ALBERGUERÍA   NAS   BIBLIOTECAS

Fotografía do Pobo de Alberguería polos anos 1950. Hoxe Alberguería está debaixo do encoro de Prada. Alberguería estaba no Concello de A Veiga (Ourense).

A idea está clara ¿que textos hai na Biblioteca Provincial de Ourense que citen o pobo de Alberguería e conten, realmente,  cousas sobre este gran pobo do Concello de A Veiga en Ourense? Posteriormente tamén amplio a outras bibliotecas dixitais.

Atopei moitas e interesantes cousas que vou a comentar a continuación. Por suposto que seguirei a buscar datos sobre Alberguería:

Catastro del Marqués de Ensenada, coa entrada de Alberguería. Cuestionario de 40 preguntas sobre o pobo. 1750-1754. Archivo General de Simancas. Ministerio de Cultura.. . Ver este link.
 
Diccionario de  Sebastián Miñano y Bedoya. 1829. Coa entrada de Alberguería. Biblioteca dixital Madrid. . Ver este link.
 
Diccionario de Madoz, coa entrada de Abergaría. Onde Pascual Madoz describe en 1850 o pobo de Alberguería dunha forma sensacional. Ver este link.
 
Valdeorras en la Guerra de la independencia. Libro de Ramón López Caneda, 1989,  que cita varias veces o pobo de Alberguería. Ver este link.
 
Libro "Fisonomía y alma de Galicia" de A. Rodríguez y Rodríguez, escrito en Madrid en 1955, onde fala do "Estrecho de Alberguería." Ver este link
 
"O Concello de A Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo de alta montaña", un traballo de Antonio Castro Voces publicado polo IEV e que tamén fala de Alberguería. Un resumen deste traballo dedicado soio a Alberguería xa estaba publicado nesta páxina www, foi realmente o primeiro dato que tuven para facer esta www.  (Si o autor me da permiso gustaríame publicar íntegro este traballo. É sensacional e único)
 
"Geografía general del Reino de Galicia que no seu volumen XI,  tomo 2º escrito por Vicente Risco tamén fala sobre Alberguería. Unha auténtica xoia de libro escrito cara 1930 e editado na Coruña en 1980Ver o link
 
"O Bolo e Viana do Bolo dos Jurisdicciones de Realengo"  libro no que o historiador Isidro García Tato escribe sobre o realengo da zona que inclue a Alberguería. Ver este link.

Fora da Biblioteca.

"Los caminos medievales de Galicia"  escrito por Elisa Ferreira Priegue que tamén cita Alberguería. Unha auténtica xoia,  1988 e editado en Ourense polo Museo Arqueolóxico provincial, Boletín Auriense, anexo 9. Ver el link

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.