Presa de Vega de Tera. 09/01/1959. Traxedia de Ribadelago.

A Presa de Vega de Tera ten relación coa Presa de Prada na Veiga (Ourense),  foi a Empresa  Moncabril quen fixo as dúas. Os materiais foron completamente distintos, na de Prada usouse formigón  armado e na de Vega de Tera  unha mezcla de cemento e mampostería. O ano 2009 fai 50 anos deste desastre. Webmaster de la web: Secundino Lorenzo slorenzo@edu.xunta.es

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O desastre de Vega de Tera (Puebla de Sanabria - Zamora). Xaneiro do 1959.

        Un encoro (a primeira vista) igual que o de Prada (A Veiga - Ourense) e da empresa Moncabril, veuxe abaixo. Morreron 144 personas do pobo de Ribadelago (en total había 516 veciños). Soamente 28 dos mortos  foron recuperados o resto quedaron no Lago de Sanabria para sempre. (Ver mapa máis abaixo).

 

Nesta fotografía vese a Presa de Vega de Tera xa derrumbada na súa mitade. (Fot. Confed. Hidrográfica del Duero)

      Este encoro moi parecido o de Prada, veuxe abaixo a noite do 9 de xaneiro do 1959 (aquela noite chovera a Dios dar e houbo temperaturas de 18º baixo cero). Unha avalancha de 16.000 m3 barreu do mapa o pobo de Ribadelago e deixou 144 mortos, a terceira parte da población. A presa tiña 33 metros de altura e 300 metros de lonxitude (dos cales veuse abaixo 140 metros de presa). A cabida do encoro era de 8.000.000 m3.

Nesta fotografía vese o impresionante canón do Tera e o fondo o encoro de Vega de Tera que se veu abaixo en xaneiro do 1959. O canón do Tera ten 8 kms. ata chegar a Ribadelago, A auga tardou 20 minutos en chegar o pobo e causar a desgracia, aquela noite do 9 de xaneiro. Fotografía Archivo Histórico de Zamora.

       O encoro é similar o de Prada, trátase dun encoro de mampostería e pantalla de hormigón. Realmente o de Prada é máis grande e tamén foi construido de outro xeito (a mampostería e o muro son de formigón, ou sexa o mismo material). No de Vega de Tera meteron outro material, formigón pouco e así lles foi...

Encoro de Prada. 280 metros de lonxitude. Altura de 80 metros e cabida de 128.000.000. m3. Está feita enteiramente de formigón con ferro. Fotografía Secundino Lorenzo.

A construcción é parecida. Encofrados en columnas e pantalla. Pero esta presa os contrafuertes e o muro son de formigón, cousa que non pasou en Vega de Tera.

A raíz de virse abaixo,  cuestiónanse tódolos encoros de Moncabril; unha mágoa que o de Prada xa estaba feito:  Moncabril xa non fixo máis...

Incluso deixaron sin facerse outros proxectos cercanos,  como o do Lago de Sanabria.

É probable que o encoro de Prada non se fixera...

Outra imaxen do encoro que se veu abaixo de Vega de Tera. Aquí están inda os bloques que caeron. Hoxe están desfeitos e retirados. Fotografía Editora Saavedra.

A noite do 9 de xaneiro as 12:00. Unha avalancha de 16.000 m3 encarou o canón do Tera cara a Ribadelago. Unha desfeita.

Empresa constructora da presa: Moncabril.

Ver o encoro que se veu abaixo, moi similar o de Prada. Fotografía sacada o día seguinte. Fotografía Confederación hidrográfica del Duero.

Encoro de Prada para ver as similitudes. Mampostería igual có de Vega de Tera e logo o muro da presa. Por suposto este é moito máis grande, e fago a precisión (que me indica Alberto Barro) de que a mampostería e o  muro son de formigón. Fotografía Moncabril.

O encoro de Vega de Tera xa feito (comenzou a obra en xunio de 1954 e rematou en novembro de 1956, foi inaugurada por Franco en setembro do 1956) . Era moito máis pequeno pero veuxe abaixo una noite de xaneiro do 1959. Dicen incluso alguns,  que a auga pasou por riba da presa aquela noite... Fotografía C. Hidrográfica del Duero.

Outra vista da Presa. C.H.Duero.

Parte de abaixo da Presa co canón do Tera. Foto archivo A.S.

