumir, e nunca personalizar, escribirei como eran, en xeral,  as casas do pobo de Alberguería. Cales eran as súas características.

Espero, estou seguro, que os veciños de Alberguería lles gustará este traballo. O mismo tempo, xa adianto o resultado: non estou de acordo co dito polo Xurado de Expropiación Forzosa de Ourense en canto as construcción en xeral, si ven é certo que moitas estaban abandonadas cando se fixo o expediente, e se tomaron as fotografías, , lóxicamente xa que no 1958 xa estaba a punto de asolagar o pobo as augas do Xares. En Alberguería había casas moi ben construidas en xeral,  e levei moitas sorpresas o leer os expedientes firmados todos por arquitectos recoñecidos en aquela data. É incrible tendo en conta o aillamento deste pobo e de todos os da bisbarra, inda hoxe. A zona da Veiga está moi lonxe de Ourense e dos centros de decisión. Pense o lector que de aquelas soio había camiños e para eso malos. No ano 1961 inaugurou Franco a estrada de Prada o Barco. Con esto penso que está todo dito...

Maila o anterior as casas na miña opinión eran bastantes boas.

Discrepo polo tanto totalmente con ese Xurado cando elaborou un escrito para entregar a todos e cada un dos veciños e no que dí "...nos encontramos con un pueblo muy atrasado en su forma de vivir, de construcciones rudimentarias, sin obras recientes que por su costo nos sirviese de base a la tasación ...", "...en muchas de las mal llamadas viviendas se trata de una habitación simplemente, haciendo toda la vida familiar en ese departamento, de tal forma que el edificio no consta nada más que de planta baja y piso, el bajo se destina a cuadra y el local superior a vivienda, no habiendo más diferencia entre los dos departamentos que el bajo es de tierra y la vivienda de madera..."

Nota: dos estudios realizados, que foron simplemente mirando o plano atopo un 3% de casas nas condicións indicadas. O 35% das casas de Alberguería tiñan catro dependencias. Realmente para chorar o texto anterior...

Algún día publicarei o escrito completo que dende  o meu  punto de vista é vergonzoso.

Evidentemente no meu estudio estadístico, prácticamente có total da mostra, xa que figuran por riba de 110 locais ou edificios, demostrarei que Alberguería era un pobo bastante adiantado, para estar situado, repito, nun "rincón esquecido da provincia de Ourense e moi mal comunicado, inda hoxe, marzo do 2006 non está ben comunicada a zona e algunhas estradas están impresentables, como por exemplo a que leva do Bolo a Prada que é unha vergoña auténtica...parece unha estrada lunar, está chea de cráteres...".  

O escrito do Xurado Provincial non ten xustificación posible e vese as claras que o único que pretende é xustificar uns  pagos lamentables por unhas casas e unhas terras que eran as mellores da comarca e que xa quixeran outros pobos da provincia de Ourense, inda hoxe en día, despois de pasar casi cincuenta anos.

Aspecto sensacional do pobo de Alberguería no ano 1950

Sair.