ALBERGUERÍA:  VIVE  HOXE

05-11-2001

Encoro de Prada (A Veiga-Ourense), coa illa de Preboubo; fotografía sacada dende a Fonte dos Pitos. A fotografía foi sacada por Lily na súa viaxe a España do 1991. Alberguería está detras da illa Preboubo, no centro a esquerda,  casi a 30 metros de profundidade.

 

Na fotografía anterior está marcada en bermello a posición aproximada de Alberguería na fotografía. De tódolos xeitos penso que dende esta posición non sería moi doado? ver Alberguería en tempos, xa que está a 30 metros mais abaixo. Preboubo impediría ver toda Alberguería, algunhas casas sí...

Ver hoxe unhas panorámicas da zona:

Pulsando no medio e con paciencia,  xogando co ratón ou cas teclas de desplazamento,  poden verse estas catro fotografías panorámicas.

O autor é o que escribe a web: Secundino Lorenzo.

Ver tamén esta montaxe sensacional de Santi Palmeiro, tomando como base unha vista  da presa dende o camiño que levaba a Meda, xusto enfrente a dereita da primeira fotografía, onde hai un entrante do encoro:

Montaxe de Santi Palmeiro "40 segundos, 40 anos"

Recentemente o publicarse o "Voo americano", fotografías feitas en forma TIFF de toda España, por aquí pasaron os americanos no 1956, permite, os que non somos da zona entender onde estaba Alberguería e como aparece a illa de Preboubo as veces con tres pequenas montañas que o encoro non cubre de auga.

Na fotografía do "voo americano" de 1956 puxen aproximadamente a Fonte dos Pitos sobre 900 m. , o encoro de Prada que quedaba  a 840 m, Preboubo a 847  o pico máis alto, logo hai outro de mais ou menos, e cando baixa máis a auga vese outro que estaba sobre 830. Alberguería, o centro do pueblo estaba a 817 m. Co encoro cheo as casas están a unha profundidade entre 23 m. e 30 m. O pueblo era casi chan.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír