ALEGRIAS   nestes   anos   da  web

Apartado de ledicias ou alegrías  da web, dende o 2001... Foron moitas, eu escollería estas cinco:

(Este apartado da páxina está aberto a outras ledicias que queiran poñer os veciños e amigos de Alberguería.)

Por unanimidade penso que a maior ledicia que tuvemos nestes sete anos, dende o 2001 ata o 2008, vida que ten a páxina web,  foi sin lugar a dúbidas a publicación do traballo sobre as casas de Alberguería.

Penso que o volver a ver as casas, foi para os veciños de Alberguería unha ledicia incrible.

Ver o link das casas.

Outro momento especial foi a festa que se fixo en Buenos Aires por primeira vez  masiva entre os veciños e amigos de Alberguería naquel país.

Foi no ano 2003 e dende aquel ano repítese esa festa o redor do día 15 de agosto, como en Ourense.

Este foi o link.

 

Outro evento de ledicia foi o 28/07/2007 no que se fixo a botadura do catamarán "Sta. María de Alberguería", todo un detalle do Concello de A Veiga, presidido por Fernando Fernández e un día histórico de Ledicia para Alberguería.

O catamarán navegará polo encoro de Prada e por riba do pobo de Alberguería...

Ver este link.

Outro día de ledicia  foi o 14/05/2008 , ese día quedou constituida ACAO, Asociación Cultural Alberguería Oleiros. Un sono de sempre dos veciños de Alberguería e dos seus amigos.

Esta é a fotografía da xunta directiva da que tanto esperamos.

Un día de ledicia.    Ver este link.

Finalmente, hai moitos máis días de ledicia pero escollín estos cinco,  foi o día 15/08/2008, ese día recibín o título oficial de "veciño de corazón de Alberguería", para mín o maior galardón que teño na miña vida... Para non esquecer.

Na fotografía están tamén Lily Estévez e Fernando Fernández que foron tamén galardonados. No nome da ACAO entregaron os galardóns Moisés Blanco e Maruja Prada.

 Ver este link.

Outros eventos de ledicia:

Chon Lameiro, boda en París-2002

Unha viaxe de Tiberio Arias e a súa dona a Arxentina-2006.

Neste apartado que titulo ALEGRÍAS  queda aberto para todo tipo de fotografías e eventos ledos da xente de Alberguería.

Tendes posto tres fotografías que son tres ledicias que comparten veciños de Alberguería.

Neste caso poño a fotografía da boda da filla de Xon, Melanie con Jaime Martinez o día 17-08-2002.

¡¡Queda inaugurada o apartado particular de ledicias!!.

Quen quera publicar fotos neste apartado basta con mandala o meu email cun pequeno comentario para poñer a pé de fotos ou fotos...

Posteriormente Tiberio, o meu amigo Tiberio,  mándame unas fotografías dun viaxe marabilloso que fixo a Arxentina.

Estou a espera neste partado das fotografías da viaxe de Benxamín Vences a Arxentina, onde,  gracias se pode decir a web,  coñeceu a súa madriña...

 

Benjamín Vences coñece a súa madriña en Buenos Aires- 2008

Nesta fotografía vese a Benjamín Vences e a súa madriña Emilia.

A verdade é que esta páxina síntese orgullosa de haber contribuido a que Benxamín, un neno que naceu en Alberguería,  localizara en Buenos Aires a súa madriña.

É unha historia entrañable e unha ledicia marabillosa.

Enhoraboa.

Las hermanas Estévez Paradelo conocen a su nueva prima Ángeles y su tía Pura. 2008.

En esta fotografía se ve  a Sexa e Lily con su nueva prima Ángeles y la abuela Ángela.

Me siento orgullosísimo de haber contribuido, aunque sea aplicando las leyes del azar,  o sea sin haberlo querido previamente ya que lo desconocía,  a la unión de estas familías.

Otra historia entrañable y otra alegría maravillosa.

Enhorabuena a todos.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír

 

 

 

 

 

 

XON LAMEIRO -PARÍS.

A petición de Xon Lameiro, dende Paris, inauguro un apartado que chamamos de ALEGRIAS.

Paréceme moi boa idea.

O espacio queda aberto para todo tipo de fotografías e eventos ledos da xente de Alberguería.

Neste caso poño a fotografía da boda da filla de Xon, Melanie con Jaime Martinez o día 17-08-2002.

Pulsando no medio pode verse a pantalla completa.

 

Volver