O encoro o partir a presa,  foise por este canón do Tera, 8 kms de canón e tardou 20 minutos en chegar o pobo de RibadeLago, o fondo da fotografía.

A auga 16.000 m3 (tres veces a última enchenta do río Miño en Ourense do 2001 que foi incrible) baixou ocupando o cañón en algún lugares ate 12 metros de altura (sobre 4 pisos)

 

Descoñezo o autor da Fotografía.

 

Algunha das rocas que moveu. Por suposto polo cañón baixaron rochas, árbores de todo tipo, pedras, terra, etc.

Imaxen do Cañón do Tera, onde se ve o pedrusco que quedou atrapado na desgracia referida. Descoñezo o autor da Fotografía.

 

        Arrasou este pobo (Ribadelago), realmente a auga chegou moi arriba (observar onde está a xente, no cauce do río). Subiu prácticamente ata a casa con galería blanca que se ve na fotografía. Observar o campanario que hai no medio do pobo, a esquerda, soio é eso, un campanario, pois ben os que subiron a esa zona salváronse... (Foto Heptener).

Imáxenes do día seguinte. Foto EEE.

Esta fotografía deu a volta o mundo. A dor  foi incrible. Un auténtico desastre. Foto EEE.

Imáxenes de dor. Enterro das persoas que apareceron, soio 28. Moi poucas. 116 foron a parar o Lago de Sanabria, onde están enterradas... Os buzos que viñeron non foron capaces de atopalas xa que foron a parar o Lago de Sanabria pero con tódolos cascallos, pedras, rochas, etc. Foto EEE.

As seguintes fotografías son do día 28/06/2006 nunha visita que fixen para coñecer o lugar.

Nesta fotografía vese o río Tera xusto en Ribadelago. A auga, según veciños consultados chegou xusto a galería que se ve no medio da fotografía, por riba dunha roca bastante grande. Foto Secundino Lorenzo.

Foto Secundino Lorenzo.

Nesta outra fotografía aparece aparentemente o campanario dunha igrexa. É eso, simplemente un campanario con dúas campás. Nada máis.

Está situado na cima do pobo.

Este campanario salvou a moitos veciños que se desplazaron rápidamente ata este lugar.

Non confundir có campanario da igrexa do pobo de Ribadelago.

 

        A xente estaba a dormir e moitos oiron pola serra a agua, o ruído, xa que tardou 20 minutos, era de noite e facía moi mal tempo. Algúns creeron que era un vento moi forte e otros que a presa se viñera abaixo; rápidamente subiron a onde puderon, árbores, rochas, o campanario que está no medio do pobo,  etc.

Houbo 144 mortes, 28 apareceron  e o resto quedaron para sempre no Lago de Sanabria.

O gando tamén morreu casi todo.

Espectáculo dantesco...

Foi un desastre total...

       Observar un carro na porta da igrexa e a desfeita da iglesia máis arriba, o que dice a onde chegou a auga. (Non confundir este campanario no que casi chegou a auga,  co campanario que está situado na cima do pobo e que sirviu de taboa de salvación a moita xente...). Foto Archivo Histórico de Zamora.

Imaxen actual 28/06/2006 da igrexa de Ribadelago. Foi desmantelada toda a parte central e trasladada  a Ribadelago de Franco. Hai cousas que son difíciles de explicar... Foto Secundino Lorenzo.

Este é un mapa da situación do encoro, do pobo e do Lago de Sanabria.

 

No mapa pode verse o encoro que se veu abaixo "Embalse de Vega de tera" a 1.503 m. de altura, Ribadelago abaixo a 1.012 m. , unha distancia de 8 km. e o Lago de Sanabria, onde desapareceron os corpos para sempre.

Neste mapa sacada de Google Earth vese un resumen dos datos, dende a Presa a 1503 m. ata 8 kms. máis abaixo o pobo a 1012 metros. O desnivel é moi grande. Os charcos que se ven son pozos actuais, os cales a auga chega en fervenzas. En 8 kms hai un desnivel de 500 m. Si queredes ver este mapa có Google podedes buscar o Lago de Sanabria e seguir o canón ata Vega de Tera, poñer en 3D, é espectacular.

Có Google Earth pode verse tamén a presa rota, é unha pasada. Esta imaxen inda se pode acercar máis.

Nesta outra imaxen, o norte está a dereita, vese tamén o canón do Tera e o desnivel que existe. Entre Porto e Vega de Tera hai unha estrada que foi a utilizada por Moncabril para construir a presa, e por mín para ver a presa (xuño do 2007), esa estrada ten aproximadamente 40 km. e vai por toda a montaña de encoro en encoro; é unha auténtica pasada, pero está moi mal...Solo para 4x4 que se lles queira pouco...

Sensacional fotografía de Karbayal, onde se ve Ribadelago, que é o primeiro pobo, Ribadelago de Franco, casi xa no lago,  e o Lago de Sanabria. Vese perfectamente que antes de Ribadelago hai un descampado grande. A fotografía está sacada dende a parte dereita do canón do Tera.

Hai tamén Curioso esquema: boceto interactivo.

Foi un auténtico desastre no ano 1959, que fixo desaparecer Moncabril, que foi comprada por Eléctrica Madrileña e logo Fenosa.

A verdade é que ten relación coa central de Prada que asolagou o pobo de  Alberguería (na Veiga en Ourense) , xa que por poucos anos estuvo a punto de non facerse.

A presa foi moi cuestionada...As conclusións foron que a presa estaba mal feita, os materiais escapáronselle moito e non casaron como pensaban, problemas de elasticidade e de todo tipo, o resultado foi que na primeira enchenta todo abaixo... A raíz desta desfeita fíxose un estudio a fondo sobre o tema con conclusións, sobre todo por parte  do inxeneiro Torroba, que logo foron básica para as construccións de presas no futuro...

Os materiais non fusionaron, mentras que o cemento ten unha elasticidade a mamposteria ten unha moito menor, 30 veces menos. O final ver a fotografía da parte de presa que queda, un desastre...

A Empresa Moncabril no fixo máis presas en España.

No tema posterior dos pagos á xente perxudicada,  moi mal, algúns cobraron os vinte anos, unha vergoña; tarde e pouco. Outros foron enganados ou amenazados, realmente unha vergoña impresentable... O castigo os culpables outra vergoña, non estuveron nin un día na cárcere...As axudas algunhas foron para chorar, eso sí, seguramente con boas intencións... pero moitas non chegaron os interesados, quedaron no camiño e nalgúns bolsillos...

A mellor axuda a das forzas americanas, que llegaron con comida, queixo e leite en polvo así como racións de piloto,  mantas e colchóns; otras quedaron no camiño ou nos bolsillos dos aproveitados de turno...

O pobo que se fixo, Ribadelago de Franco,  foi tamén unha auténtica vergoña, nun lugar sombrío, en inverno non lle da o sol,  e polo tanto incorrecto, con casas inapropiadas e moi precipitado todo; o que se chama unha chapuza...

As casas máis propias de Andalucia, por suposto non tiñan para meter o gando, que era do que vivía Ribadelago, do gando e das hortas. Por ter nin tiña lareira, eso sí, cociña económica. Unha desfeita, un insulto...

Hai cousas como Ribadelago difíciles de entender, auténtica inxusticias, que non serán nunca reparadas... Pero a historia hai que coñecela e sacar conclusións e enseñanzas...

Outro tema que está sin publicar é o das adopcións, tras as desfeitas houbo 64 peticións de adopcións  a Deputación de Zamora, que pasou con elas?...

O domingo día 18/01/2009 publicou o diario "El Mundo" un artigo có título "Así lo vivió Vázquez Figueroa" que merece a pena poñer neste resumen, xa que pon os pelos de punta. Vázquez-Figueroa foi un dos mergulladores que baixou os fondos do  Lago de Sanabria,  para tratar de atopar a xente que desapareceu, o seu testimonio é escalofriante.

En xuño do 2007 fixen unha visita a esta presa e noutro apartado tendes as fotografías desa viaxe; merece a pena velas.

Estas son algunhas:

Esta é unha fotografía do estado actual da presa. A fotografía é de Secundino Lorenzo, o sea do que escribe esta web. Foi sacada no 2007. 26/06/2007.

Outra fotografía miña  (Secundino Lorenzo) de como está actualmente a presa. 26/06/2007.

A presa é impresionante, ten 12 metros de altura. Outra fotografía do 26/06/2007. Secundino Lorenzo

Esta parte de presa está arranxada posteriormente. Pode verse o endeble do muro. Un desastre. Non me extrana que se viñeira abaixo. Foto Secundino Lorenzo.

Nesta fotografía de Alberto Barro, hai no menu outras moi boas, vese o desastre da construcción da presa e como non casaron os materiais.

Fotografía impresionante sacada por baixo da presa e onde inda se ven trozos do muro. O desnivel é de vértigo casi 500 metros en oito kms. A fotografía é de Crez. Tynim.

A partir da presa o cañón é impresionante, 8 kms. ata chegar a Ribadelago. Ver esta fotografía:

A fotografía é propiedade do grupo se Senderismo madrileño El sendero. Está sacada un pouco máis abaixo da anterior. Observar o desnivel impresionante.

 

Nota: Moitas dás fotografías anteriores están sacadas do libro  Ribadelago. Tragedia de Vega de Tera de Jose A. García Díez.

Edita: A. Saavedra, imprenta Kadmos. Salamanca. 2001.

(No caso contrario cítanse os autores)

 

 

 

O NODO  DO DÍA 10/01/1959

 

Este foi o NODO de aqueles días.

 

Subir.   

 

-----------------------------------------------------------------------

 

 

 

Algúns link sobre o desastre de Ribadelago, datos  para visitar a zona e o 50º aniversario da traxedia:

Canón do Tera.  Zamora. Descoñezo o autor da fotografía)

A desgracia-Canón Tera-Rutas:

 

Esperar 50 años más (A. Saavedra).

La noche más larga y triste.

Los secretos de la Guardia civil.

O encoro de Vega de Tera.

La noticia.

Rutas cañón del Tera.

Cañon del río Tera.

El Lago de Sanabria. Wikipedia

Más de un millar en el homenaje.

Estatua inaugurada có motivo do 50º aniversario da traxedia; trátase dunha muller arroupando o seu fillo. Foi feita por Ricardo Flecha. A fotografía é de José Fco. Gamazo.

O 50º aniversario:

 

Europasur.es.

Sobre o 50 aniversario.

Euro Press

O desastre en ABC

20 minutos.es. Zamora.

El País.

 

 

Un foco ilumina tres kilómetros do canón do Tera, por onde fai 50 anos baixaron as augas  despois de que a presa reventara, o que rematou coa vida dos 144 veciños de Ribadelago, os actuais  moradores lembran hoxe  a traxedia. EFE

Foco que se vai poñer o día nove á noite,  iluminando o canón do Tera en memoria do desastre. Fotografía EFE Mariam A. Montesinos.

Máis...

Actos de lembranza.

Documentos TV na 2 o martes día 13 de xaneiro ás  22:45.

Metro: iluminación do canón do Tera.

NC norte de Castilla. 10/01/2009

 As campás tocaran esta noite na provincia de Zamora.

Curioso esquema: boceto interactivo.

Videos

 

 

Videos

Ribadelago_1959 pps.

Rotura presa. Fonsy. 1/1. 8:48

Rotura presa. Fonsy. 2/2. 9:09

--o--

El NODO (1:29 m).

--o--

Informe semanal. (11:31)  10/01/2008

Documentos TV. (59 m.) 13/01/2009

IV Milenio (3m)

IV Milenio (11m.)

--0--

Video Antena3 (1:24 m)

video ¿te acuerdas? (2:29 m)

Video de TVCYL. (1:15 m).

Video resumen fotografías (9 m.)

Jara y Sedal (27 m). Cañón Tera.

 

En memoria dos mortos de Ribadelago.

Este pequeno resumen, esta web,  é a miña pequena homenaxe a todos eles.

Moitos foron os actos programados para lembrar,  despois de 50 anos,  os mortos de Ribadelago; o que sigue son as fotografías de algúns deles.

Estatua que se levantou (09/01/2009) en lembranza "da traxedia" de Ribadelago". É unha muller con un neno e representa unha homenaxe a xente que sobreviviu na traxedia. Foi realizada por  Ricardo Flecha. (A fotografía é de David Rodriguez).

Bernardo Morales, o campaneiro,  tocando as campás a noite do 09/01/2009 en lembranza daquela data.

Ver este link cunha reseña dos actos de lembranza.

Outro link El adelanto coa reseña.

tamén este link : Esperar 50 años más (A. Saavedra).

Neste link tendes a homilía do Obispo de Astorga, D. Camilo Lorenzo

Foco iluminando o Canón do Tera por onde baixou a morte o 09/01/1959. Fotografía EFE.

Subir. 

-------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

 

 

 

 

Consideracións técnicas da construcción da Presa de Vega de Tera.

Fotografía de Alberto Barro. Vista da presa dende dentro do encoro. Así é como se ve hoxe. Nesta fotografía pódese apreciar perfectamente o desastre. Prácticamente caeron 30 metros de muro en altura e 140 metros en lonxitude.  Polo canón baixaron así de golpe 16.000 m3 de agua con pedras, rochas, árbores, etc.

Nota : Ver unha colección de fotografías actuais da Presa de Vega de Tera, enviadas, para esta www,  por Alberto Barro, que engade unha serie de correcións sobre o texto primitivo que había escrito e que me parecen moi apropiadas.

Efectivamente Alberto Barro fai as seguintes precisións:

Unhas puntualizacións de tipo técnico.

Esta presa é de tipo gravidade alixerada (contrafortes), igual que as de Prada, Salas ou Chandrexa (fora de Galicia, Alcántara ou Itaipú).

A partir de ahí, todo é distinto. A presa de Ribadelago xá era perigosa no proxecto, e sumouse unha execución excesivamente apresurada e económica. Podemos citar:

-Xeometría: Ribadelago ten uns taludes moito máis arriscados que as outras (digamos que ten menos peso encima para contrarrestar o empuxe da auga)

-Mateirais: Ribadelago estaba feita de mampostería, frente ás outras citadas, que son de formigón en masa, máis impermeable.

-Situación: a ubicación de alta montaña favoreceu a aparición de cuñas de xeo no interior dos contrafortes de mampostería

-Emprego de dous materiais distintos que non traballaron solidariamente (A pantalla de formigón fisurou na base ó ser máis ríxida que a mampostería dos contrafortes). Esta foi a causa oficial que se aceptou no sumario, para limitar a responsabilidade de Moncabril, xa que na época non era coñecido o fenómeno.

Ver as fotografías enviadas por Alberto Barro.

 

Subir.   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías de Secundino Lorenzo

Foto de Secundino Lorenzo.

Na fotografía a Presa de Vega de Tera. Nese lugar comenza un canón, o Canón do Tera e a oito kms. aproximadamente está Ribadelago e o Lago de Sanabria.

Visitei a zona o 26/06/2007 en compañía de dous amigos, Alberto Prego e Javier López; foi un día marabilloso do mes de xuño. Fixemos a viaxe, nun 4 x 4,  dende Ourense ata Porto e logo tomamos o camiño de terra e pedras, antiga estrada  que utilizou Moncabril nos anos cincuenta para facer os encoros, e que vai por riba da Serra Segundeira xa na provincia de Zamora, moi cerca do Lago de Sanabria. Unha  ruta chea de pequenas lagoas, regatos e encoros: Puente Porto, Cárdenas, Garandones, Vega de Tera, Vega de Conde...Un terreo duro, árido, dificil, de moita altura (sobre 1600 m., preto está o Moncalvo con máis de 2040 m. e Pena Trevinca de 2.124 m ), de moitos contrastes, marabilloso...

Ao longo do camiño vimos moitos buxatos, catro corzos, algún espectacular, e moita avenoiteira o caer a noite, aparte de moita vida, e moita beleza...

Estas son algunhas fotografías da excursión...¡Que as disfrutes tanto coma mín!.

Ver as fotografías

Subir.   

 

 

 

 

 

 

 

 

A traxedia no diario ABC o día 10/01/1959

14 PÁGINAS EN  pdf  DO Diario ABC  (Lembrar  que era prensa do movemento... nótase ben)

  Portada do sábado 10/01/ 1959

A traxedia en  ABC o día seguinte. 10/01/1959 Páxina 15

A traxedia en  ABC o día seguinte. 10/01/1959 Páxina 16

A traxedia en  ABC o día seguinte. 10/01/1959 Páxina 17

A traxedia en  ABC o día seguinte. 10/01/1959 Páxina 18

A traxedia en  ABC o día seguinte. 10/01/1959 Páxina 19

 

A traxedia en "ABC" 70 anos de ABC

Subir.   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A  TRAXEDIA EN BLANCO Y NEGRO DOMINICAL DE ABC

14 PÁGINAS EN  pdf  DEL DOMINICAL DE ABC. (Recordar que era prensa del movimiento... se nota bien)

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 18

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 19

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 20

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA  21

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 22

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 23

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 24

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 25

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 26

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 27

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 28

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 29

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 30

A traxedia en "Blanco y Negro de ABC " DÍA 17/01/1959  pÁGINA 31

Subir.